Saltar ao contido

Ionospheric Connection Explorer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ionospheric Connection Explorer / ICON / Explorer 96 / MIDEX 8
ICON
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento11 de outubro de 2019[1][2][3]
Foguete portadorPegasus XL[2][4]
Sitio de lanzamentoCabo Cañaveral[2][3][4][5]
Obxectivo da misiónEstudo da ionosfera terrestre e a súa interacción co medio interplanetario.[2][3][4][5]
NSSDC ID2019-068A
Masa288 kg[2]
Datos orbitais
Semieixo maior6959 km[1]
Inclinación27,0°[1]
Apoapse601,3 km[1]
Periapse576,6 km[1]

Ionospheric Connection Explorer ou ICON, tamén coñecido como MIDEX 8 e Explorer 96, foi un satélite artificial da NASA lanzado o 11 de outubro de 2019 mediante un foguete Pegasus XL desde Cabo Cañaveral.[1][2][4][5]

Características

[editar | editar a fonte]

A misión de ICON era estudar a interacción entre a ionosfera terrestre e o medio interplanetario. Levaba os seguintes instrumentos a bordo:[1][2][4][5]

  • MIGHTI (Michelson Interferometer for Global High-Resolution Thermospheric Imaging): un instrumento para medir o vento solar neutro e a súa temperatura.
  • EUV (Extreme Ultra-Violet): para medir a altura e densidade da ionosfera no lado diúrno do planeta.
  • FUV (Far Ultra-Violet): mide a composición atmosférica no lado diúrno e a ionosfera no nocturno.
  • IVM (Ion Velocity Meter): un instrumento para medir os campos eléctricos detectados polo satélite.

ICON usaba un bus LEOStar-2 e tiña unha masa de 288 kg na engalaxe. Funcionou os dous anos previstos, estendéndose a súa misión ata que o 25 de novembro de 2022 perdeuse o contacto co satélite.[1][2][4][5]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 N2YO (2023). Real Time Satellite Tracking, ed. "ICON" (en inglés). Consultado o 14 de maio de 2023. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (28 de outubro de 2022). "Ionospheric Connection (ICON)" (en inglés). Consultado o 14 de maio de 2023. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Note verbale dated 6 February 2020 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (20-05748 (E)). 8 de outubro de 2020: 5. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de maio de 2023. Consultado o 14 de maio de 2023. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 Gunter Dirk Krebs (2023). Gunter's Space Page, ed. "ICON (MIDEX 8, Explorer 96)" (en inglés). Consultado o 14 de maio de 2023. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Mark Wade (2023). "ICON" (en inglés). Consultado o 14 de maio de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]