Saltar ao contido

Xiana de Nicomedia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaXiana de Nicomedia

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(el) Ίουλιανή Νικομηδείας Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 285 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Nicomedia Editar o valor en Wikidata
Morte305 Editar o valor en Wikidata (19/20 anos)
Nicomedia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortedecapitación Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoMartirio Editar o valor en Wikidata
Período de tempoImperio Romano Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa16 de febreiro Editar o valor en Wikidata


Xiana de Nicomedia, tamén coñecida como Xuliana[1] ou Xiá, nada arredor de 285 en Nicomedia e falecida o 16 de febreiro do 304 no mesmo lugar, foi unha mártir e santa da Igrexa católica. A súa festa celébrase o 16 de febreiro e o 28 de xuño, e na Igrexa Ortodoxa Grega o 21 de decembro.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Xiana era filla dunha coñecida familia ilustre de Nicomedia, na actual Turquía, de pai pagán e perseguidor dos cristiáns e unha nai agnóstica. Ela, pola situación familiar, faise bautizar en segredo. Ademais entregouse enteiramente a Cristo, refugando o matrimonio. Pero o novo senador Eleusio quixo casar con Xiana e o pai concertou o matrimonio entre o senador e a rapaza. Esta recibiu ao pretendente pero, cando se concretaron os acordos matrimoniais, puxo a condición de que non o aceptaría ata que non chegase a ser xuíz e prefecto da cidade. Pero o mozo logrouno, polo que ela púxolle outra condición: facerse cristián. Eleusio rexeitouna por este motivo.[1]

Entón, durante a persecución de Maximiano, sometéuselle a tortura, con estano derretido e lume, e foi encarcerada co obxectivo de darlle tempo para pensar e levala a un cambio de actitude. As súas Actas describen as loitas que se di que tiña co Diaño; represéntaselle nas imaxes cun diaño alado a quen leva atado cunha cadea. Esta pelexa de Xiana con Satanás era unha das historias favoritas da Igrexa medieval. Cabe destacar o seu gran significado psicolóxico: dise que Satanás se lle apareceu á santa como un anxo de luz co propósito de persuadila de que todo ao que renunciara neste mundo era, de feito, bo.[1] Finalmente, con dezaoito anos, cortóuselle a cabeza o 16 de febreiro do 304.

Cando chegou a paz de Constantino, a matrona Sofronia tomou as reliquias do corpo da mártir Xiana en Nicomedia coa intención de levalas consigo a Roma, pero unha tempestade obrigouna a desembarcar en Pozzuoli (Campania), onde lle edificou unha igrexa que logo destruíron os lombardos. Este traslado fixo que a liana mártir de Nicomedia, fose confundida con Santa Xiana de Cumas, polo que non se sabe se é a mesma ou se son persoas totalmente diferentes.

A principios do século XIII, as reliquias víronse perigar e prudentemente trasladáronse a Nápoles onde repousan e se veneran con gran devoción. Outras reliquias atópanse na actualidade en Bruxelas (Bélxica), na Igrexa da Nosa Señora do Sablon. Con todo, unha tradición do norte de España mantén que é alí onde está enterrada, na Abadía de Santa Xuliana (Cantabria), que dá o seu nome á localidade de Santillana del Mar, como contracción de Santa-Iuliana, hoxe convertida en colexiata, de estilo románico, con máis de mil anos de antigüidade.

Na arte, Santa Xiana é ás veces mostrada nun caldeiro, guiando a Satanás encadeado, ou cunha coroa e levando unha cruz sobre o seu peito. Na pintura e ventás eclesiásticas da Idade Media, Santa liana é mostrada frecuentemente batallando cun dragón con ás; usualmente ela leva unha cadea para amarralo. Tamén pode ser vista cun dragón aos seus pés.

  1. 1,0 1,1 1,2 "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2024-01-25.