Circo de los Muchachos
O Circo de los Muchachos (en galego: Circo dos Rapaces) foi o primeiro proxecto de escola de circo en España. Fundado polo padre Jesús Silva Méndez na década de 1960, instalouse nunha leira chamada «Benposta» (tamén coñecida como «La Ciudad de los Muchachos»), no arrabalde sur da cidade de Ourense, na parroquia de Seixalbo.[1][2][3][4][5][6] Mantívose en activo até a primeira década do 2000. Foi catalogada como unha experiencia de autoxestión xuvenil, dentro dun estrito marco legal durante a ditadura franquista.
Este modelo tivo réplicas noutros proxectos xuvenís, especialmente en América Latina, e marcou varias xeracións de artistas.[7] Entre eles destacan Benposta Colombia (Bogotá, Villavicencio e Montería), fundada por José Luís Campo Rodicio, e mais Benposta Venezuela (La Guaira, Sinamaica e Caracas).[8][9][10][7]
Historia
[editar | editar a fonte]Antes de completar os seus estudos de teoloxía na Universidade de Salamanca, na década de 1950, Jesús Silva Méndez fundou en Ourense, xunto con outras mozas e mozos, unha asociación xuvenil. En principio, a sede estivo no baixo da casa da súa nai, e despois trasladouse a Benposta, unha leira de 200.000m² na parroquia de Seixalbo.[11]
Benposta, «La Ciudad de los Muchachos»
[editar | editar a fonte]A leira recibiu o nome de «Benposta» para acoller a «Ciudad de los Muchachos», debido á organización e construcións en forma de pequena cidade. Moitas das edificacións da leira de Seixalbo foron realizadas polo arquitecto Alberto Muñiz, fundador da CEMU (Ciudad Escuela Muchachos).[12][13][14]
Benposta foi fundada con base nunha intensa ideoloxía católica. Moita xente considera que a «Ciudad de los Muchachos» estaba dedicada á caridade para as nenas e os nenos sen fogar. Porén, o padre Silva propugnaba que a motivación real era crear unha comunidade educativa onde as nenas e os nenos fosen parte dun «mundo novo» baseado nos principios católicos.[15]
Escola de circo
[editar | editar a fonte]É considerada a segunda escola de circo do mundo, trala escola do circo de Moscova.[16] Este circo foi pioneiro e describiría a folla de ruta que máis adiante seguiría o Circo do Sol nas súas actuacións de circo sen animais. Con todo, no 30º aniversario, o espectáculo dos Muchachos incluíu cabalos en liberdade montados por acróbatas.[17]
Unha das actividades do circo a inicios da década de 1960 era o proxecto de reciclaxe «TraPaBoCha». Consistía en reciclar trapos de tea, papel, botellas e ferralla co fin de financiar as actividades filantrópicas orientadas á mocidade.[18][19]
Revolution Circus
[editar | editar a fonte]A primeira actuación foi na Praza de Catalunya (Barcelona) en 1966.[20] Despois fixeron xiras por Portugal e o resto de España, e en 1970 actuaron en Francia. O Circo de los Muchachos foi o primeiro en actuar[Cómpre referencia] no Grand Palais parisiense.[21][22] Tamén realizaron xiras por Bélxica e os Países Baixos. En 1973, actuaron no Madison Square Garden de Nova York. Publicaron un LP coas cancións deste espectáculo para continuar coas xiras polos EUA e Suramérica.[23][24] A finais dos 70, foron incluídos como artistas prohibidos pola ditadura arxentina.[25] Tamén actuaron en países de Asia e mais en Australia. Na década de 1980 inauguraron un espectáculo en Israel e levárono por toda Europa. O circo fixo actuacións especiais en Alemaña, onde a ideoloxía de Benposta era moi coñecida grazas a libros e documentais.
Declive
[editar | editar a fonte]O seu declive comezou na primeira década dos 2000. Tralo pasamento do padre Silva, produciuse practicamente o seu desmantelamento.[26][27][28][29]
O poliedro de Benposta
[editar | editar a fonte]Na leira de Seixalbo instalouse un poliedro deseñado polo arquitecto Emilio Pérez Piñero. Pertencente á instalación Cinerama, foi empregado como instalación permanente da escola de circo, amais de para realizar funcións semanais.[30][31]
O Museo Circo de los Muchachos
[editar | editar a fonte]En febreiro de 2019, a Asociación Cultural Padre Silva (creada trala morte deste en 2011) abriu as portas do Museo Circo de los Muchachos, situado na zona vella da cidade de Ourense, no número 6 da rúa Bailén. Este museo conta cunha exposición que recolle a evolución histórica da Benposta ourensá.[32][33][34]
Artistas de sona
[editar | editar a fonte]Algúns artistas coñecidos que tiveron o seu inicio en Benposta foron:
- O pallaso Pancracio, que actuou no circo a finais dos anos 60 e principios dos 70 do século XX.[35][36]
- Julio Sabala, artista e imitador.
