Composición musical
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
A composición musical é o proceso de creación dunha obra musical, tanto na tradición occidental da música clásica, como tamén na música de cinema, de videoxogos ou calquera outra.
Definición
[editar | editar a fonte]A definición da composición musical varía de forma significativa dentro dos distintos xéneros, xurdindo así novos ámbitos a ter en conta tales como os dereitos de autoría ou as interpretacións individuais dunha particular peza de música, as reversións. Por exemplo, no desenvolvemento da música clásica, a función de compoñer música nos comezos non tivo a importancia que tiña a execución. Conservar as composicións individuais recibiu pouca atención, e os músicos xeralmente non tiñan reparos en modificar as súas obras para a execución. Co tempo, non obstante, a notación escrita do compositor chegou a dar instrucións moi estritas, que os executantes non deberían abandonar sen unha boa razón. Este criterio, por outra banda, podía cualificarse nalgúns casos como purista. Por iso, o papel do compositor foi facéndose cada vez máis importante, unido xeralmente ao seu prestixio como intérprete musical: no clasicismo foi adquirindo unha crecente importancia. Co romanticismo, o compositor tornou unha personaxe case mítica -case un gurú-; velaí o exemplo de Ludwig van Beethoven.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Composición musical |
Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |