Entertainment!
Entertainment! | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Gang of Four | ||||
Publicado | 25 de setembro de 1979 | |||
Gravación | 1979 | |||
Estudio(s) | The Workhouse, Old Kent Road, Londres | |||
Duración | 39:53 | |||
Xénero(s) | post-punk | |||
Selo(s) | EMI, Warner Bros. | |||
Produtor | Andy Gill, Jon King e Rob Warr | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Entertainment! é o álbum de estrea da banda inglesa de post-punk Gang of Four, editado en setembro de 1979 a través de EMI no Reino Unido e de Warner Bros. nos Estados Unidos.
A música deste primeiro traballo amosa unhas claras influencias do punk rock, aínda que tamén incorpora influencias do funk, o reggae e o dub, ao igual que outras bandas da época como Public Image Ltd., Pere Ubu e The Pop Group.
O álbum foi eloxiado polos músicos de rock. Flea, dos Red Hot Chili Peppers, afirmou que a primeira vez que o escoitou "cambiou completamente a forma de ver a música rock e inicioume na miña viaxe como baixista". No ano 2003 o disco foi elixido número 490 na lista da Rolling Stone dos 500 mellores álbums de todos os tempos. No 2012 situouse no posto 483 na revisión da citada lista. En marzo de 2005, a revista Q colocou á canción "At Home He's a Tourist" no número 52 da súa lista das 100 mellores cancións de guitarra. Pitchfork Media listou a Entertainment! como o oitavo mellor álbum dos anos 70.
No ano 2005 a banda interpretou completamente o disco ao vivo como parte das series Don't Look Back do festival All Tomorrow's Parties.
Cara ao 2009, Entertainment! levaba vendidas máis de 100.000 copias no Reino Unido[1]. En xullo de 2016 a publicación dixital Paste colocouno no posto 1 da súa lista dos 50 mellores álbums de postpunk.[2]
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]Todos os temas compostos por Dave Allen, Hugo Burnham, Andy Gill e Jon King.
Cara 1
[editar | editar a fonte]- "Ether" – 3:52
- "Natural's Not in It" – 3:09
- "Not Great Men" – 3:08
- "Damaged Goods" – 3:29
- "Return the Gift" – 3:08
- "Guns Before Butter" – 3:49
Cara 2
[editar | editar a fonte]- "I Found That Essence Rare" – 3:09
- "Glass" – 2:32
- "Contract" – 2:42
- "At Home He's a Tourist" – 3:33
- "5.45" – 3:48
- "Anthrax" – 4:23
Cancións extra de 1995
[editar | editar a fonte]A edición en CD de EMI Records (masterizada por Andy Gill e John King) inclue os seguintes sinxelos:
- "Outside the Trains Don't Run on Time" – 3:27
- "He'd Send in the Army" – 3:40
- "It's Her Factory" – 3:08
A edición en CD de Infinite Zero Archive/American Recordings inclue o Yellow EP:
- "Armalite Rifle" – 2:48
Cancións extra de 2005
[editar | editar a fonte]Ademais do Yellow EP, a edición de Rhino engade catro temas non editados anteriormente:
- "Guns Before Butter (alternate version)" – 4:25
- "Contract (alternate version)" – 2:48
- "Blood Free" (live at The Electric Ballroom, London) – 3:17
- "Sweet Jane" (live at the American Indian Center) (Lou Reed) – 3:20
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ independent.co.uk - Andy Gill meets Andy Gill (en inglés)
- ↑ Jackson, Josh (13 de xullo de 2016). "The 50 Best Post-Punk Albums" (en inglés). Paste. Consultado o 26 de setembro de 2018.