Espazo de nomes
- Para ler sobre o uso que se lles dá aos espazos de nomes na Wikipedia, véxase Wikipedia:Espazo de nomes.
Por regra xeral, un espazo de nomes (en inglés, namespace) é un contedor para un conxunto de identificadores (nomes). Os espazos de nomes premiten diferenciar identificadores homónimos en espazos de nomes diferentes.[1][2] Isto é, un identificador definido nun espazo de nomes queda asociado con ese espazo de nomes. Porén, o mesmo identificador pode definirse independentemente en varios espazos de nomes, é dicir, o significado asociado cun identificador definido nun espazo de nomes é independente do mesmo identificador declarado en calquera outro espazo de nomes. A miúdo, os espazos de nomes agrupan nomes segundo a súa funcionalidade. Cada sistema informático que permite a existencia de espazos de nomes especifica as regras que determinan a que espazo de nomes pertencen as ocorrencias dun identificador.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "C# FAQ: What is a namespace" (en inglés). http://en.csharp-online.net/: C# Online Net. Arquivado dende o orixinal o 20-10-2013. Consultado o 23-02-2010.
A namespace is nothing but a group of assemblies, classes, or types. A namespace acts as a container—like a disk folder—for classes organized into groups usually based on functionality. C# namespace syntax allows namespaces to be nested.
- ↑ "namespace" (en inglés). Webopedia. Consultado o 30-03-2012.
The set of names in a naming system.
Este artigo sobre informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |