Matilde Bugallal
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | ? Ponteareas, España |
Morte | 1932 |
Familia | |
Cónxuxe | Luis Usera Bugallal |
Pai | Gabino Bugallal |
Irmáns | María del Carmen Bugallal |
Matilde Bugallal Rodríguez-Fajardo, Araujo y Codesido, nada en Ponteareas e finada en 1932, foi a terceira condesa de Bugallal.[Cómpre referencia]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En realidade, era Rodríguez unicamente, pero recuperou o apelido do seu avó Federico Rodríguez Fajardo, descendentes de Alonso Fajardo, quen fora alcalde de Santiago de Compostela a comezos do século XVIII. Filla primoxénita de Gabino Bugallal, herdou o título ao falecer o seu pai. Casada co seu curmán directo, o empresario Luis Usera Bugallal, faleceu uns meses despois de herdar o título, sen descendencia. O seu título herdouno a súa irmá María del Carmen Bugallal.