Aga Khan IV
Aga Khan IV, nado como Karīm al-Ḥussayni o 13 de decembro de 1936 en Xenebra, é o 49º imán dos musulmáns ismaelís nizarís dende o 11 de xullo de 1957 e como descendente do xa Fath Ali utiliza o título de príncipe [1], co tratamento de 'Alteza', concedido pola raíña Isabel II logo da morte de seu avó[2]. O xa de Irán Mohammad Reza Pahlavi, concedeulle o tratamento de 'Alteza Real' en 1959 pero tras da revolución de 1979 carece de forza legal en Irán[3].
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Familia e primeiros anos
[editar | editar a fonte]Fillo máis vello do príncipe Ali Khan (1911–1960) e da súa primeira dona, Joan Barbara Yarde-Buller (1908–1997), filla do terceiro barón de Churston[4], menos nun ano despois naceu o seu irmán, o príncipe Amyn [5]. Seus pais divorciáronse en 1949, en parte polas relacións extraconxugais de seu pai[6], e ao pouco casou coa actriz estadounidense Rita Hayworth, coa que tivo unha filla, Yasmin Aga Khan.
Aga Khan tamén ten un medio irmán por parte de nai, Patrick Benjamin Guinness (1931–1965), froito do seu primeiro matrimonio con Loel Guinness[7]
Pasou a súa infancia en Nairobi[8], primeiro recibiu clases privadas e logo, xa en Suíza, escolarizouse no Institut Le Rosey, a escola máis cara de Europa,[9] e alí permaneceu durante nove anos ata pasar á Universidade Harvard, onde se graduou en historia oriental[10]
Imanato nazarí
[editar | editar a fonte]En 1957 ao morrer seu avo, Aga Khan III, Karim converteuse no novo iman dos nazarís, a principal rama do ismailismo, á súa vez pertencente ao islamismo xiíta. A súa designación foi unha decisión persoal do anterior imán malia a tradición que faría herdar a seu fillo e non a seu neto. A súa entronización foi na capital de Tanzania, Dar es-Salaam[11].
De novo participou en competicións de esquí alpino e interveu nos Xogos Olímpicos de 1964 representando a Irán[12]. Casou en 1969 coa antiga modelo Sarah Frances Croker-Poole, que adoptou o nome de Salimah, coa que tivo tres fillos, Zahra Aga Khan nada en 1970, Rahim Aga Khan en 1971) e Hussain Aga Khan en 1974. A parella separouse en 1984[13]
Aga Khan volveu casar en 1998 con Gabriele Renate Thyssen que asumiu o nome de Begum Inaara Aga Khan, a unión durou ata 2004[14][15]. Aínda que o acordo de divorcio non se realizou ata 2014[16]. Con Begum Inaara, o Aga Khan tivo un fillo: Ali Muhammad Aga Khan, nado en 2000.
Negocios
[editar | editar a fonte]Forbes estima a súa fortuna en 1 000 millóns de dólares (2010)[17]. É propietario de centos de cabalos de carreiras e numerosas propiedades ao longo do mundo, aínda que a súa residencia principal está en Aiglemont, no concello de Gouvieux, ao norte de París.
O Aga Khan participa en numerosas iniciativas económicas e financeiras, áreas como as comunicacións ou os hoteis de luxo. En 1959 fíxose cun xornal kenyano e fundou Nation Media Group[18], un grupo de prensa que se converteu nun dos principais do leste de África. Na década de 1990 fíxose cun grupo de hoteis de luxo en Italia, CIGA e por medio do Aga Khan Fund for Economic Development controla o grupo Serena Hotels[19].
En 1967 estableceu a Fundación Aga Khan, unha organización sen ánimo de lucro que acabou integrando na Aga Khan Development Network, unha das máis importantes axencias privadas de desenvolvemento das condicións económicas dos países máis pobres e que constitúen un conxunto de institucións que cobren diversos dominios: agricultura, industria, arquitectura, educación ou saúde[20].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Recoñecido polo Reino Unido en 1938: Edwards, Anne (1996). Throne of Gold: The Lives of the Aga Khans, New York: William Morrow. ISBN 0-00-215196-0
- ↑ Patrick Montague-Smith (1970) Debrett's Correct Form. Debrett's Peerage Ltd. ISBN 0-905649-00-1, p. 106.
