Saltar ao contido

Ngultrum

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ngultrum
(Dzongkha)
Código:BTN
Ámbito: Bután
Símbolo:Nu.
Fracción:100 chhertum
Moedas:20, 25 e 50 chhertum e 1 ngultrum
Billetes:1, 5, 10, 20, 50, 100, 500, e 1000 ngultrum[1]
Emisor:Autoridade Monetaria Real
Taxa de troco:
3-04-2010
1 EUR = 60,628 BTN
1 USD = 44,895 BTN
Troco actual

O ngultrum (código BTN) (en dzongkha: དངུལ་ཀྲམ) é a moeda oficial de Bután dende 1974. Divídese en 100 chhertum.

En 1974, o ngultrum foi introducido substituíndo á rupia butanesa á par. O ngultrum ten a paridade fixada coa rupia india.

India asiste ao goberno butanés dende a década de 1960 no desenvolvemento económico do país. O ngultrum non se troca independentemente con outras moedas, mais é intercambiable coa rupia india.

En 1974 introducíronse as moedas de aluminio de 5 e 10 chetrum, as de aluminio-bronce de 20 chetrums e cuproníquel de 25 chetrums e 1 ngultrum. A moeda de 5 chetrum foi cadrada e a de 10 chetrum ondulada. En 1979 introduciuse unha nova serie de 5 e 10 chhertum en bronce, e 25 e 50 chhertum e 1 ngultrum en cuproníquel. Tamén se acuñaron moedas de 25 chhertum en bronce-aluminio. As moedas de 5 e 10 chhertum hai tempo que deixaron de circular.

En 1974 foron introducidos os billetes de 1, 5 e 10 ngultrum polo Goberno Real, seguidos dos billetes 100 ngultrums en 1978 e 2, 20 e 50 ngultrums en 1981. A Autoridade Monetaria Real de Bután asumiu as competencias de emisión de billetes en 1986. En 2006, a Autoridade Monetaria introduciu unha nova serie de billetes, incluíndo o de 1 ngultrum.[2]

Previous series [1] Arquivado 07 de agosto de 2007 en Wayback Machine.
Imaxe Valor Dimensións Cor Descrición
Anverso Reverso Anverso Reverso Marca de auga
Nu.1 Azul Escudo de armas, dous dragóns Simtokha Dzong "Royal Monetary Authority" nas marxes superior e inferior.
Nu.5 130 × 62 mm Laranxa Escudo de armas, dous paxaros mitolóxicos (Bja Tshering, o paxaro da longa vida) Paro Rinpung Dzong
Nu.10 140 × 70 mm Violeta Escudo de armas, Dungkar (cuncha) (un dos oito símbolos da boa sorte), Jigme Singye Wangchuck
Nu.20 152 × 70 mm Amarelo e verde Escudo de armas, Khorlo (roda de arma, un dos sete símbolos de auspicios), Jigme Dorji Wangchuck Punakha Dzong
Nu.50 155 × 70 mm Pink Trongsa Dzong, dous paxaros mitolóxicos Bja Tshering (paxaro da longa vida)
Nu.100 161 × 70 mm Green Norbu Rimpochhe (un dos sete símbolos de auspicios), Jigme Singye Wangchuck Tashichho Dzong Crossed Dorji (Dorji jardrum)
Nu.500 160 × 70 mm Red Norbu Rimpochhe rodeado por dous dragóns (un dos sete símbolos de auspicios), Ugyen Wangchuck Punakha Dzong
  1. http://www.banknotenews.com/files/tag-bhutan.html Arquivado 01 de maio de 2010 en Wayback Machine. Consultado o 13 de novembro de 2008
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2007. Consultado o 03 de abril de 2010. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]