Saltar ao contido

Constance Tipper

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaConstance Tipper
Biografía
Nacemento(en) Constance Fligg Elam Editar o valor en Wikidata
6 de febreiro de 1894 Editar o valor en Wikidata
New Barnet, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte14 de decembro de 1995 Editar o valor en Wikidata (101 anos)
Penrith, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónSaint Felix School (en) Traducir
Newnham College (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoMetalurxia Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónenxeñeira, cristalógrafa, Metalurxia, profesora universitaria Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Cambridge Editar o valor en Wikidata
Membro de
Premios

Constance Fligg Elam Tipper, nada en New Barnet (Reino Unido) o 6 de febreiro de 1894 e finada o 14 de decembro de 1995, foi unha enxeñeira metalúrxica e cristalógrafa.[1][2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Constance Tipper, filla dun cirurxián, foi educada na escola Saint Felix antes de estudar Enxeñaría no Newnham College, Cambridge (1912). En 1915 marchou ao Departamento de Metalurxía do Laboratorio Nacional de Física, en Teddington, de onde, ao ano seguinte, pasou á Royal School of Mines en Kensington, onde obtivo o cargo de axudante de investigación de Sir Harold Carpenter e desenvolveu un método para a fabricación de cristais metálicos. En 1929 estableceuse en Cambrigde, onde continuaría a súa carreira durante máis de 30 anos.

En 1949 Tipper converteuse na única muller membro a tempo completo da Facultade de Enxeñaría da Universidade de Cambridge.

Retirouse en 1960 e o seu 100 aniversario en 1994 celebrouse no Newnham College plantando a Árbore de Tipper, un castiñeiro.

Investigación

[editar | editar a fonte]

Constance Tipper investigou a resistencia dos metais e o seu efecto nos problemas de enxeñaría[3]. Durante a segunda guerra mundial, Lord Baker asignoulle a investigación sobre as causas da fractura fráxil nos barcos da clase Liberty. Estes barcos construíronse en gran número nos Estados Unidos entre 1941 e 1945, e foron os primeiros barcos de transporte fabricados usando unicamente soldaduras. O transporte de subministracións ás frontes da guerra dependía destes barcos, ademais de actuar como barcos hospital, obradoiros de reparación e transporte de tanques.

Tipper descubriu que as fracturas non se producían por culpa das soldaduras, senón polas propiedades do aceiro en si. Demostrou que existe unha temperatura crítica por baixo da cal o modo de fractura do aceiro cambia de dúctil a fráxil. Como os barcos no Atlántico Norte víanse sometidos a baixas temperaturas, eran susceptibles á rotura fráxil. As gretas de fatiga podíanse estender ao longo das xuntas de soldadura que unían as placas do casco dos barcos, no canto de pararse nos bordos das placas unidas entre si mediante remaches, como os que se fabricaron anteriormente.

En 1949 Tipper converteuse na única muller membro a tempo completo da Facultade de Enxeñaría da Universidade de Cambridge.

Foi a primeira persoa que usou un microscopio electrónico de varrido (SEM) para examinar as superficies das fracturas metálicas. Utilizou un microscopio electrónico de varrido construído por Charles Oatley e o seu equipo, o segundo SEM xamais construído.

Desenvolveu o "test de Tipper", usado para a determinación da fraxilidade en aceiros.

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  • "The Production of Single Crystals of Aluminium and their Tensile Properties" (con H. C. H. Carpenter). Proceedings of the Royal Society of Londres(1921).
  • Deformation of Metal Crystals (1935).
  • The Brittle Fracture Story (1962).
  1. "Constance Tipper: her life and work". Materials World. xuño de 1996. pp. 336–337. 
  2. "Oxford Dictionary of National Biography - Tipper [née Elam], Constance Fligg". 2004. doi:10.1093/ref:odnb/60337. 
  3. María Álvarez Lires; Uxío Pérez Rodríguez e José Francisco Serrallé Marzoa. "Os Gender and Science Studiese as achegas das mulleres á ciencia e ás tecnoloxías" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14-02-2017. Consultado o 10-3-2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Charles, Jim e Gerry Smith. "Constance Tipper: her life and work", Materials World (1996)
  • Hayes, Evelyn. "Dr. Constance Tipper: testing her mettle in a materials world", Advanced Materials & Processes (1998)
  • Hetzel, Phyllis. Obituary, The Independent (1995). Consultado o 27 de maio de 2007.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]