Sébastien Buemi
(2016) | |||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (fr) Sébastien Olivier Buemi 31 de outubro de 1988 (35 anos) Aigle, Suíza (pt) | ||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||
Ocupación | piloto de automobilismo, piloto de Fórmula Un | ||||||||||||||||
Deporte | automobilismo | ||||||||||||||||
Patrocinador | Red Bull GmbH | ||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||
2 de decembro de 2017 | Temporada de Fórmula E de 2017–18 (pt) | ||||||||||||||||
9 de outubro de 2016 | Temporada de Fórmula E de 2016–17 (pt) | ||||||||||||||||
2015 | 2015 FIA World Endurance Drivers' Championship (pt) (5º) | ||||||||||||||||
2014 | 2014 FIA World Endurance Drivers' Championship (pt) (1º) | ||||||||||||||||
2013 | 2013 FIA World Endurance Drivers' Championship (pt) (3º) | ||||||||||||||||
24 Horas de Le Mans | |||||||||||||||||
Temporada de Fórmula E de 2015–16 (pt) | |||||||||||||||||
Tempada 2014-15 da Fórmula E | |||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||
Parentes | Natacha Gachnang, curmán | ||||||||||||||||
Páxina web | buemi.ch | ||||||||||||||||
Sébastien Buemi (nado o 31 de outubro de 1988 en Aigle, Cantón de Vaud, Suíza) é un piloto de Fórmula 1 que forma parte de Red Bull Racing. Residente en Bahrain, antes de chegar á máxima categoría do automobilismo correu na Fórmula BMW, nas F3 Euroseries, onde foi subcampión en 2007, e na GP2, sendo campión da GP2 Asia no 2008.
Carreira
[editar | editar a fonte]Fórmula BMW
[editar | editar a fonte]Logo de correr en karting, Buemi correu na Fórmula BMW alemá en 2004 e 2005, terminando terceiro e segundo no campionato, respectivamente. Tamén foi finalista na final da FBMW Mundial de 2005.
Fórmula Tres
[editar | editar a fonte]Logo dunha única carreira na Fórmula Tres española en 2005, Buemi pasou á Fórmula Tres Euroseries de 2006, terminando 12º no campionato. Permaneceu na serie de 2007, e terminou segundo no campionato, por detrás de Romain Grosjean. El tamén competiu nas carreiras especiais de Masters of Fórmula 3 e Gran Premio de Macau.
A1 Grand Prix
[editar | editar a fonte]Para a tempada 2006-07 de A1 Grand Prix, Buemi compartiu as tarefas de pilotaxe para o A1 Team Suíza con Neel Jani e Marcel Fässler. O equipo terminou oitavo no campionato.
GP2 Series
[editar | editar a fonte]Buemi foi preparado nun curto prazo de tempo para substituír o lesionado Michael Ammermüller en ART Grand Prix para a carreira de Mónaco da tempada 2007 da GP2 Series. Actuou honrosamente no seu debut na GP2, cualificando cuarto e terminando sétimo. Uniuse ao equipo Arden International para a tempada 2008 da GP2 Asia Series, e terminou en segunda posición cunha vitoria e catro segundos postos. Continuou co equipo na tempada 2008 das GP2 Series.[1] Anotou a súa primeira vitoria na carreira de velocidade francesa, partindo da posición 21 na grella. Gañou unha carreira máis e terminou a tempada sexto no campionato.
Fórmula Un
[editar | editar a fonte]O 18 de setembro de 2007 pilotou o Red Bull RB3 na sesión de probas de F1 en Xerez. Foi o terceiro máis rápido no día, detrás de Timo Glock ( BMW) e Vitantonio Liuzzi (Scuderia Toro Rosso) e por diante de nomes como Rubens Barrichello ( Honda) e Nelson Piquet Jr. ( Renault). O 16 de xaneiro de 2008 Red Bull Racing confirmou a Buemi como piloto de probas e de reserva para a tempada de Fórmula Un de 2008.[2]
Scuderia Touro Rosso (2009-2011)
[editar | editar a fonte]2009
[editar | editar a fonte]Toro Rosso confirmou o 9 de xaneiro de 2009 a firma de Buemi como un dos seus pilotos.[3] Foi o primeiro suízo en tomar parte nunha carreira de F1 desde Jean-Denis Délétraz pilotando un Pacific no Gran Premio de Europa de 1995.
