Saltar ao contido

Vídeo viral

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un vídeo viral é unha gravación que foi amplamente difundida a través de Internet, por publicidade ou por envío, por correo electrónico, por mensaxería instantánea, por blogs e mediante outros sitios web.

Características

[editar | editar a fonte]

Os vídeos virais adoitan ser de carácter humorístico, e poden proceder de programas televisados ou de vídeos afeccionados subidos sen a intención de causar tal impacto, como Star Wars Kid, Numa Numa ou Tano Pasman, entre moitos outros.

Tamén, algúns eventos que foron presenciados graváronse e fixéronse vídeos virais.

Debido á proliferación de móbiles con cámara, moitos afeccionados gravan estas escenas e cólganas en portais como YouTube. Dada a dispoñibilidade de programas de edición de vídeos é posíbel mellorar e distribuír gravacións por correo ou en páxinas web, ou por Bluetooth ou MMS entre teléfonos.

Estes vídeos en xeral non son comerciais e a única intención de quen os publican é compartilos, por exemplo, con familiares e amigos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]