Saltar ao contido

Piero della Francesca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPiero della Francesca

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(it) Piero di Benedetto dei Franceschi Editar o valor en Wikidata
1415 Editar o valor en Wikidata
Sansepolcro (República de Florencia) Editar o valor en Wikidata
Morte12 de outubro de 1492 Editar o valor en Wikidata (76/77 anos)
Sansepolcro (República de Florencia) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoXeometría, pintura e matemáticas Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Arezzo
Rimini
Roma
Sansepolcro (pt) Traducir
Perugia
Florencia
Monterchi (pt) Traducir
Ferrara
Urbino Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpintor, matemático, teórico da arte Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1427 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata - 1492 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoPintura Editar o valor en Wikidata
MovementoPrimeiro Renacemento Editar o valor en Wikidata
ProfesoresAntonio di Anghiari (pt) Traducir e Domenico Veneziano (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
AlumnosLuca Signorelli Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables

Descrito pola fonteTeutsche Academie der Edlen Bau- Bild- und Mahlerey-Künste (en) Traducir, (sec:Piero della Francesca, 68)
Le vite de' più eccellenti pittori, scultori e architettori, (sec:V3.16, Piero della Francesca pittore dal Borgo a San Sepolcro)
Biblioteca dixital BEIC Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1722031 Musicbrainz: 0d726aa6-4755-4a2f-b298-f117136db4f1 Discogs: 2749778 Editar o valor en Wikidata

Piero della Francesca, nado en Sansepolcro en 1415[1] e finado na mesma cidade o 12 de outubro de 1492, foi un pintor italiano do Quattrocento. Igual que os grandes mestres do seu tempo, Piero destacou sempre pola creatividade en relación ao pasado medieval, presentando técnicas e temáticas innovadoras como o uso da tea e da pintura ó óleo, o retrato, a representación da natureza, o nu, e, especialmente, a perspectiva e a creación do volume. No século XV, Piero della Francesca, desenvolveu unha pintura persoal e solemne, mesturando formas xeométricas e cores intensas. A súa pintura diferénciase pola utilización da xeometría espacial e abstracción.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Coñécese pouco sobre a biografía do artista.[2] Naceu en Borgo Santo Sepolcro,[1] na rexión da Toscana, fillo do riquísimo comerciante de tecidos Benedetto de' Franceschi, co nome de Pietro Franceschi e polo tanto pertencía a unha das máis distinguidas familias aristocráticas da historia da Toscana e de Italia. Co nome artístico de Piero della Francesca, Pietro posibelmente estudou cos artistas de Siena, onde viviu. En 1439, traballaba con Domencio Veneziano nos frescos para o hospital de Santa Maria Nuova, en Florencia. Tamén traballou en Rimini, Roma e Ferrara, onde a súa influencia se aprecia no traballo alegórico de Cosimo Tura. Entre os seus discípulos está Melozzo da Forlì.

En Arezzo, próximo á súa cidade natal, creou o políptico Misericordia (1462?) e o fresco Resurrección (1460?), onde empregou varias perspectivas. O conxunto de frescos realizados para a capela de San Francisco de Arezzo representan A Lenda da Verdadeira Cruz (1452-59) e son os máis representativos do seu traballo. A obra incompleta A Natividade encóntrase actualmente en Londres. É da súa autoría o díptico que retrata os duques de Urbino, Frederico de Montefeltro e a súa esposa, Battista Sforza. De feito, tal obra sería, no século XX, de importancia fundamental para a aparición do cubismo, pois foi obxecto de estudos por parte de Picasso, Braque e outros, en función da construción case xeométrica dos rostros retratados. Cando comezou a ficar cego, Piero pasou a dedicarse á matemática, escribindo o tratado De prospectiva pingendi.

Características

[editar | editar a fonte]

O sentido poético da arte de Piero della Francesca exprésase no sentimento de intemporalidade transmitido pola harmonía dos tons claros e polo tratamento dado ás figuras, tratadas en volumes simples. O termo que mellor define a súa arte é "tranquilidade", o que non dispensa un tratamento técnico rigoroso. O estudo da perspectiva, especialmente, absorbeu o pintor, dedicando os últimos anos da súa vida a escribir tratados sobre matemática e perspectiva. A súa obra caracterízase por unha dignidade clásica, similar a Masaccio.

  • O Bautismo de Cristo: utiliza a paisaxe da rexión da Umbria. Orixinalmente era o panel central dun gran tríptico.
  • A Flaxelación: unha das súas máis famosas pinturas. Foi executada cando Piero visitou Urbino. Enténdese que Piero tamén era consciente das innovacións arquitectónicas da época.
  • A Natividade: unha das últimas obras de Piero.
  • A Resurrección de Cristo
  • A Historia da Santa Cruz: forma parte dunha secuencia de frescos na igrexa de San Francesco, na cidade de Arezzo. Os frescos contan a historia da "Verdadeira Cruz", a madeira que foi usada na cruz de Cristo.
  1. 1,0 1,1 Turner, A. Richard (1976). "Piero della Francesca". En William D. Halsey. Collier's Encyclopedia 19. New York: Macmillan Educational Corporation. pp. 40–42. 
  2. Lankowski, cit., páx. 6

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]