Saltar ao contido

Thomas Ashe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaThomas Ashe

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ga) Tomás Ághas Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento12 de xaneiro de 1885 Editar o valor en Wikidata
Lispole (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte25 de setembro de 1917 Editar o valor en Wikidata (32 anos)
Dublín Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaGlasnevin Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeIrlanda
Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda Editar o valor en Wikidata
EducaciónDe La Salle College Waterford (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Membro de
Outro
IrmánsNora Ashe (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Condenado porSedición (1917) Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Ashe-1102 Find a Grave: 5747051 Editar o valor en Wikidata

Thomas Ashe ou Tómas Ágas (en irlandés), nado en Lispole, condado de Kerry (Irlanda) o 12 de xaneiro de 1885 e finado en Dublín o 25 de setembro de 1917, foi un revolucionario irlandés.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Ashe era mestre de escola, membro da Asociación Atlética Gaélica (GAA) e da Liga Gaélica, máis tarde ingresou na Irmandade Republicana Irlandesa, onde fixo amizade con John Devoy, Roger Casement e Joe Mac Garrity. Durante o Alzamento de Pascua de 1916 dirixiu o V Batallón da Brigada de Dublín dos Voluntarios Irlandeses e se enfrontou aos RIC en Ashbourne (condado de Meath), provocando oito mortos e cinco feridos ata que se rendeu por orde de Patrick Pearse. Xunto con Éamon de Valera foi condenado a morte, mais finalmente sería condenado a cadea perpetua en Lewes (Inglaterra).

No verán de 1917 foi liberado, mais foi arrestado novamente por facer discursos independentistas. Prisioneiro na prisión de Mountjoy (Dublín), fixo unha folga de fame ata a morte en demanda do estatuto de prisioneiro político.