Santiago de Chile
Epónimo | Santiago o Maior | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
| ||||
Estado | Chile | |||
Rexión | Rexión Metropolitana de Santiago | |||
Capital de | Chile Capitanía Xeneral de Chile Provincia de Santiago Santiago de Chile Intendancy (en) Rexión Metropolitana de Santiago Santiago Department (en) (1826–1976) Santiago Province (en) (1826–1976) | |||
Poboación | ||||
Poboación | 6.257.516 (2017) (7.468,18 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 837,89 km² | |||
Bañado por | Rio Mapocho (pt) | |||
Altitude | 575 m | |||
Comparte fronteira con | ||||
Datos históricos | ||||
Fundador | Pedro de Valdivia (pt) | |||
Creación | 1541 | |||
Organización política | ||||
• Xefe do goberno | Irací Hassler (pt) (2021–) | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 3580000 | |||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 56 2 | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Sitio web | gobiernosantiago.cl | |||
Santiago de Chile, oficialmente Santiago, é a capital da República de Chile. Foi fundada por Pedro de Valdivia o 12 de febreiro de 1541 co nome de Santiago de la Nueva Extremadura.
A cidade de Santiago comprende a conurbación de Gran Santiago, composta por 34 comunas. Non existe un goberno metropolitano para a cidade. Cada comuna encárgase das funcións administrativas, tributarias e regulatorias correspondentes, así como da administración dos servizos de saúde e educación.
A poboación de Santiago segundo o Censo de 2002 é de 6,4 millóns de habitantes na súa área metropolitana. É a cidade máis poboada de Chile, o que resultou nunha medra sen planificación que ademais absorbeu parte dos mellores terreos de cultivo da zona centro do país.
Demografía
[editar | editar a fonte]Santiago de Chile ten unha poboación que, segundo o Instituto Nacional de Estatísticas de Chile no ano 2003 chegaba ós 6.269.629 habitantes. A poboación da cidade sufriu un gran crecemento ao longo do século XX: en 1907 a cidade tiña 383.587 habitantes; 1.010.102 en 1940, 2.009.118 en 1960 e 3.899.619 no ano 1982.
Santiago experimentou durante o século XX un grande aumento demográfico sendo determinante a súa condición de capital. Absorbeu sucesivamente a migración proveniente dos campamentos mineiros do norte de Chile durante a crise económica dos anos 1930; e na década dos 40, a constante chegada de poboación desde os asentamentos rurais.
Nun primeiro momento esta poboación tivo que asentarse nos coñecidos como cités, lugares de vivendas comunitarias preferentemente situadas nas zonas próximas ao centro da cidade. As posteriores inmigracións provocaron o nacemento de poboacións callampas e tomas de terreos para o florecemento dos campamentos. Durante os últimos anos foron desaparecendo en gran medida, grazas á axuda do goberno e institucións solidarias como Un Techo para Chile, sendo substituídos por vivendas sociais nas comunas da periferia.
As clases acomodadas que tradicionalmente habitaran as rúas céntricas (Toesca, Av. Brasil, República, París, Londres etc) comezaron a migraren a partir dos anos 1930 cara ao sector oriental da capital, conformándose no lado nororiental o chamado Barrio Alto (ou zona oriente), con características de cidade xardín, primeiro nas comunas de Providencia e Ñuñoa, logo nas actuais comunas de Las Condes e Vitacura, e actualmente no sector de La Dehesa, comuna de Lo Barnechea.
Porén, nos últimos anos houbo un lento proceso de emigración cara a terreos máis rurais, como El Arrayán e Chicureo na zona nororiente, Lonquén na zona surponiente e Pirque na zona suroriente, debido á parcelización dos campos e aos novos condominios exclusivos.
Pero o groso da poboación pertence á clase media, a cal comezou a nacer durante o século XX. Actualmente domina os sectores periféricos e centrais da cidade, grazas ao nacemento dos barrios construídos en comunas como La Florida, Maipú e Puente Alto (as comunas máis poboadas do país na actualidade, superando os 400 mil, 500 mil e 600 mil habitantes respectivamente), e en departamentos nas zonas centrais grazas ao subsidio de renovación urbana, nas comunas de Santiago e San Miguel. O acceso ao consumo e crédito máis os beneficios estatais ao sector inmobiliario permitiron un explosivo boom da construción en todas as comunas mencionadas anteriormente.
