Los del Río
Los del Río | |
---|---|
Actuación do 24 de xullo de 2009 na Praza de España de Madrid | |
Orixe | Dos Hermanas, Sevilla, España |
Período | 1962- presente |
Xénero(s) | Folclore - Sevillanas |
Selo(s) discográfico(s) | RCA - Sony BMG |
Membros | Antonio Romero Monge Rafael Ruiz Perdigones |
Na rede | |
soleraproducciones.com | |
Los del Río é un dúo musical formado por Antonio Romero Monge e Rafael Ruiz Perdigones. Iniciaron a súa carreira musical na década dos 60. O seu maior éxito chegou con "Macarena" entre os anos 1995 e 1997, converténdose no terceiro sinxelo e a canción en español máis vendida da historia da música a nivel mundial con máis de 14 millóns.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]En 1962, cando tiñan só 14 anos, formaron o dúo Los del Río, actuando por primeira vez ante o público no programa Ronda del Domingo de Radio Sevilla da Cadena SER. O factor clave no aumento da popularidade do Grupo Los del Río, é a súa colaboración co produtor e compositor Manuel Sánchez Pernía con quen gravaron un disco cun estilo bastante similar pouco antes do estrepitoso éxito da Macarena. A súa especialidade é a música folclórica, en especial as sevillanas. Por un tempo, Los del Río actuaban en festas privadas de Marbella e Madrid.[2]. Con todo, no verán de 1996, tras ser remesturada (Macarena) polo dúo Fangoria para chegar a ser máis comercial, o dúo gozou dun enorme éxito coa canción do verán, chegando ata a acadar o número un no Billboard Hot 100. A canción tamén foi vendida en moitos outros países como en Australia.
Los del Río seguen a vivir en Dos Hermanas (Sevilla).
Aínda que o dúo non recoñeza o éxito da canción á Fangoria, eles seguen tentando ata o día de hoxe que se lles recoñeza, mediante demandas que foron sistematicamente desestimadas.
Discografía
[editar | editar a fonte]Discos
[editar | editar a fonte]Ano | Álbum |
---|---|
1993 | Retrato a Sevilla |
1994 | A mi me gusta |
1995 | Calentito |
1996 | Macarena Non Stop |
1996 | Colores |
1997 | Fiesta Macarena |
1999 | Baila |
2003 | Río de sevillanas |
2004 | P'alante |
2008 | Quinceañera Macarena |
Sinxelos
[editar | editar a fonte]Ano | Título do sinxelo | US | US Latin | UK Singles Chart[3] | AUS | Disco |
---|---|---|---|---|---|---|
1995 | Macarena[4] | A mí me gusta | ||||
Macarena (Bayside Boys Mix) | Macarena Non Stop | |||||
1996 | Macarena Christmas | |||||
1997 | Baila Baila | |||||
2008 | Macarena (The Art of Sound Group Mix) | Quinceañera Macarena |
Premios
[editar | editar a fonte]- En 2004 concedéuselles a Medalla de Andalucía.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Global track chart.
- ↑ Solera Producciones Arquivado 27 de marzo de 2010 en Wayback Machine..
- ↑ Roberts, David (2006). Guinness World Records Limited, ed. British Hit Singles & Albums (19th ed.). London. p. 329. ISBN 1-904994-10-5.
- ↑ Lanzado en 1993 en Europa.
- ↑ Decreto 64/2004, de 17 de febrero, por el que se concede la Medalla de Andalucía a don Antonio Romero Monge y a don Rafael Ruiz Perdigones.