Saltar ao contido

Mastectomía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mastectomía
Clasificación e recursos externos
Paciente mastectomizada.
MedlinePlus002919
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

A mastectomía é o termo médico para a extirpación cirúrxica dunha ou ambas as mamas de xeito parcial ou completo. Esta extirpación pode ser preventiva ou ben curativa.[1]

  • Mastectomía subcutánea: Se se extirpa só a glándula pero se conserva a pel da mama, a areola e a mamila.
  • Mastectomía sinxela: A extirpación da mama completa, incluída a pel que a cobre, a areola e a mamila.
  • Mastectomía radical: A extirpación da mama completa acompañada dos ganglios linfáticos da axila e de anacos variables dos músculos pectorais. Na mastectomía radical modificada presérvanse os músculos pectorais ou como máximo extírpase só o pectoral menor co obxecto de facilitar o acceso á rexión máis interna dos ganglios linfáticos axilares, é unha cirurxía non conservadora, pois non conserva a glándula mamaria, pero non se realiza baleirado axilar como na mastectomía radical.

Etioloxía

[editar | editar a fonte]

A mastectomía usualmente realízase para tratar o cancro de mama; nalgúns casos, as mulleres que presentan alto risco de contraer cancro de seo (tamén coñecido como cancro de mama) fanse a operación profilacticamente, é dicir, para previr o cancro en lugar de para tratalo. En contraste nunha lumpectomía, só unha porción de tecido é extirpada en lugar de todo o seo.

A miúdo a mastectomía era realizada durante a mesma operación na cal se tomaba a biopsia para confirmar o diagnóstico. Hoxe en día, a decisión de facer unha mastectomía é usualmente baseada nunha biopsia realizada previamente. Tamén, hai unha tendencia a un tratamento máis conservador co cancro de mama. A práctica cambiou, por unha banda, debido ás melloras en radioterapia e tratamento coadxuvante (por exemplo quimioterapia e terapia hormonal) e por outra banda nun recoñecemento máis temperán da metástase do cancro de mama.

  1. MedlinePlus, ed. (15 de novembro de 2013). "Mastectomy" (en inglés). Consultado o 5 de febreiro de 2015.