Vogue (revista)
Vogue | |
---|---|
País | Estados Unidos de América |
Lingua | lingua inglesa |
Especialidade | fashion magazine |
Fundación | 17 de decembro de 1892 |
Primeira edición | 1892 |
Editorial | Condé Nast |
Circulación | |
Frecuencia | 1 mes |
ISSN | 0042-8000 |
Na rede | |
https://www.vogue.com/, http://vogue.com, http://vogue.co.kr e https://vogue.co.th | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Vogue é unha revista de moda e estilo de vida, considerada a máis importante e influente do mundo publicada dende 1892 por Condé Nast Publications en 23 países. Mensualmente publica traballos de estilistas, escritores, fotógrafos e deseñadores dentro dunha perspectiva sofisticada do mundo da moda, da beleza e da cultura pop.
A edición británica foi a primeira edición internacional, mentres que a versión italiana (Vogue Italia) foi chamada a principal revista de moda do mundo.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]Vogue foi lanzada o 17 de decembro de 1892 na cidade de Nova York, ideada por Arthur Baldwin Turnure e o patrocinador Kristoffer Wright,[2] como un pequeno folletín de moda de aproximadamente 30 páxinas, destinado ás mulleres da alta sociedade neoiorquina do final do século XIX. A popularización da moda aconteceu co seu lanzamento, tendo nos seus primeiros números personalidades como Gertrude Vanderbilt Whitney vestindo as súas propias roupas. A primeira editora-xefa da revista foi Josephine Redding, que ficou no cargo ata 1901. Debido ao aumento do contido a revista pasou a ser unha publicación quincenal en 1902.
A historia de Vogue comezou a mudar en 1909, cando foi adquirida polo grupo Condé Nast Publications,[3] que fixo da revista o punto de partida dun imperio editorial internacional. A primeira edición baixo o novo propietario foi lanzada o día 24 de xuño, e mostraba, entre outras cousas, os vestidos empregados polas mulleres máis ricas dos Estados Unidos. A publicación, alén de se tornar mensual, tivo seu contido reformulado para volvela máis atraente, e transformou a moda en “obxecto de desexo” e “soño de consumo” para as mulleres. Condé Nast transformou a publicación, ata entón un pequeno semanario, nunha das revistas de moda máis influentes do século XX. A edición británica da revista foi lanzada en 15 de setembro de 1916, sendo a primeira fóra dos Estados Unidos. A edición francesa lanzouse o día 15 de xuño de 1920, e foi unha das máis importantes polo seu éxito internacional.
En xullo de 1932, Vogue incluíu a súa primeira fotografía en cor na portada. A fotografía foi tomada por Edward Jean Steichen e era un retrato dunha bañista cun balón de praia no aire.[4] Laird Borrelli indica que Vogue provocou o declive das ilustracións de moda a finais da década de 1930, cando comezou a cambiar as ilustracións das portadas de artistas como Dagmar Freuchen, con fotografías.[5]
A revista comezou a gañar o título de “Biblia da Moda” na década de 1960 cando Diana Vreeland se converteu na editora-xefa da publicación. A partir de entón a revista pasou a ter un estilo máis novo, centrado na revolución sexual da época, abordando máis a moda contemporánea, alén de editoriais que discutían a sexualidade.[6] Baixo a dirección de Vreeland a revista conseguiu superar a súa principal rival, Harper's Bazaar, considerada ata entón a maior publicación de moda do planeta. En outubro de 1964 lanzouse a edición italiana da Vogue. En marzo de 1966 Donyale Luna foi a primeira modelo negra que apareceu na portada de Vogue, na edición inglesa. Na década seguinte, con Grace Mirabella, que asumiu o cargo de editora-xefa en 1971, a revista pasou a apostar por editoriais máis extensos e elaborados, adoptando un estilo distinto para atender as mudanzas de seu público.[7] En 1973, Vogue converteuse nunha publicación mensual.[8]
A partir de 1988 Anna Wintour asumiu o cargo de editora-xefa e transformou a publicación. Baixo a súa dirección, varios estilistas e modelos ata entón descoñecidos convertéronse en celebridades. Tamén foi responsábel do lanzamento de varios novos produtos segmentados, como a versión online, que apareceu por primeira vez en 1996; a innovadora Teen Vogue, unha revista para mozas, que tiña como foco a moda e as celebridades, mais tamén ofrecendo información sobre diversión e actualidades, lanzada en marzo de 2003. Outros títulos como Men’s Vogue, para o público masculino, Vogue Living, lanzada en 2006, dedicada ao deseño e a decoración do fogar. Chegaron a lanzarse outros suplementos especiais dedicados ás pasarelas, ás vodas ou ás xoias, mais foron eliminados polos altos custos e as baixas vendas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Press, Debbie (2004). Your Modeling Career: You Don't Have to Be a Superstar to Succeed. Nova York: Allworth Press. ISBN 978-1-58115-359-0.
- ↑ Penelope Rowlands (2008) A Dash of Daring: Carmel Snow and Her Life in Fashion, Art, and Letters Simon and Schuster, 2008.
- ↑ Fine Collins, Amy. "Vanity Fair: The Early Years, 1914–1936". Vanity Fair. Arquivado dende o orixinal o 13 de xullo de 2014. Consultado o 18 de xullo de 2007.
- ↑ Oloizia, Jeff. "The 10 Most Groundbreaking Covers in the History of Vogue". T Magazine (en inglés). Consultado o 29 de marzo de 2017.
- ↑ Borrelli, Laird (2000). Fashion Illustration Now. Thames and Hudson. ISBN 9780500282342.
- ↑ Dwight, Eleanor. "The Divine Mrs. V". New York. Consultado o 18 de novembro de 2007.
- ↑ Mirabella, Grace (1995). "In and Out of Vogue". Doubleday.
- ↑ "Advertisement – Vogue Magazine". ecollections.scad.edu. Scad Libraries. Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2019. Consultado o 7 de outubro de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vogue |