Mariel Hemingway
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Mariel Hadley Hemingway 22 de novembro de 1961 (62 anos) Mill Valley, Estados Unidos de América |
Residencia | Os Ánxeles |
Educación | Universidade de Boston |
Actividade | |
Ocupación | actriz, guionista, produtora, actriz de televisión, actriz de cinema, actriz de teatro |
Período de actividade | 1976 - |
Familia | |
Fillos | Dree Hemingway, Langley Fox Hemingway |
Pais | Jack Hemingway e Byra Louise Whittlesey |
Irmáns | Margaux Hemingway |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Medvik >>>:Hemingway, Mariel, 1961-, |
Páxina web | marielhemingway.com |
Mariel Hemingway, nada en Mill Valley, California, o 22 de novembro de 1961,[1] é unha actriz estadounidense. Comezou a actuar aos catorce anos cun papel poo que recibiu unha candidatura ao Globo de Ouro en Lipstick (1976), e recibiu candidaturas aos premios Óscar e BAFTA pola súa actuación en Manhattan (1979), de Woody Allen.
Tivo papeis principais en Personal Best (1982), Star 80 (1983) e na serie de televisión Civil Wars pola que recibiu outra candidatura ao Globo de Ouro. No medio de loitas pola súa saúde mental, a carreira de Hemingway diminuíu na década de 1990. Non obstante, coprotagonizou co músico, artista e director de cine John Mellencamp o filme Cando o amor se acaba en 1991. Protagonizou e coproduciu vídeos sobre ioga e vida holística. Publicou unhas memorias de ioga, Finding My Balance, en 2002, e outras máis xerais, Out Came the Sun, en 2015.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]As irmás de Hemingway eran Joan "Muffet" e Margot "Margaux"; esta última foi modelo e actriz.[2]
O primeiro papel de Hemingway foi coa súa irmá Margaux (tamén no seu papel de debut) no filme Lipstick (1976), en que interpretaban dúas irmás.[3] Recibiu boas críticas pola súa actuación e foi nomeada como "Mellor debutante" nos Globos de Ouro dese ano.[4] O seu papel máis destacado foi en Manhattan, de Woody Allen (1979), unha comedia romántica en que interpreta a Tracy, unha estudante de secundaria amante de Allen. Foi candidata ao Óscar á mellor actriz secundaria por este papel.[5]
En Personal Best (1982), interpretou unha atleta bisexual nun filme coñecido polas súas escenas de amor entre persoas do mesmo sexo.[6] En relación con Personal Best, apareceu nunha imaxe espida no número de abril de 1982 de Playboy e estivo na portada.[7]
Interpretou a Dorothy Stratten en Star 80 (1983), un filme sobre a vida e o asasinato da modelo de Playboy. Durante anos circularon rumores de que Hemingway agrandara os seus peitos para interpretar o papel de Stratten, mais durante unha aparición en 2007 no programa de variedades e charlas nocturnas, Fashionably Late with Stacy London, dixo que se operara antes do filme. Os implantes mamarios foron retirados anos máis tarde despois de que rompesen.[8]
Apareceu en Superman IV: The Quest for Peace (1987) como Lacy Warfield. As imaxes adicionais lanzadas posteriormente mostraron unha expansión do seu papel. Tamén coprotagonizou a serie de ABC Civil Wars de 1991–93. Foi elixida como protagonista feminina no drama da CBS de Darren Star Central Park West para a tempada 1995–96; con todo, o programa saíu mal tanto para os críticos como para os espectadores, e despois de 13 episodios dixéronlle a Hemingway que o programa quería que aceptase un profundo recorte salarial e unha degradación ao status de personaxe recorrente. Abandonou entón a serie, que só durou oito episodios máis antes de ser cancelada. En 1996, tivo un papel protagonista no telefilme británico September, interpretando a esposa de Michael York.[9]
Interpretou mulleres lesbianas ou bisexuais en varios filmes e programas de televisión, incluíndo Personal Best, The Sex Monster, In Her Line of Fire e episodios das series de televisión Roseanne e Crossing Jordan. Hemingway é heterosexual, mais dixo que formou unha "gran conexión coa comunidade LGBT" despois de Personal Best e que lle gusta interpretar papeis en producións "avanzadas".[10]
Presentou o programa de televisión mensual Spiritual Cinema, dedicado a filmes espirituais, e tamén unha serie de vídeos de práctica de ioga coñecidos como Yoga Now, co gurú Rodney Yee.[11]
