Saltar ao contido

Harare

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaHarare
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 17°49′45″S 31°03′08″L / -17.8292, 31.0522
EstadoCimbabue
Províncias (pt) TraducirHarare (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación2.150.000 (2012) Editar o valor en Wikidata (2.238,18 hab./km²)
Xeografía
Superficie960.600.000 m² Editar o valor en Wikidata
Altitude1.492 m-1.494 m Editar o valor en Wikidata
Creación1890 Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Prefixo telefónico4 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Kazán
Buxton (pt) Traducir
Windhoek
Prato
Lago (pt) Traducir
Nottingham (1981–)
Cincinnati (1990–)
Múnic (1996–)
Minsk (2023–) Editar o valor en Wikidata

Páxina webhararecity.co.zw Editar o valor en Wikidata

Harare (no pasado coñecida como Salisbury) é a capital de Cimbabue e tamén a cidade máis populosa e o principal centro administrativo, comercial e da comunicacións. Como Bulawayo, goza do rango de provincia independente. En 2002 a súa poboación era de 1 903 510 habitantes. A poboación da súa área metropolitana calcúlase que se achega aos 2 800 000 habitantes.

Unha da imaxes máis difundidas de Harare é a das árbores xacarandá aliñadas á beira das grandes rúas da parte norte do centro urbano.

Harare é sede da Universidade de Cimbabue.

Harare foi fundada no ano 1890 como forte da Pioneer Column, forza mercenaria organizada por Cecil Rhodes. Foi denominada Salisbury en honra do entón primeiro ministro británico, Robert Arthur Talbot Gascoyne-Cecil, III Marqués de Salisbury. Converteuse oficialmente en cidade en 1935. Salisbury foi capital da Federación de Rhodesia e Nyasaland dende 1953 até 1963.

O nome da cidade mudouse para Harare o 18 de abril de 1982, segundo aniversario da independencia de Cimbabwe, tomándoo do nome do xefe tribal shona Neharawa. Algúns dos suburbios da cidade manteñen aínda un nome europeo, como Warren Park 'D', Borrowdale, Mount Pleasant, Tynwald, Rotten Row e Rietfontein.

En maio de 2005, o goberno de Robert Mugabe iniciou a controvertida operación da demolición dos barrios pobres da cidade, denominada Operation Murambatsvina. O propósito do goberno era eliminar a grande delincuencia e pór freo ao comercio ilegal e á economía submersa, aos que se atribuía as dificultades económicas do país. Tal operación de derrubamento suscitou amplas protestas por parte da comunidade internacional, porque se realizaron sen aviso previo e sen prover de alternativas a poboación afectada, en boa medida composta por persoas provenientes do campo que chegaran á cidade en busca de traballo. O partido da oposición (Movemento Democrático) acusou o goberno de botar abaixo deliberadamente tales moradas para castigar cidadáns que votaran en contra do partido do premier.

Economía

[editar | editar a fonte]
Panorama de Harare

Harare é un importante centro de comercio de tabaco, maínzo, algodón, cítricos e outros produtos agrícolas. Hai industrias téxtiles, aceirías e empresas químicas. Nas proximidades áchanse algunhas minas de ouro.

Harare goza de clima suave e saudábel. A media anual de temperaturas é de 17,95 °C, incluso pode considerarse baixa para os trópicos: débese a súa elevada altitude, próxima aos 1.500 msnm, e ao predominio de ventos frescos provenientes do sueste. Hai tres estacións principais: unha cálida e húmida, entre novembro e abril; outra fresca e seca, desde maio a agosto; e outra cálida e seca entre setembro e outubro. A temperatura varía entre 7 °C e 20 °C en xullo (mes máis frío), entre 13 °C e 28 °C en outubro (mes máis quente) e entre 15,5 °C e 25 °C en xaneiro (metade do estío). As temperaturas máis altas rexistradas son de 1914, cunha media de 19,73 °C, e as máis frías pertencen a 1965, con 17,13 °C. A media anual de precipitacións é de cerca de 825 mm na parte sueste da cidade, e de 855 mm na parte alta no nordés. No período entre maio e setembro a pluviosidade é moi baixa, pero breves períodos de choiva ocorren ao longo de todo o ano. A pluviosidade varía dun para outro ano, e mesmo se suceden ciclos de períodos secos e períodos húmidos dunha dura de 7 a 10 días. Os rexistros comezáron no mes de outubro de 1890, porén os datos das tres estacións meteorolóxicas de Harare iiniciaron a difusión dos datos en 2004.

Galería fotográfica

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Average for years 1965-1995, Goddard Institute of Space Studies World Climate database
  • Global Historic Climate Network database NGDC