Félix Guattari
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2018.) |
(2020) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Pierre-Félix Guattari 30 de abril de 1930 Villeneuve-les-Sablons, Francia |
Morte | 29 de agosto de 1992 (62 anos) La borde, Francia (pt) |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
Lugar de sepultura | Grave of Guattari (en) , Cemiterio do Père-Lachaise, Division 42, chemin des Anglais, line 1 |
Actividade | |
Campo de traballo | Filosofía |
Ocupación | psiquiatra, psicólogo, psicanalista, filósofo, marxista (pt) |
Empregador | Universidade de París |
Partido político | Os Verdes (pt) |
Influencias | |
Compañeiro profesional | Gilles Deleuze: Deleuze and Guattari (en) |
Obra | |
Arquivos en |
|
Familia | |
Fillos | Emmanuelle Guattari |
Cronoloxía | |
4 de setembro de 1992 | Funeral (Cemiterio do Père-Lachaise) |
Descrito pola fonte | Medvik >>>:Guattari, Félix, 1930-1992, Pedagogues and Psychologists of the World (en) , |
Pierre-Félix Guattari, nado en Villeneuve-les-Sablons (Oise) o 30 de abril de 1930 e finado en Cour-Cheverny (Loir e Cher) o 29 de agosto de 1992, foi un psicanalista, filósofo e político comunista francés, pioneiro da "psicoterapia institucional" e fundador da "esquizoanálise" e da "ecosofia".
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a estudar Farmacia, pero cambiouse moi logo á psiquiatría. Como psicanalista prosegue a súa formación na escola do máis famoso dos psicanalistas franceses, Jacques Lacan, facéndose membro da "Escola Freudiana de París".
Militante político de orientación comunista, estará porén lonxe do Partido Comunista Francés pola súa postura radical e anti-stalinista. Será redactor do boletín de oposición esquerdista La voie communiste (A vía comunista).
Como psicoterapeuta foi un expoñente do movemento da antipsiquiatría, fundando xunto a outros (como o Dr. Jean Oury, que continuando a experiencia do Dr. François Tosquelles no hospital Saint-Alban, puxo as bases da denominada "Psicoterapia Institucional"), en 1953, a "Clínica psiquiátrica de avangarda" para psicóticos de La Borde, en Cour-Cheverny, onde traballou durante corenta anos, ata a súa morte en 1992.
Como psicanalista, filósofo, e como militante político, Guattari adquiriu notoriedade especialmente pola súa asociación, tras o maio do 1968, co filósofo francés, prestixioso expoñente do "renacemento nietzscheano", Gilles Deleuze con quen escribiu O Anti-Edipo. Capitalismo e esquizofrenia en 1973, que critica a psicanálise, acusándoa de "familiarismo", sobre todo de agochar o desexo como "romance familiar": Edipo. En 1980 publican a segunda parte do Anti-Edipo: Mil mesetas. Capitalismo e esquizofrenia.
En 1987 fundou, con Deleuze, a revista Chimères (boletín de esquizoanálise).