Hemingway traballou no filme documental Running from Crazy, dirixido por Barbara Kopple e producido pola Oprah Winfrey Network, que relata a historia de suicidios, abuso de substancias e enfermidades mentais da familia Hemingway,[12] que se exhibiu no Festival de Cinema de Sundance en 2013. En outubro de 2013, Hemingway recibiu un premio humanitario do Festival de Cinema de San Diego polo seu papel no documental.[13]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Hemingway casou con Stephen Crisman en 1984. Tiveron dúas fillas: Dree Hemingway e Langley Fox. Separáronse en 2008 e divorciáronse ao ano seguinte.[14][15]
En 1996, a súa irmá Margaux morreu dunha sobredose de barbitúricos aos 42 anos. Foi a quinta en suicidarse en catro xeracións de Hemingway e a súa familia tivo dificultades para aceptar o feito do seu suicidio.[16]
A principios de 2011, Hemingway comezou unha relación co antigo especialista Bobby Williams co que foi coautora dun libro de autoaxuda.[17][18] Practica a meditación transcendental.[17][19]
No documental de televisión de 2013 Running from Crazy,[20] Hemingway falou dos seus ataques de enfermidades mental e dos seus problemas aínda persistentes cos seus irmáns.[21][22] Falou das loitas da súa familia contra o alcoholismo, as enfermidades mentais e o suicidio. En particular, mencionou como o suicidio da súa irmá Margaux continuaba a perseguila.[21][22] Tamén afirmou que o matrimonio dos seus pais era abusivo e infeliz e discutiu incidentes abusivos na súa infancia.[21][22]
Nas súas memorias, Out Came the Sun (2015), Hemingway falou de que homes maiores de Hollywood lle fixeran as beiras, incluídos Bob Fosse, Robert De Niro e Robert Towne. Woody Allen convidouna a unha viaxe a París, mais ela decatouse de que non tiña a intención de que tivesen cuartos separados. Aínda que ela rexeitou os seus avances, afirmou que continuou "amándoo coma un amigo" e agradeceu que se mantivesen en contacto nos anos posteriores.[5][23][24][25][26]
Filmografía
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Personaxe | Notas |
---|---|---|---|
1976 | Lipstick | Kathy McCormick | Candidata ao Globo de Ouro á mellor nova estrela do ano – actriz |
1979 | Manhattan | Tracy | Candidata ao Óscar á mellor actriz secundaria Candidata ao BAFTA á mellor actriz secundaria |
1982 | Personal Best | Chris Cahill | |
1983 | Star 80 | Dorothy Stratten | |
1985 | Chamada a un reporteiro | Christine Connelly | |
Creator | Meli | ||
1987 | Superman IV: The Quest for Peace | Lacy Warfield | Candidata ao Razzie á peor actriz secundaria |
The Suicide Club | Sasha Michaels | Tamén produtora | |
1988 | Sunset | Cheryl King | Candidata ao Razzie á peor actriz secundaria |
1990 | Fire, Ice and Dynamite | Herself | Uncredited |
1991 | Delirious | Janet Dubois/Louise | |
1992 | Cando o amor se acaba | Alice Parks | |
1994 | Naked Gun 33 1⁄3: The Final Insult | Ela mesma | Sen acreditar |
1995 | Deceptions II: Edge of Deception | Joan Branson | |
1996 | Bad Moon | Janet Harrison | |
1997 | Deconstructing Harry | Beth Kramer | |
Road Ends | Kat | ||
1998 | Little Men | Josephine "Jo" March Baer | |
1999 | Kiss of a Stranger | Nova Clarke | |
The Sex Monster | Laura Barnes | ||
2000 | The Contender | Cynthia Charlton Lee | |
2001 | Perfume | Lesse Hotton | |
Fourplay | Carly Matthews Portland | ||
2003 | American Reel | Disney Rifkin | |
2005 | Time of Change | Mariel | |
2006 | In Her Line of Fire | Lynn Delaney | |
2007 | Nanking | Minnie Vautrin | |
Greetings from Earth | Helen | Curtametraxe | |
2008 | The Golden Boys | Martha Snow | |
2009 | Archie's Final Project | Charlotte Silver | |
2010 | Ay Lav Yu | Pamela | |
2013 | Man Camp | Aunt Chelsea | |
2014 | Unity | Narradora | Documental |
Lap Dance | Aunt Billie | ||
2015 | Papa: Hemingway in Cuba | Woman Guest | |
2019 | The Wall of Mexico | Mayor Ann Mason | |
2021 | Grace and Grit | Chris | |
2022 | On Sacred Ground | Marion | |
2023 | God's Country Song | Sara Bryan[27] |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Today's famous birthdays list for November 22, 2022 includes celebrities Scarlett Johansson, Jamie Lee Curtis". The Plain Dealer. Associated Press. 22 de novembro de 2022. Consultado o 3 de xullo de 2023.
