Saltar ao contido

Polypodium

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A versión para imprimir xa non se actualiza e pode conter erros de renderizado. Actualice os marcadores do seu navegador e empregue mellor a función de impresión propia do navegador.

Polypodium L. é un xénero de ao redor de 75-100 especies de fieitos, distribuídos ao redor do mundo, principalmente nas rexións tépedas do hemisferio norte. Coñécense en galego coma fentos das pedras ou fentos dos valos. En Galiza son comúns dúas especies: Polypodium vulgare e Polypodium interjectum entre outras.

Características

Poden ser epífitas ou terrestres, e unhas poucas especies medran sobre rocas. Teñen rizomas rastreiros, escamosos e castaño avermellados, e frondes pinnuladas ou bipinnuladas dun verde claro a medio e longamente pecioladas, xeralmente con menos de 75 cm de longo. Con tendencia a producir frondes cristadas e outras formas raras, eran moi populares entre os coleccionistas vitorianos.

En canto ao cultivo, a súa resistencia ás xeadas varía considerablemente entre as especies, pero polo demais cultívanse con facilidade en calquera chan húmido e ben drenado en sombra moteada. A adición de humus fomenta unha follaxe frondosa. Multiplícanse por división ou sementando esporas.

Especies

Polypodium billardieri
Polypodium formosanum cv. 'Cristatum'
Polypodium nipponicum
Polypodium percussum

Ligazóns externas