Santa María (nao)
Santa María (La Gallega) | |
---|---|
Réplica da Nao Santa María no Peirao das Carabelas, La Rábida, en Palos de la Frontera (Andalucía). | |
Historial | |
Estaleiro | Lérez, Pontevedra, Galicia |
Tipo | Nao[1][2] ou carabela[3] (segundo fontes) |
Posta en grella | arredor de 1480 |
Destino | Naufraxio na costa norte da Illa de Santo Domingo en 1492 |
Características xerais | |
Desprazamento | 200 a 250 t[a] |
Eslora | • Quilla : 19,92 m (69 pés de Burgos de 0,28 m) • Cuberta: 23,52 m (84 pés de Burgos) |
Manga | 7,34 m (26 pés de burgos) |
Puntal | 3,36 m (12 pés de Burgos) |
Calado | • Máximo: 2,8 m (10 pés de burgos) • Medio: 2,52 m (9 pés de burgos) • Mínimo : 1,68 m (6 pés de burgos) |
Aparello | • 3 mastros bauprés • Velas cadradas en maior, trinquete e cebadeira • Vela latina en mesana • 5 velas[4] |
Tripulación | 39 homes |
A Santa María (por veces La Gallega) foi a maior das tres naves e así mesmo a nao[5] capitá empregada por Cristovo Colón na súa primeira viaxe ao Novo Mundo en 1492. Era propiedade de Juan de la Cosa.
As outras dúas naves da expedición foron as carabelas Niña e Pinta. A diferenza destas, a Santa María non retornou a Europa porque sobordou na Illa da Española.
Malia terse dito que a Santa María era unha carabela no Diario de a Bordo de Cristovo Colón, compilado por Bartolomé de las Casas, esta era a maior das "tres carabelas", e en varias xornadas defínese coma nao.
Existen dúbidas sobre a procedencia da nao Santa María, mais semella que foi construída nos estaleiros Lérez da cidade de Pontevedra[6] e levaba como piloto a un galego de Baiona: Cristovo García Sarmiento, por este motivo quizais fora este o porto elixido nun principio para regresar (finalmente só retornou a Pinta a Baiona).
Historia
[editar | editar a fonte]O propietario da Santa María foi o cántabro Juan de la Cosa. Durante o transcurso da primeira viaxe ao Novo Mundo, o 25 de decembro de 1492, a nave emabarrancou na costa noroeste da actual República Dominicana, ficando inservíbel polo que a súa madeira se empregou para construír un fortín con estacada que foi chamado de "Forte de La Navidad".
Cesáreo Fernández Duro cóntao así:
- Sobordou á noite sobre o Guarico (Santo Domingo) o 25 de Nadal e aínda que se picaron os paus e se alixou por completo con axuda das canoas dos indios, non se puido tirar. Salvouse toda a xente e as pertenzas, Colón transbordou á carabela Niña.[7]
A Santa María tiña arredor de 23 m de eslora e tres mastros. Era o barco de maior desprazamento dos tres da expedición. Unha lista de tripulantes das máis completas pode ser:[8]
Tripulación da Carabela “Santa María”
[editar | editar a fonte]- Cristovo Colón, capitán xeneral, (Xénova ?)
- Juan de la Cosa, propietario e patrón, (Santoña)
- Pedro Alonso Niño, piloto maior, (Moguer)
- Diego de Arana, contramestre, (Córdoba)
- Pedro Gutiérrez, administrador real e reposteiro, (Lepe)
- Rodrigo de Escobedo, notario, (Segovia)
- Rodrigo Sánchez, vedor, (Ronda)
- Diego de Salcedo, servente de Colón, (Fuensaldaña)
- Luis de Torres, Intérprete (xudeu converso), (Moguer)
- Rodrigo de Jerez, mariño, (Ayamonte)
- Alonso Chocero, cho, (Palos)
- Alonso Clavijo, mariño , (Moguer)
- Andrés de Yebenes, cho, (Huelva)
- Antonio de Cuéllar, carpinteiro, (Cuéllar)
- Bartolomé Vives, mariño , (Moguer)
- Bartolomé de Torres, mariño, (Palos)
- Bartolomé García, contramestre, (Moguer)
- Chachu, contramestre, (Lekeitio)
- Cristóbal Caro, ourive, (Sta. María de Anchitúa)
- Diego Bermúdez, cho , (Palos)
- Diego Pérez, mariño e pintor, (Murcia)
- Domingo de Lequeitio, cubeiro, (Lekeitio)
- Domingo Vizcaíno, cubeiro, (Lekeitio)
- Gonzalo Franco, mariño, (Sevilla)
- Horacio Crassocius (Mosteiro de La Rábida)
- Jacomel Rico, mariño, (Xénova)
- Juan de Jerez, mariño, (Moguer)
- Juan Martines de Acoque, mariño, (Deba)
- Juan de Medina, xastre e mariño, (Palos)
- Juan de Moguer, mariño, (Moguer)
- Juan Sánchez, médico, (Córdoba)
- Mestre Juan
- Marín de Urtubia, cho, (Sta. María de Anchitúa)
Frustrado descubrimento dos seus restos
[editar | editar a fonte]O 13 de maio de 2014 o arqueólogo submarino estadounidense Barry Clifford anunciou publicamente o achado do que se di que son os restos da Santa María no fondo do océano Atlántico moi preto das costas do norte de Haití. A identificación baséase no achado duns restos do que podería ter sido o Forte de La Navidad, atopado en 2003 por outros arqueólogos, e dos datos provenientes do Diario de Colón compilado por Bartolomé de las Casas. O primeiro ministro haitiano Laurent Lamothe declarou que tomarían "todas as medidas para protexer o sitio, que é un Patrimonio da Humanidade."[9] En outubro de 2014 a UNESCO confirmou que o navío descuberto non correspondía á Santa María.[10]
Outros nomes e características
[editar | editar a fonte]Segundo Fernández de Oviedo, Colón levou "tres carabelas: unha é maior delas chamada la Gallega; e as outras dúas eran daquela vila de Palos".[3]
Algúns historiadores afirman que foi chamada orixinalmente La Gallega, porque probabelmente se construíu nos estaleiros de Lérez, en Pontevedra.[11] Existe outra teoría que di que foi construída nos Estaleiros Reais de Falgote, na localidade de Colindres, Cantabria, mentres que outras voces afirman que foi construída polos carpinteiros de ribeira de El Puerto de Santa María.