- ↑ Holloway, Lynette (3 de xullo de 1996). "Margaux Hemingway Is Dead; Model and Actress Was 41". The New York Times.
- ↑ Ebert, Roger. "Lipstick movie review & film summary (1976) | Roger Ebert". www.rogerebert.com (en inglés). Consultado o 17 de agosto de 2022.
- ↑ Morgan, David (27 de outubro de 2013). "Mariel Hemingway". www.cbsnews.com (en inglés). Consultado o 2022-08-17.
- ↑ 5,0 5,1 Miller, Julie (25 de marzo de 2015). "Mariel Hemingway Says Woody Allen Tried to Seduce Her When She Was a Teenager". Vanity Fair. Consultado o 4 de xaneiro de 2020.
- ↑ Ebert, Roger. "Personal Best movie review & film summary (1982) | Roger Ebert". www.rogerebert.com/ (en inglés). Consultado o 2022-08-17.
- ↑ Chappell, Bill (2016-02-04). "Playboy Begins Anew As A Never-Nude Magazine". NPR (en inglés). Consultado o 2022-08-17.
- ↑ Hemingway, Mariel. Finding My Balance. Nova York: Simon & Schuster, 2003
- ↑ Genzlinger, Neil (8 de febreiro de 2019). "Rosamunde Pilcher, author of 'The Shell Seekers,' dies at 94". The Irish Times (en inglés). Consultado o 2022-08-17.
- ↑ MacDonald, Jay (1 de maio de 2007). "Fame & Fortune: Mariel Hemingway", Bankrate; consultado o 27 de agosto de 2009.
- ↑ "Yoga Now: Accelerated Workout DVD". probidad.org. Arquivado dende o orixinal o 9 de setembro de 2015. Consultado o 3 de novembro de 2010.
- ↑ Mariel Hemingway Bio, Town & Country Magazine; consultado o 26 de setembro de 2016.
- ↑ "Actress Mariel Hemingway honored with humanitarian award at San Diego Film Festival". 10News. Consultado o 26 de setembro de 2016.
- ↑ "Mariel Hemingway's Personal Journal". marielhemingway.com.
- ↑ The New York Times profile, nytimes.com; consultado o 26 de setembro de 2016. The New York Times dice que a parella se divorciou en 2008.
- ↑ "Psychology Today: What killed Margaux Hemingway?". archive.today. 2007-05-01. Arquivado dende o orixinal o 1 de maio de 2007. Consultado o 2021-08-28.
- ↑ 17,0 17,1 Brown, Bobbi (6 de abril de 2015). "How Mariel Hemingway Overcame Her Family's Tragic Legacy". Yahoo! News. Consultado o 17 de maio de 2015.
- ↑ Strobel, Mike. "The moon also rises on Mariel Hemingway". Toronto Sun. Consultado o 20 de marzo de 2011.
- ↑ Semmes, Anne (11 de abril de 2015). "Mariel Hemingway shares stories of a troubled family". Consultado o 17 de maio de 2015.
- ↑ Kopple, Barbara (7 de xaneiro de 2013). Running from Crazy. United States: Oprah Winfrey Network.
- ↑ 21,0 21,1 21,2 Stuever, Hank (26 de abril de 2014). "OWN's 'Running From Crazy': When you hear those bells, they don't always toll for thee". The Washington Post. Consultado o 23 de novembro de 2015.
- ↑ 22,0 22,1 22,2 Landau, Elizabeth (23 de xaneiro de 2014). "Hemingway family mental illness explored in new film". CNN. Consultado o 23 de novembro de 2015.
- ↑ Hemingway, Mariel. Out Came the Sun: Overcoming the Legacy of Mental Illness, Addiction, and Suicide in My Family. Regan Arts. p. 102,130–2.
- ↑ Fitz-Gerald, Sean (25 de marzo de 2015). "Mariel Hemingway Says Woody Allen Tried to Seduce Her at 18". Vulture. New York Media. Consultado o 3 de abril de 2015.
- ↑ Howard Kurtz "Exclusive: Young Mariel Hemingway had to rebuff Woody Allen's advances", Fox News, 25 de marzo de 2015.
- ↑ Helen Nianias "Woody Allen: Mariel Hemingway, granddaughter of writer Ernest, claims director had 'crush' on her when she was 17", The Independent, 26 de marzo de 2015.
- ↑ "God's Country Song". IMDb.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mariel Hemingway |