Olga Patiño Nogueira
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XX A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | actriz, escritora, mestra |
Olga María Patiño Nogueira é unha actriz, poeta, tradutora, e directora de teatro nada na Coruña.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Profesora de inglés no IES Fernando Wirtz Suárez da Coruña. Ten colaborado con artigos e entrevistas en xornais como La Voz de Galicia e El Progreso. Algúns dos seus poemas foron publicados en varias revistas literarias, tales como Luzes de Galiza, Xanela, Anuario Brigantino ou Clave Orión.[1]
Obras
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- Latexos fragmentados (2002). GaliNova Editorial. Limiar de Luz Pozo Garza e ilustracións de Antón Sobral.
- Atmósferas (2007). Deputación da Coruña. Con gravados de José Valentín.
- Tempo en desuso (2008). Espiral Maior.
- Silencio habitado (2013). Sial.
- Amaterasu (2022). Arenas. Ilustracións de Isabel Pintado. 92 paxs. ISBN : 978-84-124929-2-7.
Traducións
[editar | editar a fonte]- A filla do mar, de Rosalía de Castro (2001). Toxosoutos.
- Os pazos de Ulloa, de Emilia Pardo Bazán (2001). Toxosoutos.
Edición/coordinación
[editar | editar a fonte]- Poemas dos Caneiros, con textos de Uxío Novoneyra e gravados de Jesús Núñez.[2]
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- 47 poetas de hoxe cantan a Curros Enríquez.
- O trazo aberto. Poesías e debuxos (2002, Deputación de Pontevedra).
- Alma de beiramar (Espiral Maior, 2003).
- Do máis fondo do silencio saen voces (Asociación Cultural Panda de Relacións Laborais, A Coruña, 2006).
- A Coruña á luz das letras (Trifolium, 2008).
- A volta a Curros en 9 etapas (Concello da Coruña, 1984). Con Anxo Gómez.
- En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova (Toxosoutos, 2010).
- Natureza haiku (Libro de artista, 2010). Con Soledad Penalta e Isabel Pintado.
- Sentimentalismo. Antoloxía de referencia. Etapa de Fundación (Editorial Bubela, 2011).
- Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro (Asociación de Escritores en Lingua Galega, 2011), libro electrónico.
- A cidade na poesía galega do século XXI (Toxosoutos, 2012).
- Olimpo de mares vermellos. O Monte Pindo na poesía galega (Toxosoutos, 2013).
- Os aforismos do riso futurista (Xerais, 2016).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Olga Patiño". www.aelg.gal. Consultado o 2022-05-30.
- ↑ "Olga Patiño Nogueira". Consultado o 2022-05-30.