Función de Weierstrass
En matemática, a función de Weierstrass é un importante contra-exemplo mostrando a existencia dunha función continua en toda a recta real que non posúe derivada en ningún punto do dominio. Recibe o nome en honra ao seu descubridor o matemático Karl Weierstrass. A función de Weierstrass é primeira función publicada a presentar tal patoloxía.
Aínda que sexa considerada por moitos como un caso patolóxico, pódese afirmar que, en certo sentido, o comportamento da función de Weierstrass é o caso máis común. Sendo o conxunto das funcións diferenciábeis en polo menos un punto un conxunto magro dentro do espazo de Banach das funcións continuas coa norma do supremo.
Definición
[editar | editar a fonte]A función de Weierstrass é definida pola seguinte serie de Fourier:
onde e é un enteiro positivo impar tal que: