Ecgberht I de Kent
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século VII |
Morte | 673 (Gregoriano) |
Rei de Kent | |
14 de xullo de 664 (Gregoriano) – 4 de xullo de 673 (Gregoriano) ← Eorcenberht de Kent – Hlothhere de Kent → | |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Familia | |
Fillos | Ermelinde, Eadric de Kent, Wihtred de Kent |
Pais | Eorcenberht de Kent e Seaxburh de Ely |
Irmáns | Hlothhere de Kent Ermenilda de Ely Eorcengota |
Ecgberht (ou Ecgberhtus, Ecgberct, Ecgbriht, Ægbriht, Ecgbryht e Ecgbyrht), finado o 4 de xullo de 673, foi un rei de Kent que gobernou desde 664 até a súa morte, sucedendo ao seu pai Eorcenberht[1][2].
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Familia
[editar | editar a fonte]Ecgberht era un fillo do rei Eorcenberht e a súa esposa Seaxburh de Ely, unha filla do rei Anna de Anglia Oriental. Tiña dúas irmás, Eorcengota e Eormenhild, e un irmán, Hlothhere[3][4]. Eorcengota converteuse en monxa da abadía de Faremoutiers no Reino franco e Eormenhild casou con Wulfhere (658-675), rei de Mercia[5]. Eorcenberht tiña a Æthelred e Ethelberht, os fillos orfos do seu irmán Eormenred, baixo a súa protección[6].
Ecgberht e a súa esposa, cuxo nome se descoñece, tiveron dous fillos, Eadric (685-686) e Wihtred (690-725), quen máis tarde tamén foron reis. Talvez tamén Eormenhild ("Hermelinda"), a muller anglosaxoa do longobardo Cuniperto, fose filla de Ecgberht[7][8].
Reinado
[editar | editar a fonte]Eorcenberht involucrou no reino ao seu fillo Ecgberht, posibelmente despois da morte do seu irmán Eormenred[9].
Co fin de asegurar a súa propia posición, Ecgberht deixou que os seus curmáns Æthelred e Ethelberht, rivais potenciais ao trono, fosen asasinados, contratando ao asasino Thunor; estes máis tarde foron venerados como santos[10]. A liña de Eormenred eliminouse así do trono e a loita dinástica polo poder chegou ao seu fin[11].
A lenda de Mildred informa que Ecgberht tivo que pagar como wergeld á irmá dos seus curmáns, Domne Eafe, as terras da Illa de Thanet, onde se construíu o Mosteiro dúplice de Minster-in-Thanet[12].
Eorcenberht morreu no ano 664, sendo Adeodato Arcebispo de Canterbury, cando se desatou unha praga en toda Gran Bretaña, que cobrou moitas vítimas[13]. Ecgberht I sucedeu ao seu pai como único rei de Kent. A súa nai Sexburga retirouse a un mosteiro.
Unha carta recorda o seu padroado do mosteiro de Chertsey.
A corte de Ecgberht parece ter moitos contactos diplomáticos e eclesiásticos. Recibiu a Wilfrido de York e Bieito Biscop e proporcionou escoltas ao arcebispo Teodoro de Tarso e ao abade Hadrián de Canterbury para os seus desprazamentos na Galia.
Os seus contactos diplomáticos oscilaron entre Imperio Franco e probabelmente até os longobardos no norte de Italia.
Estaba relacionado coas casas reais de Mercia, Anglia Oriental, Northumbria e Magonsæte e parece gozar de gran reputación[14]. Polo menos partes de Surrey estaban entre os dominios de Ecgberht. Ao redor de 666 pagou con terras a Eorcenwald, bispo de Londres, para que fundase Ceortesei (Abadía de Chertsey). En 669 Ecgberht perdeu a supremacía sobre Surrey co rei Wulfhere de Mercia[15].
Ecgberht foi sucedido polo seu irmán Hlothhere, quen á súa vez foi sucedido por Eadric e máis tarde por Wihtred.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Simon Keynes: Kings of Kent.
- ↑ Ecclesiastical History of the English People/Book 4#1
- ↑ Beda: HE 3,8
- ↑ Beda: HE 4,26
- ↑ Mary Dockray-Miller: Motherhood and Mothering in Anglo-Saxon England, Palgrave Macmillan, 2000, ISBN 978-0-312-22721-0, S. 13.
- ↑ Barbara Yorke: Kings and Kingdoms of early Anglo-Saxon England, Routledge, 2002, ISBN 978-0-415-16639-3, S. 35.
- ↑ Historia Langobardorum V, 37
- ↑ Ecgberht in Foundation for Medieval Genealogy; vgl.: Thomas Hodgkin, Italy and her Invaders Vol VI, S. 305
- ↑ Richard North: Heathen gods in Old English literature (Cambridge Studies in Anglo-Saxon England No. 22), Cambridge University Press, Cambridge 1997, ISBN 978-0-521-55183-0, S. 320–321.
- ↑ Crónica anglosaxoa do ano 640 Online en Proxecto Gutenberg (englisch); vgl.: Symeon von Durham, Historia regum Anglorum et Danorum
- ↑ D. P. Kirby: The Earliest English Kings, Routledge, 2000, ISBN 978-0-415-24211-0, S. 37.
- ↑ John Blair: The church in Anglo-Saxon society, Oxford University Press, Oxford 2005, ISBN 978-0-19-822695-6, S. 95.
- ↑ Beda: HE 3,27 und HE 4,1
- ↑ D. P. Kirby: The Earliest English Kings, Routledge, 2000, ISBN 978-0-415-24211-0, S. 35–36.
- ↑ John Blair: Chertsey.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Beda, Historia ecclesiastica gentis Anglorum.
- Kirby, D. P. (1991). The Earliest English Kings. Londres: Unwin Hyman. pp. 43–44. ISBN 0-04-445691-3.