Saltar ao contido

Olaia Sendón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaOlaia Sendón
Biografía
Nacemento17 de marzo de 1978 Editar o valor en Wikidata (46 anos)
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Autónoma de Barcelona Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndocente, escritora, ilustradora, documentalista (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiManuel Sendón Editar o valor en Wikidata

Twitter: olaiasendon Instagram: olaiasendon Youtube: UCKMc8FDzhJy-MY5CQ6iASOg BNE: XX4854162 Editar o valor en Wikidata


Olaia Sendón, nada en Ourense o 17 de marzo de 1978, é unha profesora, ilustradora e cineasta galega.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Comunicación Audiovisual pola UAB, DEA en Publicidade 2002. En 2002 empezou a traballar na Escola de Arte Antonio Faílde de Ourense[2] para seguir de profesora na Escola de Imaxe e Son da Coruña.[3] É tamén autora de documentais e pezas de videoarte presentes en diferentes concursos e festivais.[4]

Fundou a produtora Ollo Birollo en 2007 para canalizar as súas producións.[5]

É filla do fotógrafo Manuel Sendón.

Álbum ilustrado

[editar | editar a fonte]

Narrativa

[editar | editar a fonte]

Audiovisual

[editar | editar a fonte]
  • Diario de cicatrices (2006). Proxectada no CGAC dentro de Curtocircuíto 06.
  • Iogures comunicantes (2006).Gañadora do premio Curtas na Rede.
  • Tiff 2006 (2006). Traballo interactivo que emprega o escáner como medio de expresión artística na docencia. Terceiro premio á innovación educativa outorgado pola Consellería de Educación.
  • A casa de Lola de Andrés (2007). Documental sobre a especulación inmobiliaria e a súa vinculación co desartello da memoria.
  • Ficción publicitaria (2007). Peza feita para Arquitectos sin Fonteras dentro das Xornadas sen Barreiras.
  • 1,2,3 Rodando (2008). Documental sobre as galescolas.
  • Os fabulosos irmáns da luz (2008). A memoria do cine como espazo colectivo a través dos espazos que o acolleron.
  • Catálogo de Galaxias Sociais (2010). Video que acompaña o disco Kosmogonías de Berrogüetto.
  • Pequenas Superficies (2011). Proxecto multimedia, presentado o 25 de febreiro no Mercado de San Agustín na Coruña.
  • Kaufland mo (2012). (instalación) 12 mostra internacional Gas Fenosa.
  • Míjau (2014). Seleccionado en varios festivais.
  • Kauflan (2014). Seleccionado en varios festivais.
  • Petites superfícies (2014). Dispositivos post proxecto realizado por Idensitat dentro do seminario FAQ da Fundación Tapies.
  • The Gaze of the Beachcomber (2014). Seleccionado para formar parte do Gstaad Festival (Dublín e Suíza) e do SeeMor festival (Gales)
  • Kauflanders (2016). Directora.
  1. "autor/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2023-07-02. 
  2. "OLAIA SENDÓN". PROYECTOR / Plataforma de Imagen en Movimiento (en castelán). Consultado o 2023-07-02. 
  3. "SOBRE MIN". 2008-01-07. Consultado o 2023-07-02. 
  4. "Olaia Sendón Galegos Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2023-07-02. 
  5. "Olaia Sendón AVG AudioVisual Galego". culturagalega.gal. Consultado o 2023-07-02. 
  6. https://www.facebook.com/lavozdegalicia (2022-01-14). "Olaia Sendón: «É fundamental xerar raíces»". La Voz de Galicia. Consultado o 2023-07-02. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]