Saltar ao contido

Hillary Clinton

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaHillary Clinton

(2009) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Hillary Diane Rodham Editar o valor en Wikidata
26 de outubro de 1947 Editar o valor en Wikidata (77 anos)
Edgewater Hospital, Estados Unidos de América (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
67ª Secretario de Estado dos Estados Unidos
21 de xaneiro de 2009 – 1 de febreiro de 2013
← William Joseph Burns (pt) TraducirJohn Kerry →
Gabinete ministerial: presidencia de Barack Obama
Senadora dos Estados Unidos
3 de xaneiro de 2009 – 21 de xaneiro de 2009 (dimisión)Kirsten Gillibrand →

Circunscrición electoral: New York Class 1 senate seat (en) Traducir

Senadora dos Estados Unidos
3 de xaneiro de 2007 – 3 de xaneiro de 2009

Circunscrición electoral: New York Class 1 senate seat (en) Traducir

Senadora dos Estados Unidos
3 de xaneiro de 2005 – 3 de xaneiro de 2007

Circunscrición electoral: New York Class 1 senate seat (en) Traducir

Senadora dos Estados Unidos
3 de xaneiro de 2003 – 3 de xaneiro de 2005

Circunscrición electoral: New York Class 1 senate seat (en) Traducir

Senadora dos Estados Unidos
3 de xaneiro de 2001 – 3 de xaneiro de 2003
← Daniel Patrick Moynihan (pt) Traducir

Circunscrición electoral: New York Class 1 senate seat (en) Traducir

Primeira dama dos Estados Unidos
20 de xaneiro de 1993 – 20 de xaneiro de 2001
← Barbara BushLaura Bush →
Membro do consello directivo Lafarge (pt) Traducir
1990 – 1992
Membro do consello directivo Arkansas Children's Hospital (en) Traducir
1988 – 1992
Presidenta Children's Defense Fund (en) Traducir
1986 – 1992
Membro do consello directivo Walmart
1986 – 1992
Membro do consello directivo TCBY (pt) Traducir
1985 – 1992
Membro do consello directivo New World Foundation (en) Traducir
1982 – 1988
Partner (en) Traducir Rose Law Firm (pt) Traducir
1979 –
Membro do consello directivo Legal Services Corporation (en) Traducir
1978 – 1981
Presidenta Legal Services Corporation (en) Traducir
1978 – 1980
Estagiário (pt) Traducir House Republican Conference (en) Traducir
Assistente de pesquisa (pt) Traducir United States Senate Committee on Health, Education, Labor, and Pensions (en) Traducir
Estagiário (pt) Traducir Robert Treuhaft (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaLittle Rock (1976–)
Clinton House (en) Traducir (1975–1977)
Fayetteville (pt) Traducir (1974–1976)
Park Ridge (pt) Traducir (1950–)
Chicago (1947–1950)
Cambridge
Oakland
Chappaqua (en) Traducir
Washington, D.C. Editar o valor en Wikidata
RelixiónMetodismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónYale Law School (pt) Traducir - Juris Doctor (1969–1973)
Wellesley College (pt) Traducir - ciencia política (1965–1969)
Maine South High School (en) Traducir (1964–1965)
Maine East High School (en) Traducir (–1964) Editar o valor en Wikidata
Lateralidadedestro Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPolítica, xornalismo de opinión, xurisprudencia e beneficência (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Washington, D.C.
Nova York
Little Rock Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítica, profesora universitaria, creadora de podcast, xurista, autobiógrafa, avogada, diplomática, produtora Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Columbia, profesora universitaria (2023–)
Universidade do Arkansas (pt) Traducir, profesora universitaria
Rose Law Firm (pt) Traducir, procuradora
Children's Defense Fund (en) Traducir, procuradora
Yale Review of Law and Social Action (en) Traducir, editora literaria
Yale – New Haven Hospital (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Demócrata (1968–)
Partido Republicano (–1968) Editar o valor en Wikidata
Membro de
ProfesoresAlan Schechter (en) Traducir e Marian Wright Edelman (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Influencias
Participou en
21 de abril de 2022India Economic Conclave 2022 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeWilliam Jefferson Clinton (1975–) Editar o valor en Wikidata
FillosChelsea Clinton Editar o valor en Wikidata
PaisHugh E. Rodham Editar o valor en Wikidata  e Dorothy Howell Rodham Editar o valor en Wikidata
IrmánsHugh Rodham
Tony Rodham Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
marzo de 2015Hillary Clinton email controversy (en) Traducir
20 de xaneiro de 2007-7 de xuño de 2008Hillary Clinton presidential campaign, 2008 (en) Traducir
7 de novembro de 20062006 United States Senate election in New York (en) Traducir
7 de novembro de 2000Eleição para o Senado federal por Nova Iorque em 2000 (pt) Traducir
1993White House travel office controversy (en) Traducir
1993White House FBI files controversy (en) Traducir
década de 1990Escândalo Whitewater (pt) Traducir
Hillary Rodham cattle futures controversy (en) Traducir
Escândalo Lewinsky (pt) Traducir
Campanha presidencial de Hillary Clinton em 2016 (pt) Traducir
Clinton Foundation–State Department controversy (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteLentapedia (full versions) (en) Traducir
Lentapedia
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
Páxina webhillaryclinton.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0166921 Allocine: 38141 Allmovie: p13701 TV.com: people/hillary-rodham-clinton
Facebook: hillaryclinton Twitter: HillaryClinton Instagram: hillaryclinton LinkedIn: hillaryclinton Youtube: UCLRYsOHrkk5qcIhtq033bLQ Pinterest: hillaryclinton BNE: XX1725857 Musicbrainz: 858a3d95-e1b2-4aac-8427-a99e391ce8c5 Discogs: 4116771 WikiTree: Rodham-1 Editar o valor en Wikidata

Hillary Diane Rodham Clinton, nada en Chicago (Illinois) o 26 de outubro do 1947, é unha política dos Estados Unidos.

Infancia e adolescencia

[editar | editar a fonte]

Hillary Rodham naceu no Edgewater Hospital de Chicago. Foi criada no seo dunha familia da Igrexa unida metodista primeiro en Chicago, e máis tarde en Park Ridge, Illinois. O seu pai, Hugh Ellsworth Rodham, fillo de emigrantes galeses e ingleses levaba un pequeno pero exitoso negocio da industria téxtil. A súa nai, Dorothy Emma Howell, de orixe inglesa, escocesa, galesa, francocanadense e posiblemente de orixe nativa americana era ama de casa. Hillary ten dous irmáns, Hugh e Tony.

Sendo cativa, Hillary Rodham estaba envolta en moitas actividades na súa igrexa e na súa escola pública de Park Ridge, partipaba en moitos deportes, entre eles o tenis e nos movementos das Brownie e Girl Scouts, chegando a gañar varios premios. De rapaza foi á Maine East High School, onde participou no consello estudantil, no equipo de debate e na National Honor Society, organización norteamericana dedicada a recoñecer a aqueles estudantes destacados nos asuntos escolares. Ao rematar a escola, fixo os seus estudos secundarios na Maine South High School, onde se graduou en 1965 conseguindo unha bolsa para levar a cabo estudos universitarios.

Criada nunha familia politicamente conservadora, con trece anos axudou na campaña electoral das eleccións presidenciais de 1960 e durante as eleccións de 1964 colaborou en actividades de voluntariado na campaña electoral do candidato Republicano Barry Goldwater. Os seus ideais políticos víronse influídos fortemente polo seu profesor de historia da escola, quen como o seu pai era un fervente anticomunista e polo seu pastor metodista, quen lle fixo preocuparse por temas de xustiza social e a levou a coñecer ao líder dos dereitos civís, Martin Luther King, na cidade de Chicago en 1962.

Universidade

[editar | editar a fonte]

En 1965, Rodham matriculouse no Wellesley College, onde estudou ciencias políticas. Durante o seu primeiro ano de estudante foi presidenta da Wellesley Young Republicans organization. Porén, debido ás súas novas ideas con respecto aos dereitos civís e á Guerra de Vietnam, deixou o seu cargo; Hillary referiuse a ela mesma como "De testa conservadora e corazón liberal". Na súa xuventude, Rodham foi sentiuse seriamente afectada pola morte de Martin Luther King, converténdose nunha seguidora da candidatura presidencial contraría á guerra do Partido Demócrata presidido por Eugene McCarthy. Rodham organizou unha folga estudantil de dous días e traballou cos estudantes negros do Wellesley Collegue na busca de cambios na facultade, como o recrutamento de máis estudantes negros. No mesmo ano foi elixida presidenta da Wellesley College Government Association.

En 1969, Rodham graduouse con honores en ciencias políticas. Atentendo ás demandas dos estudantes, Hillary converteuse na primeira estudante da historia do Wellesley College en dar o discurso da graduación. Segundo informes da prensa, o seu discurso recibiu unha grande ovación de máis de sete minutos de duración, chegando a aparecer nun artigo publicado na revista Life, debido á resposta que lle fixo ao Senador Edward Brooke, quen falara antes dela, nunha parte do seu discurso no que o criticou; tamén apareceu no talk show de Irv Kupcinet así como nos xornais de Illinois e Nova Inglaterra.

Trala súa graduación, Rodham matriculouse na escola de dereito da Universidade Yale. Na primavera de 1971, comezou a saír con Bill Clinton, quen era compañeiro de estudos en Yale. En 1973 recibiu título de Juris Doctor de Yale. Trala súa graduación, Clinton pediulle matrimonio pero ela o rexeitou. Ao ano seguinte comezou os seus estudos de posgraduado relacionados coa medicina e os nenos no Yale Child Study Center. O seu primeiro estudo académico, "Children Under the Law" (¨Nenos baixo a lei¨) foi publicado no xornal educativo Harvard Educational Review.

Traballo e familia

[editar | editar a fonte]

Despois de rematar os seus estudos na Universidade Yale, Hillary converteuse nunha avogada de éxito, asesorando á fundación Children's Defense Fund en Cambridge, Massachusetts e posteiormente uníndose ao equipo de avogados que traballaba no Comité Xudicial (Judiciary Committee) no proceso de acusación do Presidente Richard Nixon no caso Watergate. En agosto de 1974 Hillary mudouse a Arcansas para apoiar a Bill Clinton quen comezara a súa carreira política en Little Rock. O 11 de outubro de 1975 casou con Bill Clinton nunha cerimonia metodista no seu cuarto de estar, e en 1980 tiveron á súa primeira e única filla, Chelsea Clinton. Hillary converteuse en profesora na Facultade de Dereito da Universidade de Arcansas en 1975, e fíxose membro do buffete de avogados Rose Law Firm en 1976. Tralas eleccións de novembro de 1978 o seu marido converteuse en gobernador de Arcansas, converténdose ela na Primeira Dama de Arcansas en xaneiro de 1979, título que conservaría durante doce anos (1979-1981, 1983-1992). Nese mesmo ano, Clinton nomeouna presidenta da Comisión Consultiva da Saúde Rural, onde obtivo con éxito fondos federais para amplialos servizos médicos nas zonas de Arcansas máis pobres, sen afectar aos salarios dos médicos.

Primeira Dama dos Estados Unidos

[editar | editar a fonte]
A familia Clinton

Cando o seu marido foi elixido para a Casa Branca en 1992, Hillary converteuse en Primeira Dama dos Estados Unidos, quizais, unha das máis involucradas na política federal. A parella Clinton foi tamén a primeira parella presidencial pertencente á xeración do baby boom americano. Durante os dous primeiros anos de presidencia, Hillary foi chamada por Bill Clinton para que se unise ao grupo que estaba levando a cabo a reforma do sistema sanitario americano. O grupo elaborou unha complicada reforma que nunca chegou a ser aprobada, sendo abandonada no mes de setembro de 1994.

Como o seu marido, Hillary foi obxecto de investigacións penais, aínda que as investigacións non puideron atopar nada contra ela. A pesar diso, foi criticada pola súa obstrución na investigación da morte de Vince Foster, asesor presidencial. Outro caso que atormentaría a súa carreira política foi o caso Whitewater, onde Hillary foi acusada de haberes empregado información obtida no seu bufete de avogados de Little Rock para enriquecerse persoalmente través de amigos pola compra de terras nas ribeiras do río Whitewater en Arcansas. Hillary tivo que prestar declaración baixo xuramento ante o tribunal o 26 de xaneiro de 1996.

Durante a polémica do caso Lewinsky, Hillary Clinton apoiou firmemente ao seu marido. Nun principio sostívose na súa negación, que falaba dunha "vasta conspiración da dereita". Trala confirmación dos feitos extra-maritais nos que se demostrou que Bill Clinton mentira, Hillary seguiu estando do lado do seu marido, loitando pola solidez do seu matrimonio.

Para moitos republicanos, o seu nome pronúnciase co mesmo desprezo co dun Ted Kennedy: a dun infame liberal, de esquerda, progresista, educado nas principais universidades da Ivy League. Eles acúsana de estar fóra do seu papel de primeira dama, chegando a influír nas cuestións políticas e, especialmente, na reforma do sistema de saúde. Algúns ata afirman que o seu matrimonio non é máis cunha alianza política entre dúas persoas brillantes e ambiciosos selado nas profundidades do departamento "xurídico" da biblioteca de Yale.

Hillary Clinton gañou moitos apoios coa súa incensante defensa dos dereitos das mulleres en todo o mundo. Ela segue defendendo a súa proposta de sistema sanitario, e as vacinacións obrigatorias para os nenos. Tamén está traballando noutros programas menos coñecidos como o Programa de seguros de vida para os nenos (Children's Health Insurance Program ou Health Insurance Program for Children), e a campaña das revisións para evitar o cancro de peito.

É senadora polo estado de Nova York, posto que ocupa dende o 3 de xaneiro de 2001. Foi reelixida nas eleccións lexislativas de novembro de 2006. Dende 1993 ao 2001 foi a primeira dama dos Estados Unidos, como a esposa do presidente Bill Clinton. É membro do Partido Demócrata.

En xaneiro de 2007 anunciou que competiría nas primarias do Partido Demócrata pola candidatura do seu partido á presidencia dos EUA nas eleccións do 2008. Finalmente perdeu ante Barack Obama.

No primeiro goberno de Barack Obama, desempeña o posto de Secretaria de Estado.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]