A nao Marigalante
[editar | editar a fonte]- Véxase tamén: Marie-Galante e La Désirade.
Existe unha confusión historicista coa nao Santa María que semella suxestionar que os mariñeiros chamábana Marigalante. Segundo a duquesa Luisa Isabel Álvarez de Toledo y Maura, a Marigalante estaba matriculada no Puerto de Santa María e foi embargada en Moguer, e foi a carabela que capitaneou a primeira viaxe de Colón.
A confusión quedaría resolta cando o cronista maior Antonio de Herrera y Tordesillas escribiu que Mari-Galante era o nome da nao que o almirante comandaba na segunda viaxe. Este designou a illa primeira que descubriu na segunda viaxe La Deseada e illa Marigalante á segunda. A nao Marigalante engadiu varios descubrimentos á soberanía española aínda que tras diferentes ocupacións históricas a illa Marigalante ficou baixo soberanía francesa e coa voz francófona Marie-Galante e La Deseada como La Désirade.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Réplica motorizada construída en Barcelona con destino ao porto de Osaka, Xapón
-
Réplica da Santa María enviada á exposición universal de Chicago de 1893.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ O desprazamento e todas as dimensións segundo conxeturas realizadas polo capitán de navío e académico da historia Cesareo Fernández Duro e polo restaurador do museo naval Rafael Monleón (Comisión arqueolóxica executiva 1892, pp. 12 e 13)
- ↑ (Fernández Duro 1867, p. 2)
- ↑ (Comisión arqueolóxica executiva 1892)
- ↑ 3,0 3,1 Capitanes: (capítulo V do libro II)
- ↑ Cristovo Colón. Diario de Colón.
Tornou a ventar moi amoroso e eu levaba todas as miñas velas na nau, maior con dúas bonetas, trinquete e vela de gavia e cebadeira, e batel por popa
- ↑ Ningún dicionario moderno galego recolle o termo nao ou nau; nos antigos atopamos os dous termos indistintamente, hoxe a palabra recomendábel sería nave
- ↑ López Penide (18/5/2014). "El hallazgo de la «Santa María» espolea la tesis del Colón gallego" La Voz de Galicia.
- ↑ Traducido a galego do orixinal de Fernández Duro, 1867, p=2.
- ↑ GrandesExploradoresBBVA.com. "Grandes Exploradores de la Historia. Cristóbal Colón. La Figura. Tripulación del primer viaje de Colón". Arquivado dende o orixinal o 04 de outubro de 2013. Consultado o 25 de setembro de 2015.
- ↑ David Keys (13 de maio de 2014). "Exclusive: Found after 500 years, the wreck of Christopher Columbus’s flagship the Santa Maria". The Independent. Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2014. Consultado o 13 de maio de 2014.
- ↑ "Los restos hallados en Haití no son de la Santa María". Consultado o 6 de outubro de 2014.
- ↑ García de la Riega, 1897.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- García de la Riega, Celso (1897). La Gallega, nave capitana de Colón en el primer viaje de descubrimientos: estudio histórico. Pontevedra. Imp. de la Viuda de J. A. Antunez.
- Fernández Duro, Cesareo (1867). Naufragios de la Armada española: Relación histórica formada con presencia de los documentos oficiales que existen en el ministerio de marina. Madrid.
- Fernández Vial, Ignacio; Ollero Marín, Álvaro (1998). Las tres carabelas. Huelva: Diputación Provincial de Huelva. ISBN 84-8163-139-6.
- Comisión arqueológica ejecutiva (1892). La Nao Santa María, Memoria de la comisión arqueológica, 1892. Library of Alexandría.