- ↑ "Aga Khan Development Network – About us: Awards and Honours". Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2009. Consultado o 28 de abril de 2009.
- ↑ Person Page 3145 Arquivado 18 de marzo de 2009 en Wayback Machine., Thepeerage.com.
- ↑ Frischauer, Willi (1970). The Aga Khans. London: The Bodley Head Ltd.
- ↑ Harriman, Pamela (30 de maio de 2005). "Lives and Loves: Pamela Harrima". The Scotsman, p. S2.
- ↑ Ress, Paul Evan (10 de agosto de 1964). "Prince Karim Aga Khan". Sports Illustrated. Arquivado dende o orixinal o 30/03/2018. Consultado o 30 de marzo de 2018.
- ↑ G. Pascal Zachary, "Do Business and Islam Mix? Ask Him" Arquivado 5 de xullo de 2017 en Wayback Machine.
- ↑ Ram, Vidya. "In Pictures: Europe's Most Expensive Boarding Schools". Forbes. Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2012. Consultado o 22 de abril de 2012.
- ↑ Mann, Anthony. "The Quiet Prince of Islam". Sunday Telegraph. Arquivado dende o orixinal o 11 de xuño de 2012. Consultado o 21 de abril de 2012.
- ↑ « Aga Khan, « Prince » du développement », Jeune Afrique, 24 de agosto de 2017.
- ↑ "Iran Alpine Skiing at the 1964 Innsbruck Winter Games". sports-reference.com. Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2012. Consultado o 15 de decembro de 2011.
- ↑ Hollingsworth, Mark (marzo de 2011). "Aga in Waiting" (PDF). ES Magazine. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de setembro de 2012. Consultado o 9 de abril de 2012.
- ↑ "Princess Inaara Foundation". Arquivado dende o orixinal o 12 de maio de 2006. Consultado o 19 de maio de 2019.
- ↑ Leppard, David; Winnett, Robert (21 de novembro de 2004). "Aga Khan faces the $1 billion divorce". The Sunday Times (London). Arquivado dende o orixinal o 20 de marzo de 2007. Consultado o 21 de novembro de 2008.
- ↑ "AP: Aga Khan divorces German princess after dispute". yahoo.com. Arquivado dende o orixinal o 07 de xuño de 2014. Consultado o 4 June 2014.
- ↑ Pendleton, Devon; Serafin, Tatiana; von Zeppelin, Cristina (17 de xuño de 2009). "In Pictures: World's Richest Royals: Prince Karim Al Husseini, Aga Khan". Forbes. Arquivado dende o orixinal o 19 de novembro de 2013. Consultado o 26 de novembro de 2013.
- ↑ Coleridge, Nicholas (1994). Paper Tigers: The Latest, Greatest Newspaper Tycoons (1st Carol Pub. Group ed.). Secaucus, N.J: Birch Lane Pr. ISBN 9781559722155.
- ↑ Wafula, Paul (24 de novembro de 2011). "Serena adds Tanzanian link to its hotels chain". Daily Nation. Arquivado dende o orixinal o 14 de decembro de 2011. Consultado o 9 de abril de 2012.
- ↑ Charles Jaigu, « Son altesse l'Aga Khan », Le Figaro Magazine, 16 de febreiro de 2018, pp. 56-62.
- Nados en 1936
- Nados en Xenebra
- Personalidades do islam
- Alumnos da Universidade Harvard
- Príncipes
- Esquiadores alpinos olímpicos de Irán
- Personalidades da empresa
- Grandes cruces da Orde do Mérito Civil
- Esquiadores alpinos nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1960
- Esquiadores alpinos nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1964