Saltar ao contido

Filicudi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaFilicudi
Imaxe
Tipoilla
fracción xeográfica Editar o valor en Wikidata
Parte deIllas Eolias Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaIllas Eolias Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaLípara, Italia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mapa
 38°34′N 14°34′L / 38.57, 14.57
Bañado porMar Tirreno Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude774 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións3,1 (ancho) × 5,4 (lonxitude) km
Superficie9,5 km² Editar o valor en Wikidata

Páxina webcomunelipari.gov.it… Editar o valor en Wikidata

Filicudi é unha das oito illas que compoñen as Illas Eolias, situada a 20-30 quilómetros ao nordés da illa de Sicilia. Trátase dunha fracción da comuna de Lipari.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A súa superficie total é de 9,5 quilómetros cadrados. Hai varias pequenas aldeas na illa, que inclúen Pecorini Mare e Valdichiesa. As terras de Filicudi son capaces de produciren viño, aceite de oliva, grans e hortalizas. En 1997, tres cuartas partes (7 km²) de Filicudi converteronse nunha Reserva Natural.

O punto máis alto é Monte Fossa Felci (774 m). Outros puntos inclúen Monte Montagnola (349 m) e Monte Terrione (278 m). En Capo Graziano atópanse restos dunha vila da Idade de Bronce que data do século VIII a. C. Fronte á costa, unha roca volcánica en forma de dedo La Canna de (74 m.) elévase desde o mar.

Vista de Alicudi e Filicudi

O nome moderno de "Filicudi" é unha corrupción do antigo nome grego da illa, Phoenicusa (Illa fenicia). A illa, como as outras Illas Eolias, foi habitada desde o Neolítico, ao redor de 3.000 antes de Cristo. Como o demostran os achados arqueolóxicos, a illa foi ocupada por un novo pobo na Idade de Bronce. A illa estivo deshabitada durante moitos séculos ata a súa ocupación polos gregos. Restos Romanos e bizantinos tamén se poden atopar na illa.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]