Gniezno
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Polonia | |||
Voivodatos | Voivodato de Gran Polonia | |||
Powiat | Condado de Gniezno (pt) | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 65.452 (2021) (1.335,76 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 49 km² | |||
Altitude | 100 m | |||
Comparte fronteira con | ||||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 62-200 > 62-210 | |||
Fuso horario | ||||
Outro | ||||
Irmandado con | Speyer (pt) Falkenberg Veendam (pt) Roskilde Saint-Malo Uman (pt) Anagni Radviliškis Esztergom Serguiev Possad (pt) (2007–2022) Ohrid (2009–) | |||
Páxina web | gniezno.home.pl |
Gniezno (en polaco ['gɲȋεznɔ] (AFI), escoitar; en alemán: Gnesen) é unha cidade no centro-oeste da Polonia, a uns 50 km ao leste de Poznań, con aproximadamente 73.000 habitantes. Situada na voivodía da Grande Polonia (Województwo wielkopolskie)(desde 1999), anteriormente na voivodía de Poznań. É a capital administrativa do Concello (powiat) de Gniezno.
Historia
[editar | editar a fonte]Hai indicios arqueolóxicos, na área da cidade, de asentamentos humanos do final do Paleolítico. Os primeiros poboamentos eslavos ocorreron nos outeiros Lech e Maiden e son datados do século VIII e a fortaleza ducal foi fundada preto do ano 800 no outeiro Lech e rodeada por algúns suburbios fortificados e poboados abertos.
A lenda de Lech, Czech e Rus
[editar | editar a fonte]De acordo coa lenda, tres irmáns: Lech, Czech e Rus penetraron nunha fraga inexplorada na procura dun lugar onde poder estabelecer un poboado. De súpeto, avistaron un outeiro cun vello carballo e unha aguia pousada nel. Lech dixo: "Adoptarei esta aguia branca coma símbolo do meu pobo e ao redor deste carballo construirei a miña fortaleza, a que chamarei de Gniezdno [actualmente: Gniezno] por causa deste niño de aguia [en polonés: gniazdo]". Os outros irmáns continuaron a camiñada pola mata a fin de encontraren un lugar para os seus pobos. Czech seguiu cara ao sur onde se estableceu, fundando o País dos Checos. Rus foi para o leste onde creará a Rusia e a Ucraína.
Berce do Estado polonés
[editar | editar a fonte]No século X Gniezno tornouse unha das principais cidades da antiga dinastía Piast, fundadores do Estado polaco.
Gniezno no ano 1000
[editar | editar a fonte]No ano 1000 ocorreu na cidade o Congreso de Gniezno, durante o cal Bolesław I, o Bravo (Bolesław Chrobry), duque da Polonia, recibiu ao Emperador Otón III do Sacro Imperio Romano-Xermánico. O emperador e o duque celebraron a fundación da provincia eclesiástica de Polonia (arcebispado) en Gniezno, coa creación de bispados en Kołobrzeg para a Pomerania, Wrocław para a Silesia, Cracovia para a Pequena Polonia (Małopolska) e máis tarde tamén, o xa existente desde 968, bispado en Poznań para a parte occidental da Grande Polonia (Wielkopolska). En 1024 Bolesław I coroouse rei da Polonia (segundo outra versión, isto tería acontecido no ano 1000 ou 1025).
A coroación real
[editar | editar a fonte]A catedral de Gniezno, do século X, testemuñou as coroacións reais de Bolesław I, o Bravo e do seu fillo Mieszko II Lambert, en 1025. Gniezno e a cidade próxima de Poznań foron tomadas, saqueadas e destruídas no 1038, polo duque da Boemia, Brzetysław I, que obrigou o próximo rei de Polonia a mudar a capital do país a Cracovia. A catedral arcebispal foi reconstruída por este gobernante, o rei Bolesław II, que foi coroado nela en 1076.
No século seguinte Gniezno pasou a ser a sede rexional da parte oriental da Grande Polonia (Wielkopolska), e no 1238 foille dada a autonomía municipal polo duque Władysław Odonic. Gniezno foi novamente lugar de coroacións reais en 1295 e 1300.
Sede rexional da Grande Polonia (Wielkopolska)
[editar | editar a fonte]A cidade sería novamente destruída polos Cabaleiros Teutónicos no 1331 e despois dunha reforma administrativa transformouse nun Powiat (condado ou concello) dentro da voivodía de Kalisz (desde o século XIV até 1768). Gniezno foi atinxida por varios incendios, destacando os de 1515 e 1613, foi destruída durante a invasión sueca das guerras dos séculos XVII e XVIII e sufriu a peste de 1708-1710. Todo iso causou a súa despoboación e o seu declive económico. A cidade rexurdiu durante o século XVIII e tornouse voivodía no 1768.
Arcebispado de Gniezno
[editar | editar a fonte]O arcebispo católico romano de Gniezno é tradicionalmente o Primaz de Polonia (Prymas Polski). Despois das particións de Polonia a sé foi frecuentemente combinada con outras, primeiro coa de Poznań e despois coa de Varsovia. En 1992, o Papa Xoán Paulo II reestruturou as dioceses polacas e a cidade obtivo un bispo propio. O cardeal Józef Glemp, que fora arcebispo de Gniezno-Varsovia, pasou a ser apenas arcebispo de Varsovia e foi nomeado como arcebispo metropolitano de Gniezno, o bispo Henryk Muszyński. O Papa decidiu que o título de Primado da Polonia debería permanecer vinculado ao lugar histórico de San Adalberto na arquidiocese de Gniezno e confirmado que o cardeal Józef Glemp, arcebispo de Varsovia, que tiña a custodia das reliquias do Santo, que son veneradas na Catedral de Gniezno, debería carregar o título de Primado da Polonia. O papa Bieito XVI estipulou que, a pesar da súa aposentadoria, o cardeal Glemp continuará sendo o primado até que teña oitenta anos de idade.
Coroacións reais na catedral de Gniezno
[editar | editar a fonte]- 25 de decembro de 1024 - Bolesław I, o Bravo
- 25 de decembro de 1025 - Mieszko II Lambert e a súa esposa Richensa da Lotarinxia
- 25 de decembro de 1076 - Bolesław II, o Xeneroso e a súa esposa Wyszesława de Kíiv
- 26 de xuño de 1295 - Przemysl II e a súa esposa Margarida de Brandemburxia
- Agosto de 1300 - Wenceslau II da Boemia
Demografía
[editar | editar a fonte]- 1912: 25.339 habitantes
- 1980: 62.400 habitantes
- 1990: 70.400 habitantes
- 1995: 71.000 habitantes
Educación
[editar | editar a fonte]- Collegium Europaeum Gnesnense
- Escola de Humanismo e Administración de Gniezno - Millennium (Gnieźnieńska Wyższa Szkoła Humanistyczno-Menedżerska Millennium)
- Seminario Eclesiástico do Arcebispo (Prymasowskie Wyższe Seminarium Duchowne)
Artes e cultura
[editar | editar a fonte]- Teatro Aleksander Fredro (Teatr im. A. Fredry)
- Museo das Orixes do Estado Polonés (Muzeum Początków Państwa Polskiego)
Cidades irmás
[editar | editar a fonte]- Anagni, Italia
- Esztergom, Hungría
- Falkenberg, Suecia
- Sergiyev Posad, Rusia
- Speyer, Alemaña
- Radviliškis, Lituania
- Roskilde, Dinamarca
- Uman, Ucraína
- Veendam, Países Baixos