- Suso Clown, Premio Nacional de Circo en 2003.[37]
- Mustafa «Danger», funámbulo do extinto circo Ringling Brothers[38]
Especial atención merece o colectivo de 12 ecuatoguineanos que se uniron ao programa educativo de Benposta trala descomposición dese estado africano durante o goberno de Macías.[39] Xorden así profesionais do teatro, a música ou o cine como Marcelo Ndong, Hermenegildo Alogo Mebuy (Hermes, guitarrista de Los Suaves), Ponciano Bakale, Pedro Ekong Mengue, Patricio Mitogo Nsue ou os irmáns Fernando e Isabel Daperia.[40][41][42][43][44]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Los últimos de la Ciudad de los Muchachos, abocados a dejar Benposta". La Voz de Galicia (en castelán). 1 de abril de 2016. Consultado o 25 de xaneiro de 2018.
- ↑ "La Ciudad de los Muchachos agoniza". La Región (en castelán). 7 de maio de 2014. Consultado o 25 de xaneiro de 2018.
- ↑ "Érase una vez… la Ciudad de los Muchachos en Ourense". Por Galicia Baixo (en castelán). 30 de marzo de 2017. Arquivado dende o orixinal o 09 de marzo de 2018. Consultado o 25 de xaneiro de 2018.
- ↑ "'Todos somos Benposta', un proyecto para reflotar La Ciudad de los Muchachos". La Vanguardia. 21 de maio de 2016. Consultado o 25 de xaneiro de 2018.
- ↑ Sotelo, Francisco (4 de maio de 2016). "Opinión sobre cultura y escepticismo político: Bemposta leaks, todo lo que necesitas saber sobre el Circo de los Muchachos, el Padre Silva y Benposta.". Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2017. Consultado o 23 de outubro de 2017.
- ↑ "Unha breve introdución á Cidade de Bemposta" (PDF). Sustinea.org. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de abril de 2023. Consultado o 23 de agosto de 2021.
- ↑ 7,0 7,1 Llorente Fernández, María de los Ángeles (2015-07-02). Benposta : cincuenta años de utopía pedagógico-social (Tese).
- ↑ "Colombia. Niños, niñas y adolescentes como sujetos sociales constructores de su propia historia" (en inglés). Consultado o 23 de xaneiro de 2018.
- ↑ "Parada de Sil homenaxea ao creador de Benposta Colombia". La Región (en castelán). 17 de maio de 2015. Consultado o 23 de xaneiro de 2018.
- ↑ "Xose Lois Campo Rodicio, o galego que participou no proceso de paz en Colombia". CRTVG. Consultado o 23 de xaneiro de 2018.
- ↑ "Yamagata International Documentary Film Festival '97". Consultado o 12 de febreiro de 2018.
- ↑ Gaitero, Ana (5 de febreiro de 2006). "Tío Alberto, tres décadas curnado infancias heridas". Diario de León (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2018. Consultado o 12 de febrero de 2018.
- ↑ "Benposta, un proyecto entre la divina revolución y la decadencia terrenal". La Región (en castelán). Consultado o 12 de febreiro de 2018.
- ↑ Abogacía Española (ed.). Entrevista a Alberto Muñiz Sánchez (tío Alberto). (Entrevista). Consultado o 12 de febreiro de 2018.
- ↑ "Geocities Benposta Colombia". Geocities. 27 de outubro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2009. Consultado o 12 de febreiro de 2018.
- ↑ Barbosa Reinaldo, Jorge (xuño de 2014). "B BENPOSTA (1956 - 2014). Experiencias de Educación Social en la República de los Muchachos(Traballo de Fin de Grado)".
- ↑ "Los Muchachos actúan con animales al cumplir sus 30 años de existencia". El País (en castelán). 11 de decembro de 1996. ISSN 1134-6582. Consultado o 25 de xaneiro 2018. (require subscrición (?)).
- ↑ "Jesús César Silva Méndez, PAdre Silva. El circo apaga las luces". ABC (Madrid) (en castelán). 3 de setembro de 2011. p. 54.
- ↑ Salgado Varela, Concha (21 de setembro de 2011). "'TRAPABOCHA'". La Región (en castelán). Consultado o 25 de xaneiro 2018.
- ↑ "Los Muchachos llenaron el claustro barroco como en 1966". La Región (en castelán). 1 de xullo de 2011. Consultado o 12 de febreiro de 2018.
- ↑ "Grand Palais Magazine. Cirque Los Muchachos 1968" (en francés). Arquivado dende o orixinal o 23 de agosto de 2021. Consultado o 23 de agosto de 2021.
- ↑ "Cirque, Espagne, et conte de fées". www.grandpalais.fr (en francés). 18 de xaneiro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2021. Consultado o 23 de setembro de 2021.
- ↑ País, Ediciones El (22 de decembro de 1981). "Reportaje. La Ciudad de los Muchachos, algo más o que una institución filantrópica". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 12 de febreiro de 2018.
- ↑ "Los Muchachos (7) - Los Muchachos (Revolution Circus)" (en castelán). Consultado o 12 de febreiro de 2018.
- ↑ "Ministerio de Defensa de la Republica Argentina" (PDF). 26 de noviembre de 2013. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de novembro de 2013. Consultado o 12 de febrero de 2018.
- ↑ "Father Jesús Silva" (en inglés). 12 de septiembre de 2011. ISSN 0307-1235. Consultado o 10 de decembro de 2017.
- ↑ "Fallece el Padre Silva, fundador de la Ciudad y el Circo de los Muchachos". Faro de Vigo. Consultado o 31 de outubro de 2017.
- ↑ "Benposta, a la espera de un futuro un año después de ser subastada". La Voz de Galicia (en castelán). 2 de abril de 2017. Consultado o 31 de octubre de 2017.
- ↑ "La fundación Benposta quiere ahora anular la subasta y pujar por el terreno". La Voz de Galicia (en castelán). 9 de abril de 2016. Consultado o 31 de outubro de 2017.
- ↑ "Cinerama Fundación Emilio Pérez Piñero" (en castelán). Consultado o 16 de abril de 2018.
- ↑ "Estructur-art" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 05 de abril de 2018. Consultado o 16 de abril de 2018.
- ↑ "A Asociación Cultural Padre Silva promove o novo espazo dedicado á memoria desta experiencia". culturagalega.org. 4 de febreiro de 2019. Consultado o 4 de febreiro de 2019.
- ↑ "El museo de los Muchachos, un paso para recuperar Benposta". La Región (en castelán). 4 de febreiro de 2019.
- ↑ Rey, Javier (4 de febreiro de 2019). "Un museo para guardar el alma del Circo de los Muchachos y Benposta". La Región (en castelán).
- ↑ "El Circo de los Muchachos a través del Payaso Pancracio" (en castelán). Consultado o 12 de abril de 2018.
- ↑ "Homenajeo al Circo de los Muchachos, que paseó por el mundo el nombre de Ourense". La Región (en castelán). Consultado o 12 de abril de 2018.
- ↑ "El Circo de los Muchachos a través del Payaso Pancracio" (en castelán). 7 de outubro de 2018. Consultado o 12 de abril de 2018.
- ↑ Danger, Mustafa. Mi sueño es activar el Circo de los Muchachos. La Región (en castelán). Entrevista con Marta Salgado. Consultado o 16 de abril de 2018.
- ↑ "El muchacho Manoliño vuelve a Benposta". La Región (en castelán). Consultado o 10 de dicembro de 2017.
- ↑ Vigo, Faro de. "Galicia y Guinea, dos mundos que se tocan". Consultado o 10 de decembro de 2017.
- ↑ Silva, Andy Da (25 de febrero de 2016). "La Ciudad del Rock: HERMES ALOGO MEBUY". Consultado o 10 de decembro de 2017.
- ↑ Benpostaverdad (30 de xaneiro de 2008). "Benposta Verdad: Circo de los Muchachos, de Benposta". Consultado o 13 de octubre de 2019.
- ↑ "De artista de Benposta al musical «Dirty Dancing»" (en castelán). 12 de octubre de 2019. Consultado o 13 de octubre de 2019.
- ↑ "Un gallego pone el color y la polémica en «El discípulo»". La Voz de Galicia (en castelán). 29 de outubro de 2010. Consultado o 10 de decembro de 2017.