GNU Hurd
GNU Hurd | |
---|---|
Desenvolvedor | Proxecto GNU, Thomas Bushnell, Roland McGrath, Marcus Brinkmann, Neal Walfield e Samuel Thibault |
Familia de S.O. | GNU Hurd |
Tipo de núcleo | Microkernel multiservidor |
Licenza | GNU GPLv2+[1] |
Última versión estable | 0.9 18 de decembro de 2016[2] |
Sitio web | www.gnu.org/software/hurd/ |
GNU Hurd é o microkernel[3] multiservidor que desenvolve o Proxecto GNU da Free Software Foundation.[4][5] Está pensado como substituto do núcleo Unix e libérase con licenza GNU. Malia que o kernel de Linux se converteu na solución máis viable no proxecto GNU, o desenvolvemento de GNU Hurd continúa arestora só que a modo.[6]
GNU Hurd consiste nunha serie de protocolos e procesos de servidor (ou daemons) que se executan no microkernel GNU Mach.[7] Hurd intenta superar en funcionalidade ao kernel de Unix, e en estabilidade, máis sen perder a compatibilidade con este. O Proxecto GNU, con desenvolvedores a favor desde a década dos 1980, escolleu a opción de ser multiservidor pola aparente vantaxe sobre das arquitecturas traducionais monolíticas de Unix.[6]
Nome e logo
[editar | editar a fonte]Thomas Bushnell, do alcume BSG e o primeiro arquitecto do Hurd dixo en 1991, describiu a Hurd como unha acrimonia mutuamente recursiva:[8]
É tempo de explicar que é "Hurd". "Hurd" significa «Hird of Unix-Replacing Daemons» [daemons Hird, ou o caseiro, para a substitución en Unix]. E, co cal, "Hird" significa «Hurd of Interfaces Representing Depth» [Hurd para a representación profunda das interfaces]. Aquí temos, ata onde eu entendo, o primeiro software que recibe o nóme dun mutuo par de acrónimos recursivosThomas Bushnell
O logotipo son as caixas Hurd e reflicten a arquitectura do sistema. No logo móstranse os noodos dos servidores do núcleo de Hurd e a comunicación entre eles, por pontes directas entre procesos ou mensaxes IPCs.[8]
Características
[editar | editar a fonte]GNU Hurd é unha colección de servidores que corren no microkernel Mach para poñer en funcionamento sistemas de ficheiros, protocolos de rede, control de acceso a ficheiros, e outras funcións que están postas en funcionamento polo kernel Unix ou por kernels similares (coma o Linux). O Proxecto GNU estívose desenvolvendo dende 1990 como software libre, distribuíndose baixo a licenza GPL. Hurd intenta superar ós kernel tipo Unix en canto a funcionalidade, seguridade e estabilidade, aínda manténdose compatible con eles. Isto lógrase grazas a que Hurd pon en funcionamento a especificación POSIX, entre outras, pero eliminando as restricións arbitrarias ós usuarios.
GNU Hurd está orientado a ter unha programación e un ambiente de usuario familiares para múltiples propósitos. O Hurd utiliza desenvolvemento para plataformas IA-32, i686 en Assembly e C. Coa librería de C para GNU deséñanse as liñas estándar coma as ANSI/ISO, BSD, POSIX, Single Unix, SVID, e a X/Open. Hurd ten unha estrutura orientada a obxectos.[Cómpre referencia] As interfaces do Hurd están deseñadas para permitir redes agrupadas (colectivas), aínda que esta función aínda non foi posta en funcionamento.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ http://git.savannah.gnu.org/cgit/hurd/hurd.git/tree/COPYING
- ↑ "2016-12-18-releases". GNU Hurd. Consultado o 26 de xullo de 2017.
- ↑ Os microkernels defínense núcleos de sistemas operativos que relegan a funcionalidade tradicional dun sistema operativo a procesos ordinarios de usuarios, implementando só as pezas necesarias para esa externalización.
- ↑ "GNU Hurd". Consultado o 2017-07-26.
- ↑ "Microkernels - The component-based operating systems". Consultado o 2017-07-26.
- ↑ 6,0 6,1 Tozzi, Christopher (2015-04-20). "30 Years On, HURD Lives: GNU Updates Open Source Unix Kernel". thevarguy.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2017. Consultado o 2017-04-17.
- ↑ "What Is the GNU Hurd?". Consultado o 2017-07-26.
- ↑ 8,0 8,1 Vervloesem, Koen (7 de xullo de 2010). "The Hurd: GNU's quest for the perfect kernel". LWN.net. Consultado o 26 de xullo de 2017.