Cygnus (xénero)
Cygnus | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Cygnus olor | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||
|
Cygnus é un xénero de aves da orde dos anseriformes, familia dos anátidos e subfamilia dos anatinos coñecidas vulgarmente como cisnes. Son aves acuáticas de gran tamaño, que se emparellan de por vida.
A maioría das especies de cisne son brancas, aínda que en Australia existe unha especie, o cisne negro, de plumaxe de cor negra (aínda que adoita ter manchas brancas baixo as ás; ademais o seu bico é vermello, en vez de amarelo ou negro, como nas outras especies. Este cisne é o emblema oficial estatal de Australia Occidental.
Por outra parte, no cono sur suramericano existe o cisne de pescozo negro.
Especies
[editar | editar a fonte]Segundo a clasificación de referencia (versión 2.2, 2009) do Congreso ornitolóxico internacional, recoñécense 6 especies (xa que o cisne de Bewick, antes considerado especie independente, Cygnus bewicii, agora se considera como unha subespecie de Cygnus columbianus):[1]
- Cygnus columbianus - Ártico Norteamérica, Europa e Asia, hibernan no sur.
- Cygnus columbianus bewickii - Cisne de Bewick. Siberia, inverna nas cotas do mar do Norte, mar Caspio, mar Amarelo e o Xapón.
- Cygnus cygnus - Cisne grande ou cisne cantor. Subártico Europa e Asia, inverna no sur.
- Cygnus buccinator - Cisne trompeteiro. Subártico Norteamérica, inverna no sur.
- Cygnus olor - Cisne común ou cisne real. Europa temperada (incluída Galicia e Asia, residente.
- Cygnus atratus - Cisne negro, Australia, residente ou nómade.
- Cygnus sumnerensis (†) - Cisne negro de Nova Zelandia, extinguido en época prehistórica. En Nova Zelandia introduciuse posteriormente o Cygnus atratus.
- Cygnus melancoryphus - Cisne de pescozo negro. Sueste de Suramérica, inverna no norte.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Cygnus buccinator
-
Cygnus columbianus
-
Cygnus cygnus
-
Cygnus atratus
-
Cygnus melanocoryphus
-
Cygnus olor
-
Dous cisnes negros no Parque de Rosalía de Castro.
-
Nova secuencia na que se aprecia o galanteo entre eles.
-
Uns intres antes da foto, pódese apercibir que formaran cos seus pescozos unha estrutura moi semellante á dun corazón.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Cygnus (xénero) |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Cygnus |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Vídeos de cisnes en Internet Bird Collection
- Anseriformes en zoonomen.net
- Cygnus en ITIS