- Véxase tamén: Demografía de Chile e Historia urbana de Santiago de Chile.
Cidades irmás
[editar | editar a fonte]A cidade de Santiago firmou diversos protocolos de irmandamento, dentro das cales atópanse:
- Ancara, Turquía (2000)[1]
- Buenos Aires, Arxentina (1992)[2]
- Guayaquil, Ecuador[3]
- Hefei, República Popular da China (2007)[4]
- Kíiv, Ucraína (1998)[5]
- Madrid, España (1991)[6]
- Miami, Estados Unidos[7]
- Minneapolis, Estados Unidos (1961)[8]
- París, Francia (1997, "pacto de amistad")[9]
- Pequín, República Popular da China (2007)[10]
- Plasencia, España (2007)[11]
- Riga, Letonia[12]
- São Paulo, Brasil (1998)[13]
- Santiago de Querétaro, México (2008)[14]
Ademais, Santiago pertencen á rede de Mercocidades, firmada por 180 urbes dos países membros do Mercosur,[15] e da Unión de Cidades Capitais Iberoamericanas (UCCI), protocolo asinado por tódalas cidades capitais de Iberoamérica máis Barcelona e Río de Xaneiro.[16]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Palacio de La Moneda
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Greater Municipality of Ankara. "List of the Sister Cities and 5th May Europe Day Celebration" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 11/01/2008. Consultado o 12/12/2007.
- ↑ Ciudad Autónoma de Buenos Aires. "Convenios de hermanamiento" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13/06/2012. Consultado o 12/12/2007.
- ↑ Municipalidad de Guayaquil. "GYE en el Mundo/Ciudades Hermanas". Arquivado dende o orixinal o 27/09/2007. Consultado o 12/12/2007.
- ↑ Chile Asia Pacífico - BCN (2 de noviembre de 2007). "Santiago se hermana con Hefei". Consultado o 12/12/2007.
- ↑ Офiцiйний портал Київської мiської влади. "Перелік Угод" (en ucraniano). Arquivado dende o orixinal (RTF) o 12/01/2008. Consultado o 12/12/2007.
- ↑ Ayuntamiento de Madrid. "Relaciones internacionales: Relación de ciudades" (DOC). Consultado o 12/12/2007.[Ligazón morta]
- ↑ City of Miami (2005). "Programa Ciudades Hermanas". Arquivado dende o orixinal o 11/12/2007. Consultado o 12/12/2007.
- ↑ City of Minneapolis. "International connections" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 03/03/2016. Consultado o 12/12/2007.
- ↑ Mairie de Paris. "Les pactes d'amitié et de coopération" (en francés). Arquivado dende o orixinal o 11/10/2007. Consultado o 12/12/2007.
- ↑ Chile Asia Pacífico - BCN (8 de agosto de 2007). "Santiago y Beijing firman hermandad". Consultado o 12/12/2007.
- ↑ El Periódico de Extremadura (23 de febrero de 2007). "Plasencia y Chile sientan las bases de su hermanamiento". Arquivado dende o orixinal o 20/12/2008. Consultado o 12/12/2007.
- ↑ Municipalidad de Riga. "Rīgas sadraudzības pilsētas" (en letón). Arquivado dende o orixinal o 20/11/2007. Consultado o 12/12/2007.
- ↑ Secretaria Municipal de Relações Internacionais. "As Cidades-Irmãs de São Paulo" (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 27/12/2007. Consultado o 12/12/2007.
- ↑ Municipio de Querétaro (26 de febrero de 2008). "Boletín No.100/2008". Arquivado dende o orixinal o 04/10/2011. Consultado o 8/06/2008.
- ↑ Mercociudades. "Ciudades miembros". Consultado o 12/12/2007.
- ↑ Ayuntamiento de Madrid. "Unión de Ciudades Capitales Iberoamericanas". Consultado o 12/12/07.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Santiago de Chile |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web de Santiago de Chile Arquivado 20 de maio de 2012 en Wayback Machine.
- Municipio de Santiago Arquivado 10 de agosto de 2015 en Wayback Machine.
- Corporación para el Desarrollo de Santiago
- Teatro Municipal de Santiago
- Bolsa de Comercio de Santiago
- Barrio Universitario de Santiago
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |