Saltar ao contido

Andrónico II Paleólogo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAndrónico II Paleólogo

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(grc) Ἀνδρόνικος Παλαιολόγος Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento25 de marzo de 1259 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
İznik (Imperio Bizantino) Editar o valor en Wikidata
Morte13 de febreiro de 1332 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata (72 anos)
Constantinopla, Turquía Editar o valor en Wikidata
Emperador bizantino
11 de decembro de 1282 – 24 de maio de 1328
← Miguel VIII PaleólogoAndrónico III Paleólogo → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCristianismo ortodoxo Editar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónEmperador Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaDinastía Paleólogo Editar o valor en Wikidata
CónxuxeIrene de Monferrato (1285 (Gregoriano)–)
Ana da Hungria (1273 (Gregoriano)–) Editar o valor en Wikidata
FillosDemetrios Angelodukas Palaiologos
 () Irene de Monferrato
Irene Paleologina
 ()
Maria notha Palaiologaina
 () NN
Bartholomaios Palaiologos
 () Irene de Monferrato
Maria Palaiologina
 ()
Miguel IX Paleólogo
 () Ana da Hungria
Constantino Paleólogo
 () Ana da Hungria
João Paleólogo
 () Irene de Monferrato
Teodoro I de Montferrato
 () Irene de Monferrato
Simonida Paleóloga
 () Irene de Monferrato
Demétrio Paleólogo (filho de Andrônico II)
 () Irene de Monferrato Editar o valor en Wikidata
PaisMiguel VIII Paleólogo Editar o valor en Wikidata  e Teodora Ducaina Vatatzina Editar o valor en Wikidata
IrmánsEudóxia Paleóloga
Irene Paleóloga
Anna Palaiologina
Teodoro Paleólogo
Constantino Paleólogo
Maria Paleóloga
Euphrosyne Palaiologina Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Encyclopedic Lexicon (en) Traducir
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX832437 WikiTree: Palaiologos-7
Moeda de Andrónico II.

Andrónico II Paleólogo (1260 - 13 de febreiro de 1332), emperador bizantino, foi o fillo máis vello de Miguel VIII Paleólogo, a quen sucedeu en 1282. Reinou ata 1328.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Durante o seu reinado, deixou que a frota, que o seu pai organizara, entrase en decadencia, e deste xeito ao imperio resultoulle máis difícil opoñerse ás demandas de tributo por parte das potencias rivais de Venecia e Xénova.

Na súa época, os turcos otománs baixo Osman I conquistaron case toda Bitinia. Para loitar contra eles, o emperador pediu axuda ao catalán Roger de Flor, capitán dun rexemento de mercenarios aragoneses e cataláns coñecidos como os Almogávares. Os turcos foron derrotados, pero Roger de Flor converteuse nun inimigo de talle similar para o poder imperial. Roger foi asasinado polo fillo de Andrónico e co-emperador (ao que a miúdo se coñece como Miguel IX, aínda que nunca reinou no seu propio nome) en 1305. Os almogávares, mercenarios de Roger de Flor (tamén coñecidos como a Gran Compañía Catalá ou, en catalán, a Companyia Catalá) declararon a guerra a Andrónico e, tras devastar Tracia e Macedonia, conquistaron o Ducado de Atenas e Tebas.

A partir de 1320, o emperador estivo en guerra co seu neto Andrónico. Abdicou en 1328 e morreu en 1332.

En 1274 casou con Ana de Hungría, filla do rei Estevo V, con quen tivo dous fillos:

  1. Miguel IX Paleólogo.
  2. Constantino.

Trala morte desta en 1281, Andrónico casou con Iolanda, filla de Guillerme IX de Montferrato, que tomou o nome de Irene e lle deu catro fillos:

  1. Xoán (h. 1286 - 1308).
  2. Teodoro I, marqués de Montferrato (1291 - 1338).
  3. Demetrio (morreu logo de 1343).
  4. Simonis (1294 - logo de 1336), que casou co rei de Serbia, Estevo II Uroš Milutin.

Tamén tivo, polo menos, dúas fillas ilexítimas:

  1. Irene, esposa de Xoán II, déspota de Tesalia.
  2. María, esposa de Tokhta ou Tojta, khan da Horda de Ouro.
Imperio Bizantino

Segue a:
Miguel VIII Paleólogo
Andrónico II Paleólogo
Precede a:
Andrónico III Paleólogo
Dinastía Paleólogo