Saltar ao contido

BCM Gravelines

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
BCM Gravelines-Dunkerque
Información xeral
Nome Basket Club Maritime Gravelines Dunkerque Grand Littoral
Liga Pro A
Alcume BCM
Fundación 1984
Historia BCM de Gravelines (1984−2002)
Cores           Laranxa, azul
Presidente Francia Christian Devos
Adestrador John-David Jackson
Mascota Texel
Seareiros Les Irréductibles
Localización
Cidade Francia Gravelines, Francia
Pavillón Sportica
Capacidade 3 043
Inauguración 1986
Campionatos
Copa 1 (2005)
bcmbasket.com

O Basket Club Maritime Gravelines Dunkerque Grand Littoral, coñecido como BCM Gravelines Dunkerque ou simplemente BCM, é un club profesional de baloncesto francés con sede na cidade de Gravelines, situada na rexión da Alta Francia. Actualmente xoga na Ligue Nationale de Basket Pro A (LNB), a máxima categoría do baloncesto galo. No ano 2005 o club gañou o seu primeiro campionato da Copa de Francia.

En 1984, o Basket Club Maritime de Gravelines naceu baixo o impulso de Albert Denvers, tenente de alcalde de Gravelines, e Yves Leprêtre, alcalde de Grand-Fort-Philippe, que propuxo a fusión dos seus dous clubs.[1] Tan só tres anos máis tarde, o BCM gañou o primeiro título na súa historia ao dominar a Nationale 2 (actual Pro B), mais non consegue ascender xa que ningún club ficou descendido durante a temporada 1986−87 da máxima categoría. Foi finalmente o 1 de maio de 1988 cando o Gravelines conseguiu entrar por vez primeira na Nationale 1 (actual Pro A), despois dun último partido de play-off contra o SLUC Nancy.

Despois de conseguir a permanencia durante dúas temporadas, o BCM clasificouse en 1990 para xogar a Copa Korać. O Gravelines vence na primeira rolda ao Nashua EBBC (89-72 e 74-67), mais cae na seguinte contra o Estudiantes Caja Postal (66-77 e 68-78). Após subir pouco a pouco na xerarquía do baloncesto francés, o club entra en dificultades económicas a partir de 1995. Coa chegada de Hervé Beddeleem á presidencia, o Gravelines recorre ás autoridades locais e convértese no terceiro poder financeiro do campionato de Francia detrás do Pau-Orthez e o ASVEL Villeurbanne (o seu orzamento duplicarase nuns poucos anos). En 2002, o club fusionouse co de Dunkerque para converterse no Gravelines Dunkerque Grand Littoral Basketball Club.

Despois de perder tres finais en dous anos (a Copa de Francia en 2003 contra Pau-Orthez, a Liga ao ano seguinte contra o mesmo club e a Supercopa de 2005 contra o SLUC Nancy), o BCM gaña a Copa de 2005 contra o Cholet por 91-79. Esta final mantívose igualada durante todo o tempo de xogo até que non últimos catro minutos o Gravelines fixo un parcial de 11-0 ao seu opoñente. Desde aquelas o club ocupa habitualmente as primeiras prazas da competición, aínda que sen conseguir volver gañar ningún título.

Ano a ano

[editar | editar a fonte]
Ano Nivel Liga Pos. Copa Supercopa Competicións europeas
2010–11 1 Pro A 3rd Rolda de 32 Campión 3 EuroChallenge CF
8–6
2011–12 1 Pro A Rolda de 16 Subcampión 1 Euroleague QR1
0–1
2 Eurocup T16
5–7
2012–13 1 Pro A Rolda de 32 Campión 3 EuroChallenge
11–5
2013–14 1 Pro A 12º Rolda de 32 2 Eurocup L32
8–8
2014–15 1 Pro A Rolda de 32
2015–16 1 Pro A Semifinais Cuartos de final
2016–17 1 Pro A Rolda de 32 Cuartos de final 4 FIBA Europe Cup
R2
6–6
2017–18 1 Pro A 13º Rolda de 32
2018–19 1 Pro A 11º Rolda de 32
2019–20 1 Pro A 17º Rolda de 16
2020–21 1 Pro A 15º Cuartos de final
2021–22 1 Pro A 12º Semifinais

Xogadores

[editar | editar a fonte]

Destacados

[editar | editar a fonte]

Copa de Francia

  • Campións (1): 2005
  • Subcampións (2): 2003, 2010

Supercopa de Francia

  • Campións (2): 2011, 2013
  • Subcampións (2): 2005, 2012
  1. "Histoire". bcmbasket.com (en francés). Consultado o 14 de setembro de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]