Montecarmelo
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Comunidade de Madrid | |||
Concello | Madrid | |||
Distritos municipais (pt) | Fuencarral-El Pardo | |||
Montecarmelo é un barrio da cidade de Madrid que forma parte do distrito de Fuencarral-El Pardo. Está situado ao oeste da autovía M-607 e ao sur da autovía de circunvalación M-40. Montecarmelo linda ao sur coa Colonia de Mirasierra e co PAU de Tres Olivos de Fuencarral, e ao leste co PAU de Las Tablas. Foi construído a a comezos do século XXI, e xurdiu como un Programa de Actuación Urbanística (PAU) por mor da elaboración do Plan Xeral de Ordenación Urbana de 1997 do Municipio de Madrid.
O barrio ten forma de ril, con avenidas lonxitudinais e rúas transversais que fan referencia a diferentes mosteiros de España.
Nome
[editar | editar a fonte]O nome deste barrio deriva dun rego próximo denominado Monte Carmelo. Este rego nace nas proximidades da Ermida da Nosa Señora de Valverde (patroa de Fuencarral) e discorre polo outro lado da veciña autovía M-40; a partir de Pitis únenselle outras correntes de auga menores e é coñecido como rego do Fresno, desembocando finalmente no Manzanares xunto ao nó que une a autovía M-30 coa M-40 e a Estrada de El Pardo.
Educación
[editar | editar a fonte]- 1 Escola infantil pública Sol Solito
- 2 Colexios públicos de primaria Infanta Leonor e Antonio Fontán
- Colexio Alemán Madrid, anteriormente situado na rúa Concha Espina
Infraestruturas
[editar | editar a fonte]- Anel verde ciclista
- Parques con zona infantil
- Cemiterio de Fuencarral
Transportes
[editar | editar a fonte]Autobuses urbanos
[editar | editar a fonte]As liñas 134 e 178 atravesan o barrio. Tamén dá servizo a liña N23, que circula polas noites; pasando por Praza de Castela, e indo por La Castellana até Cibeles.
Estación de Montecarmelo: Liña 10. A estación atópase no centro do barrio e implica un cambio de plataforma na estación previa (Tres Olivos). Estación de Paco de Lucía: Liña 9. Situada na conexión entre Montecarmelo e Mirasierra, na rúa Costa Brava con Monasterio de Las Hulgas.
Proximamente abrirá a Estación de Paco de Lucía de proximidade, permitirá a conexión coas liñas C-3, C-7 e C-8.