Saltar ao contido

Río Selmo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaRío Selmo
Imaxe
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Inicio
División administrativaprovincia de Ourense, España Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónSerra do Courel Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativaCastela e León, España Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónRío Sil Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°34′55″N 7°06′09″O / 42.5819, -7.1024
42°30′26″N 6°50′14″O / 42.5072, -6.83736
Conca hidrográficaconca do Miño Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións44 (lonxitude) km

O río Selmo é un curso fluvial da Península Ibérica, que transcorre entre as provincias de Lugo e León. É afluente do Sil, pola súa beira dereita.

Percorrido

[editar | editar a fonte]

Nace no concello lugués de Folgoso do Courel, preto da cima do monte Formigueiros, a 1.500 m de altitude. A súa dirección é Oeste-Leste, adentrándose rapidamente na provincia de León, no concello de Oencia e na Terra de Aguiar (concello de Sobrado), integrada actualmente na comarca do Bierzo, para despois de 44 km de percorrido desembocar no Sil, nun amplo meandro deste último, que forma unha veiga nas proximidades da Barosa, no municipio de Carucedo.

Como río de montaña, o seu percorrido é practicamente encaixado, recibindo augas de regos tamén de montaña de moi curta lonxitude.

Estando a súa conca entre a alta montaña e, nas zonas baixas, en zona de clima de influxo mediterráneo, a súa fauna e flora, precisarían dunha maior protección, pois non en van a Terra de Aguiar constitúe o reborde norte e oriental do parque natural da Serra da Enciña da Lastra, continuándose o relevo cárstico, con formación de simas e covas (como no Valdeorras tamén denominadas palas). A ameaza principal está nestes momentos constituída polas canteiras de calcarias, que se van estendendo, tanto na provincia de Ourense como na de León. Compre ademais ter en conta, que esta zona cárstica continua, en breve distancia até As Médulas de Carucedo, e está moi próxima ao Canón do Sil, dito de Covas, ou Estreito do Sil.