Saltar ao contido

John Logie Baird

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJohn Logie Baird

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento14 de agosto de 1888 Editar o valor en Wikidata
Helensburgh, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte14 de xuño de 1946 Editar o valor en Wikidata (57 anos)
Bexhill-on-Sea, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte natural Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Glasgow
Universidade de Strathclyde Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióninventor, emprendedor, físico, escritor Editar o valor en Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
CónxuxeMargaret Albu Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1349696 WikiTree: Baird-1328 Find a Grave: 13787631 Editar o valor en Wikidata


John Logie Baird e o seu televisor

John Logie Baird, nado en Helensburgh o 13 de agosto de 1888 e finado en Bexhill o 14 de xuño de 1946, foi un enxeñeiro e inventor escocés, un dos pioneiros da televisión.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

John Logie Baird naceu en Helensburgh, Argyll and Bute (por entón Dunbartonshire). Era o menor dos catro fillos do reverendo John Baird, un ministro da Igrexa de Escocia na igrexa local de St Bride, e de Jessie Morrison Inglis, sobriña orfa dunha rica familia de construtores navais de Glasgow. Estudou na Academia Larchfield (arestora parte da Escola Lomond), en Helensburgh, na Escola Técnica de Glasgow, e o oeste de Escocia (que máis tarde se convertería na Universidade de Strathclyde),​ e na Universidade de Glasgow.

Baird nos primeiros intentos de desenvolver un sistema de televisión experimentou, mellorándoo, co disco de Nipkow, un disco que servía de mecanismo para proxectar a luz reflectida por un obxecto sobre unha serie de células de selenio que enviaban os impulsos eléctricos correspondentes a través dun cable. En febreiro de 1924 transmitiu imaxes estáticas a través dun sistema mecánico de televisión analóxica. O 30 de outubro de 1925 transmitiu as primeiras imaxes en movemento, tamén foi el o que realizou a que se considera a primeira[1] demostración pública dun sistema real de televisión o 26 de xaneiro de 1926. Tamén foi un dos pioneiros da gravación videográfica[2][3]. En 1927 fundou a Baird Television Development Company coa que en 1928 fixo a primeira transmisión transatlántica de televisión, entre Londres e Nova York e fixo o primeiro programa de televisión para a BBC. En 1931 realizou a primeira transmisión en directo, o derbi de Epsom.

Dende 1929 BBC empregou o sistema de 240 liñas de varrido mecánico para a transmisión dos seus programas ata 1937 en que o substituíu por un electrónico. Durante os anos da segunda guerra mundial traballou no desenvolvemento da televisión en cor, e o 16 de agosto de 1942 realizou a primeira demostración pública dun tubo electrónico en cor.[4]

Casa de John Logie Baird.

Faleceu en Bexhill-on-Sea (East Sussex, Inglaterra) o 14 de xuño de 1946, por mor dun accidente cerebrovascular,[5] e foi soterrado coa súa nai, o seu pai e a súa esposa no cemiterio de Helensburgh.[6]

A súa casa foi derruida no ano 2007, e o sitio arestora ten apartamentos que se coñecen co nome Baird Court.[5]

Outros inventos

[editar | editar a fonte]

Algúns dos primeiros inventos de Baird non tiveron moito éxito. Aos vinte anos intentou crear diamantes quentando grafito. Máis tarde, Baird inventou unha maquiniña de afeitar de vidro, que era resistente á oxidación, pero rompía. Inspirado nas rodas pneumáticas, intentou fabricar zapatos pneumáticos, pero o seu prototipo contiña globos semi-inflados, que estalaron (anos máis tarde esta mesma idea foi adoptada con éxito para as botas Dr. Martens). Tamén inventou un calcetín térmico (o calcetín Baird), que tivo un éxito moderado. Baird sufría de pés fríos e, após varias probas, descubriu que unha capa extra de algodón dentro do calcetín proporcionaba calor.[7]

Entre 1926 e 1928, intentou desenvolver un primeiro dispositivo de gravación de vídeo, que bautizou como Phonovision.[8] O sistema consistía nun gran disco de exploración Nipkow unido por unha ligazón mecánica a un torno de corte de discos. O resultado era un disco que podía gravar un sinal de vídeo de 30 liñas. As dificultades técnicas do sistema impediron o seu desenvolvemento posterior, pero consérvanse algúns dos discos orixinais de Phonovision.[9][10]

Outros desenvolvementos de Baird foron en fibra óptica, radiogoniometría, infravermellos, visión nocturna e radar. Discútese a súa contribución exacta ao desenvolvemento do radar, xa que os seus proxectos de defensa en tempos de guerra nunca foron recoñecidos oficialmente polo goberno británico. Segundo Malcolm Baird, o seu fillo, o que se sabe é que en 1926 Baird presentou unha patente para un dispositivo que formaba imaxes a partir das ondas de radio reflectidas, un dispositivo notabelmente similar ao radar, e que mantiña correspondencia co goberno británico naquela época.[11] A contribución do radar está en disputa. Segundo algúns expertos, a "Noctovision" de Baird non é un radar. A diferenza do radar (agás o radar Doppler), a Noctovision é incapaz de determinar a distancia ao suxeito escaneado. A Noctovision tampouco pode determinar as coordenadas do suxeito no espazo tridimensional.[12]

  1. BBC History: Historic Figures
  2. "The Museum of Broadcast Communications". Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2010. Consultado o 05 de agosto de 2010. 
  3. Vídeo realizado por Baird
  4. Albert Abramson, Christopher H. Sterling "The History of Television, 1942 to 2000", pp. 13-14
  5. 5,0 5,1 "125th birthday of the inventor of television John Logie Baird". Hastings Observer. 26 de xaneiro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 31 de xaneiro de 2016. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  6. John Logie Baird en Find a Grave (en inglés)
  7. American Media History, Fellow, p. 278.
  8. McLean, Donald F (abril de 1985). "Computer-based analysis and restoration of Baird 30-line television recordings (análises e restauración por ordenador das gravacións de televisión de 30 liñas de Baird)". Journal of the Royal Television Society 22. pp. 87–94. 
  9. "The dawn of TV: A era mecánica da televisión británica". TVdawn.com.
  10. McLean, Donald F. (2000). Restoring Baird's image. Institución de Enxeñeiros Eléctricos. London: Institution of Electrical Engineers. ISBN 0-85296-795-0. OCLC 44693906. 
  11. "Television, Radar and J.L. Baird". Bairdtelevision.com.
  12. Russell Burns, John Logie Baird (N.C.: The Institution of Engineering and Technology, 2001), p. 119.