William DuVall
(2019) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de setembro de 1967 (57 anos) Washington, D.C., Estados Unidos de América |
Educación | Universidade do Estado da Geórgia (pt) Southwest DeKalb High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | cantante, letrista, produtor musical, guitarrista, compositor |
Período de actividade | 1983 - |
Membro de | Alice in Chains Bl'ast! (pt) No Walls (en) Neon Christ (pt) Comes With the Fall (pt) Giraffe Tongue Orchestra (en) Madfly (pt) |
Xénero artístico | Música rock, rock alternativo e Hardcore punk |
Instrumento | Guitarra |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Páxina web | williamduvall.com |
William Bradley DuVall, nado o 6 de setembro de 1967 en Washington, D.C.,[1] é un músico estadounidense coñecido por ser o actual vocalista da banda Alice in Chains, substituíndo a Layne Staley despois da súa morte. DuVall tamén é cofundador, vocalista, guitarrista e letrista de Comes with the Fall. DuVall uniuse a Alice in Chains no ano 2006 e aparece nos álbums Black Gives Way to Blue (2009), The Devil Put Dinosaurs Here (2013) e Rainier Fog (2018).
Biografía
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]A carreira musical de DuVall comezou a principios dos anos 80 na escena hardcore punk de Atlanta. A súa primeira banda chamábase Awareness Void of Chaos.
En 1983 tocou no controvertido grupo de hardcore punk Neon Christ, contribuíndo con guitarras e letras aos seus álbums.[2] Outros membros desa banda eran o vocalista Randy DuTeau, o baixista Danny Lankford e o batería Jimmy Demer. Neon Christ tiña fortes lazos con Corrosion of Conformity e Bl'ast. Cunhas pequenas xiras pola costa leste estadounidense e dous álbums, a banda comezou a gañar popularidade. O grupo usou esta popularidade para apoiar moitas causas de caridade como poder traballar para liberar o músico e activista Fela Anikulapo Kuti.
O grupo desfíxose en 1986, reunindose os membros orixinais para un único concerto o 24 de decembro do 2004.
Despois da primeira separación de Neon Christ, DuVall foi brevemente o segundo guitarrista da popuular banda californiana de hardcore punk Bl'ast,[2] contribuíndo un pouco na composición do seu segundo álbum, It's In My Blood,[3] editado a través do selo SST Records, fundado por Greg Ginn da banda de hardcore punk Black Flag. Porén, DuVall non pasou tempo suficiente no grupo como para gravar o álbum.
En 1987 DuVall formou The Final Offering co vocalista Randy Gue (un antigo roadie de Neon Christ),[4] o baixista de Corrosion of Conformity Mike Dean e o batería Greg Psomas. Porén, a dicción á heroína de Psomas impedíulles traballar consistentemente. Dean volvería a traballar con Corrosion of Conformity e Psomas morreu dunha sobredose en 1994.[2]
DuVall pasou os últimos anos dos 80 coa banda No Walls, que editou só un álbum en 1992. Os seus compañeiros de grupo eran o baixista de jazz Hank Schroy e o batería Matthew Cowley.[2] Nesa época tamén estivo na universidade facendo un grao de filosofía, especializándose en relixión.
Anos 90 e primeiros 2000
[editar | editar a fonte]En 1994 DuVall co-escriiu a canción "I Know" para a súa colega de Atlanta Dionne Farris, artista nomeada a un premio Grammy; con este tema DuVall gañaría un premio ASCAP.[2]
A finais dos 90, DuVall fundou a banda Madfly con Nico Constantine, Bevan Davies e Jeffery Blount, sendo o seu guitarrista, vocalista e compositor. O grupo editou dous álbums, Get the Silver e White Hot In The Black, ámbolos dous a través do propio selo de DuVall, DVL Recordings.
En 1999 DuVall, Bevan e Nico formaron Comes With The Fall, engadindo a Adam Stanger como baixista. A banda editou o seu primeiro álbum no ano 2000 e o segundo ao ano seguinte. Comes With The Fall comezou a xirar con Jerry Cantrell, actuando como abreconcertos e como o seu grupo ao vivo nas súas xiras Degradation Trip en 2001 e 2002. No ano 2002 editaron un álbum ao vivo acompañado por un DVD, no 2006 apareceu o EP The Reckoning e o álbum Beyond The Last Light no 2007.
Alice in Chains
[editar | editar a fonte]Despois de varias colaboracións musicais con Cantrell, DuVall finalmente entrou en Alice in Chains como vocalista, para ocupar o lugar deixado por Layne Staley tras a súa morte no ano 2002.
No 2007 Alice in Chains comezou a xirar con Velvet Revolver e Kill Hannah. A xira The ReEvolution tivo dúas partes: a primeira foi por varias cidades europeas e polo leste dos Estados Unidos; a segunda, á que tamén se lle chamou "The Libertad Tour", foi principalmente unha xira campo a través por pequenas cidades estadounidenses, que se estendeu a tres cidades do Canadá. Por vez primeira despois de 15 anos Alice in Chains saíu de xira por Australia, sendo o segundo cabeza de cartel, despois de Nine Inch Nails, do festival Soundwave Festival. Esa foi a primeira visita de DuVall a ese país.
O 29 de setembro do ano 2009 foi editado o álbum Black Gives Way to Blue, o seu primeiro traballo co grupo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Playoff time in Alice in Chains league". ESPN.com. 9 de dezembro de 2011.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "Introverted Loudmouth". Consultado o 11 de novembro de 2014.
- ↑ Discogs (ed.). " It's In My Blood!". Consultado o 11 de novembro de 2014.
- ↑ Kickstarter (ed.). "All Alone Together: Neon Christ and Atlanta Hardcore". Consultado o 11 de novembro de 2014.