Roosendaal
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Reino dos Países Baixos | ||||
País | Países Baixos | ||||
Provincias | Brabante do Norte | ||||
Concello | Roosendaal (en) | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 76.959 (2017) (718,17 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 107,16 km² | ||||
Altitude | 3 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 4700–4709 e 4724–4727 | ||||
Fuso horario | |||||
Código BAG | 1588 | ||||
Páxina web | roosendaal.nl |
Roosendaal é un concello e unha cidade no sur dos Países Baixos. Xunto coas cidades circundantes formaba o municipio chamado Roosendaal en Nispen. Dende o 1 de xaneiro de 1997 os municipios de Roosendaal en Nispen e Wouw fusionáronse e pasaron a formar o concello chamado sinxelamente Roosendaal.
Núcleos de poboación
[editar | editar a fonte]- Roosendaal (66.660 habitantes)
- Wouw (4,.920 habitantes
- Heerle (1.900 habitantes
- Nispen (1.440 habitantes
- Wouwse Plantage (1.230 habitantes)
- Moerstraten (660 habitantes)
Trasporte
[editar | editar a fonte]Na cidade hai unha estación de ferrocarrís: a Station Roosendaal. A cidade é un importante nó ferroviario, o servizo Zwolle-Roosendaal comeza e remata nesta estación e ademais atravesa a cidade o tren internacional de Ámsterdan-Bruxelas, ao igual que o tren expreso de Ámsterdan-Vlissingen. Tamén hai unha parada de servizo de Anveres.
Historia
[editar | editar a fonte]A historia de Roosendaal remóntase aos séculos XII e XIII. O nome de Rosendaele menciónase por primeira vez nun documento de 1268. Roosendaal foi sempre parte do Brabante do Norte. Na Idade Media, Roosendaal medrou como resultado da turba de negocios, máis a guerra dos Oitenta Anos (1568-1648) puxo fin ao crecemento. Durante décadas o campo de Roosendaal estivo abandonado.
Durante o reinado do Rei Lois Napoleón de Reino de Holanda, Roosendaal recibiu os dereitos de cidade, concretamente en 1809. A cidade é fogar do equipo de fútbol RBC (Roosendaal Boys Combinatie).
Eventos
[editar | editar a fonte]- Entroido
- Carreira ciclista Draai van de Kaai