Saltar ao contido

Antolín Murias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAntolín Murias
Biografía
Nacementovalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Xares, España Editar o valor en Wikidata
Morte20 de xullo de 1953 Editar o valor en Wikidata
Xares, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmaquis Editar o valor en Wikidata
Participou en
24 de abril de 1942Congreso de Ferradillo Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 10469 Los de la sierra: 5578

Antolín Murias, Paciencia, nado en Xares (A Veiga) e finado na mesma parroquia o 20 de xullo de 1953, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Obreiro do ferrocarril. Militante do PSOE e membro da Sociedade Agraria de Xares, adscrita a UGT, liderada por Alfonso Ortega Prada. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte. En febreiro de 1937 foi decretada a incautación dos seus bens polo Xulgado Militar Especial de Incautacións de Ourense.[1] Foi procesado por auxilio á rebelión en xullo de 1937 e declarado en rebeldía. Foi un dos asistentes ao Congreso de Ferradillo que deu orixe á Federación de Guerrillas de León-Galicia. En 1944 foi nomeado xefe dunha unidade integrada na II Agrupación da Federación. Tamén participou no grupo de Manuel Girón Bazán, pero tivo que agocharse na súa aldea dende 1946 porque unha hernia lle impedía camiñar. Intentaron evacualo a Francia, pero negouse en repetidas ocasións. Seguiu agochado en Xares onde foi asasinado por un antigo enlace ao que dera refuxio o 20 de xullo de 1953.

  1. La Región, 6-2-1937, p. 2.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. pp. 98–99. ISBN 84-8485-231-8. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]