Saltar ao contido

Raj Británico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaRaj Británico
British Raj (en) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoGod Save the King (1858-1947) Editar o valor en Wikidata

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 22°32′28″N 88°20′16″L / 22.5411, 88.3378
CapitalCalcuta (1858–1911)
Nova Deli (1911–1947) Editar o valor en Wikidata
Poboación
Lingua oficiallingua inglesa Editar o valor en Wikidata
RelixiónHinduísmo, Islam, Sikhismo, budismo e cristianismo Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie4.917.273 km² Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación1858 Editar o valor en Wikidata
Disolución15 de agosto de 1947 Editar o valor en Wikidata
Sucedido porDominio da India, Domínio do Paquistão (pt) Traducir, Birmânia Britânica (pt) Traducir e India Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernomonarquía constitucional Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoCentral Legislative Assembly (en) Traducir , Editar o valor en Wikidata
Moedarupia india Editar o valor en Wikidata

O termo Raj, literalmente Dominio en lingua hindi,[1] refírese á administración colonial que exercía o Imperio Británico na rexión do Indostán, é dicir o que hoxe é India, Paquistán e Bangladesh, así como na illa de Sri Lanka e outras menores no océano Índico. A partir do ano 1886 o Raj tamén incluíu Birmania, que permaneceu baixo esta administración unificada ata 1937 . Esta administración iniciouse en 1858, cando o goberno desta rexión foi transferido pola Compañía Británica das Indias Orientais á Coroa[2], ata 1947, cando dividiuse a rexión en dous países, India e Paquistán, ós cales outorgóuselles a independencia.

A Primeira Guerra de Independencia da India

[editar | editar a fonte]

En maio de 1857, soldados do exército británico coñecidos como sipaio, os cales proviñan principalmente de unidades musulmás de Bengala. Estes amotináronse na gornición de Meerut, a 80 km ó noroeste de Delhi. Os amotinados marcharon contra Delhi a ofrecer os seus servizos ó emperador mogol e pouco despois na maior parte do norte e centro da India estalou a inrresurrección que durou un ano.

O motín representou o estoupido dun resentimento cada vez máis forte da poboación india contra o goberno británico. Antes da rebelión, os británicos lograron apagar numerosas revoltas menores ou tribais ou aceptaron outorgar certas concesións nalgunhas disputas. Porén dos acontecementos, -un marcado por unha tendencia e outro un feito illado-, a rebelión comezou en 1857.

A rebelión envolveu a maior parte do norte da India, incluíndo Oudh e varios estados que pasaron da rexencia Maratha á Compañía. Os británicos tomados por sorpresa quedaron aterrorizados e paralizados e sen reemprazos para as baixas no seu exército. A Guerra Civil provocou o caos onde cada comunidade sufriu humillacións e triunfos en batalla, se ben foron finalmente os británicos quen obtiveron a vitoria. O derradeiro continxente sipaio en renderse foi o de Gwalior (Madhya Pradesh), un dos principais focos da rebelión, o 21 de xuño de 1858. Os derrotados rebeldes fuxiron cara Nepal.

O sur da India, por outra parte, permaneceu fora do conflito a pesar de ser un bastión baixo o poder británico.

Consecuencias da guerra

[editar | editar a fonte]

A guerra civil foi un elemento determinante de cambio na India. En maio de 1858, os británicos exiliaron ó emperador Bahadur Shah Zafar (1837-1857) a Birmania, liquidando formalmente o Imperio mogol. Ó mesmo tempo aboliuse a Compañía Británica das Indias Orientais e foi substituída pola administración directa da coroa. Os británicos proclamaron que os príncipes, xefes e pobo indio recibirían o mesmo trato baixo as leis británicas e a raíña Vitoria foi proclamada Emperatriz da India. A semente da desconfianza quedou no pobo hindú como herdanza da rebelión de 1857.

  1. Oxford English Dictionary, 2nd edition, 1989: from Skr. rāj: to reign, rule; cognate with L. rēx, rēg-is, OIr. , rīg king (see RICH).
  2. Kaul, Chandrika. "From Empire to Independence: The British Raj in India 1858–1947". Consultado o 3 de marzo de 2011. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]