Torvaldo e Dorliska
Torvaldo e Dorliska | |
---|---|
Forma | Ópera |
Actos e escenas | 2 actos |
Idioma orixinal do libreto | Italiano |
Libretista | Cesare Sterbini |
Fontes literarias | Lodoïska (1796), de Francesco Gonella. |
Estrea | 26 de decembro de 1815 |
Teatro da estrea | Teatro Valle |
Lugar da estrea | Roma |
Música | |
Compositor | Gioachino Rossini |
Localización da partitura | Conservatorio, París |
Personaxes | |
Torvaldo e Dorliska é un ópera semiseria (denominado dramma semiserio) con música de Gioachino Rossini e libreto en italiano de Cesare Sterbini baseado en Lodoïska (1796) de Francesco Gonella. Foi estreada o 26 de decembro de 1815 no Teatro Valle de Roma.
Historia
[editar | editar a fonte]O binomio Gioachino Rossini e Cesare Sterbini realizou a ópera buffa máis famosa do xénero, Il barbiere di Siviglia. A pesar diso, o primeiro contacto profesional entre o compositor e o libretista tivo lugar uns meses antes deste febreiro de 1816, mes no que Il barbiere viu a luz. Foi por Torvaldo e Dorliska.
Na estrea participaron intérpretes de renome como Filippo Galli no papel do malvado duque de Orlov ou Domenico Donzetti interpretando a namorado Torvaldo. A pesar do bo elenco, a ópera non tivo o éxito esperado, e aínda que non foi un fracaso, pouco a pouco caeu no esquecemento, desaparecendo do repertorio cara ao ano 1839.
A obra quedou complétamente esquecida ata o chamado Renacemento rossiniano. En 1976 a ópera resucitou en Milán da man de Alberto Zedda cun elenco que unía a nomes tan rossinianos como Lella Cuberli, Enzo Dara e Lucia Valentini Terrani, xunto con outros máis afastados da óptica belcantista como Sigmund Nimsgern. O ano do bicentenario de Rossini foi fundamental para Torvaldo i Dorliska: a RTSI programou de novo esta ópera cun elenco que incluíu a Ernesto Palacio e Fiorella Pediconi nos roles principais xunto con Stefano Antonucci no papel do Duque e a Mauro Buda como o seu criado Giorgio. Dirixía o desaparecido Massimo de Bernart.
No ano 2006 presentouse a ópera en Pésaro, da man de Darina Takova e Francesco Meli como protagonistas, Michele Pertusi como Duque e Bruno Pratico no papel de Giorgio, dirixidos por Víctor Pablo Pérez e coa posta en escena de Daniele Abbado.
Torvaldo e Dorliska pasa hoxe en día bastante desapercibida, mais resulta moi interesante de escoitar pola frescura da súa música e pola delimitación psicolóxica das personaxes que forman o drama. Nas estatísticas de Operabase aparece con tan só dúas representacións no período 2005-2010.[1]
Personaxes
[editar | editar a fonte]Personaxe | Tesitura | Elenco na estrea, 26 de decembro de 1815[2] (Director: - ) |
---|---|---|
Torvaldo | tenor | Domenico Donzelli |
Dorliska, muller de Torvaldo | soprano | Adelaide Sala |
Il Duca d'Ordow | baixo | Filippo Galli |
Giorgio, gardián do castelo | barítono | Raniero Remorini |
Carlotta, a súa irmá | mezzosoprano | Agnese Loiselet |
Ormondo | baixo | Cristoforo Bastianelli |
Argumento
[editar | editar a fonte]Orquestración
[editar | editar a fonte]a partitura de Rossini require a utilización de:
Para os recitativos:
- Piano (violonchelo e contrabaixo ad libitum)
Gravacións
[editar | editar a fonte]Ano | Elenco: Dorliska, Torvaldo, Il Duca d’Ordow, Giorgio, Carlotta (Ormondo) |
Director, Teatro de ópera e orquestra |
Selo [3] |
---|---|---|---|
1977 | Lella Cuberli, Pietro Bottazzo, Siegmund Nimsgern, Enzo Dara, Lucia Valentini Terrani, (Gianni Socci) | Alberto Zedda | |
1992 | Lella Cuberli, Ernesto Palacio, Lella Cuberli, Stefano Antonucci, Mauro Buda, Nicoletta Ciliento, (Antonio Marani) | Massimo de Bernart | |
2003 | Paola Cigna, Huw Rhys-Evans, Michele Bianchini, Mario Utzeri, Annarita Gemmabella |
Alessandro De Marchi Czech Chamber Soloists e ARS Brunensis Chamber Choir |
CD de son: Naxos Cat: 8.660189-90 |
2006 | Darina Takova, Francesco Meli, Michele Pertusi, Bruno Praticò, Jeannette Fischer |
Víctor Pablo Pérez, Orquestra Haydn di Bolzano e Trento e Coro de Cámara de Praga (Gravación de son realizada nas representacións do Rossini Opera Festival, Pésaro) |
CD de son: Dynamic Cat: CDS 528/1-2 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Estatísticas de Operabase". Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2017. Consultado o 15 de febreiro de 2013.
- ↑ "Lista de AmadeusOnline". Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2013. Consultado o 15 de febreiro de 2013.
- ↑ Gravacións de Torvaldo e Dorliska en operadis-opera-discography.org.uk
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Ópera |