Saltar ao contido

Louise Michel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLouise Michel

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Clémence Louise Michel Editar o valor en Wikidata
29 de maio de 1830 Editar o valor en Wikidata
Vroncourt-la-Côte, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte9 de xaneiro de 1905 Editar o valor en Wikidata (74 anos)
Marsella, Francia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério de Levallois-Perret (pt) Traducir, 20 (1905–)
Saint Pierre Cemetery (en) Traducir (1905–1905) Editar o valor en Wikidata
Ideoloxía políticaBlanquismo (pt) Traducir e anarquismo Editar o valor en Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPoesía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmestra, comuneira, anarquista, política, xornalista, pedagoga, muller de letras, poetisa, escritora Editar o valor en Wikidata
Membro de
Pseudónimo literarioEnjolras
La Vierge rouge Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
ConflitoComuna de París Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
ParellaCharlotte Vauvelle (1895–1905) Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
22 de xaneiro de 1905Funeral (Cemitério de Levallois-Perret (pt) Traducir)
11 de xaneiro de 1905Funeral (Saint Pierre Cemetery (en) Traducir)
18 de marzo de 1871-28 de maio de 1871Comuna de París
Women in the Paris Commune (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih,
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
New Encyclopedic Dictionary (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1622504 Musicbrainz: 06a243bc-9502-470b-b1dc-535e05b5ab29 Find a Grave: 13586441 Editar o valor en Wikidata
Louise Michel.

Louise Michel, nada en Haute Marne o 29 de maio de 1830 e finada en Marsella o 9 de xaneiro de 1905, foi unha activa loitadora da Comuna de París, educadora popular, feminista e unha das figuras máis importantes do anarquismo francés.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Era filla natural dunha serventa, recibiu educación e converteuse en mestra. En 1869 era secretaria da Sociedade Democrática de Moralización que tiña por finalidade axudar aos traballadores. Durante a Comuna de París, en 1871, animou o Club da Revolución e as súas milicias, comandando un batallón feminino que se enfrontou aos reaccionarios nas barricadas de París. Condenárona a dez anos de desterro logo de declarar no xuízo que se lle seguiu:

Non me quero defender, non quero que me defendan; pertenzo de maneira total á revolución social e declaro aceptar a responsabilidade de todos os meus actos.[a](...) Xa que, segundo parece, todo corazón que loita pola liberdade só ten dereito a un pouco de chumbo, esixo a miña parte. Se me deixades vivir, non cesarei de clamar vinganza e de denunciar, en vinganza dos meus irmáns, aos asasinos desta Comisión.[b]

Deportada a Nova Caledonia, colaborou con quen loitaban pola independencia política desa colonia francesa. Dous anos logo do seu regreso a Francia en 1881, foi procesada por encabezar unha manifestación de desocupados que culminou cunha expropiación de comercios. Obtivo unha nova condena de seis anos de prisión. Finalmente, morreu en 1905 mentres daba unha conferencia para traballadores en Marsella. Escribiu Memorias da Comuna, en 1898 e, á súa morte, foi enterrada envolvida no estandarte da Comuna de París.

Entre as súas novelas e dramas sociais destacan:

  • La Misère.
  • Les Microbes humains.
  • Les Crimes de l'époque.
  1. Texto orixinal: "Je ne veux pas me défendre, je ne veux pas être défendue; j'appartiens tout entière à la révolution sociale, et je déclare accepter la responsabilité de tous mes actes." En Michel, Louise (1886). Mémoires de Louise Michel écrits par elle-même (en francés). p. 470. 
  2. Texto orixinal: "Puisqu'il semble que tout cœur qui bat pour la liberté n'a droit qu'à un peu de plomb, j'en réclame une part, moi Si vous me laissez vivre, je ne cesserai de crier vengeance, et je dénoncerai à la vengeance de mes frères les assassins de la commission des grâces". En Michel, Louise (1886). Mémoires de Louise Michel écrits par elle-même (en francés). p. 473. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]