Na súa primeira carreira, o Gran Premio de Australia de 2009, Buemi cualificou por riba do seu compañeiro de equipo Sébastien Bourdais e logo anotou un punto na carreira ao terminar en oitava posición. Máis tarde foi promovido ao sétimo lugar como resultado da descualificación de Lewis Hamilton. No Gran Premio da China, marcou outro punto, esta vez en mollado, terminando oitavo logo de comezar décimo. Logo dunha non moi boa metade de tempada, Buemi logra no final da mesma terminar sétimo no Gran Premio do Brasil de 2009, e un oitavo posto en Abu Dhabi. Buemi terminou o ano décimo sexto con 6 puntos.
2010
[editar | editar a fonte]O 9 de novembro de 2009, confirmouse que Buemi seguiría por unha segunda tempada con Toro Rosso.
Buemi terminou o 2010 con oito puntos e o seu compañeiro Alguersuari cinco. Foi décimo sexto de novo no campionato de pilotos.
2011
[editar | editar a fonte]Buemi, xunto co seu compañeiro de equipo Jaime Alguersuari, seguiu na Scuderia Toro Rosso en 2011. O 14 de decembro de 2011, anunciouse que tanto Buemi e Alguersuari foron retirados do equipo, e que serían substituídos por Daniel Ricciardo e Jean-Éric Vergne para a tempada 2012.
Red Bull Racing (2012 -)
[editar | editar a fonte]2012
[editar | editar a fonte]En xaneiro de 2012 anunciouse que se reintegraría en Red Bull Racing como piloto de probas e de reserva para a tempada 2012, así como piloto de reserva de Toro Rosso.[4]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Buemi vive coa súa familia e a súa noiva Jennifer en Bahrain.[5]
Resultados completos na Fórmula Un
[editar | editar a fonte](Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2009 | Scuderia Toro Rosso | Toro Rosso STR4 | Ferrari 056 2.4 V8 | AUS 7 |
MAL 16 |
CHN 8 |
BHR 17 |
ESP Ret |
MON Ret |
TUR 15 |
RU 18 |
ALE 16 |
HUN 16 |
EUR Ret |
BEL 12 |
ITA 13 |
SIN Ret |
XPN Ret |
BRA 7 |
ABU 8 |
16º | 6 | ||
2010 | Scuderia Toro Rosso | Toro Rosso STR5 | Ferrari 056 2.4 V8 | BHR 16 |
AUS Ret |
MAL 11 |
CHN Ret |
ESP Ret |
MON 10 |
TUR 16 |
CAN 8 |
EUR 9 |
RU 12 |
ALE Ret |
HUN 12 |
BEL 12 |
ITA 11 |
SIN 14 |
XPN 10 |
COR Ret |
BRA 13 |
ABU 15 |
16º | 8 |
2011 | Scuderia Toro Rosso | Toro Rosso STR6 | Ferrari 056 2.4 V8 | AUS 8 |
MAL 13 |
CHN 14 |
TUR 9 |
ESP 14 |
MON 10 |
CAN 10 |
EUR 13 |
RU Ret |
ALE 15 |
HUN 8 |
BEL Ret |
ITA 10 |
SIN 12 |
XPN Ret |
COR 9 |
IND Ret |
ABU Ret |
BRA 12 |
15º | 15 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Arden target return to form in 2008". autosport.com. 2007-01-10. Consultado o 2007-01-13.
- ↑ "Buemi confirmed as Red Bull reserve". Autosport. 2008-01-16. Consultado o 2008-01-16.
- ↑ "Toro Rosso confirm Buemi for 2009". autosport.com. 2009-01-09. Consultado o 2009-01-09.
- ↑ Elizalde, Pablo (5 January 2012). "Sebastien Buemi confirmed as Red Bull Racing's reserve and test driver". Autosport (Haymarket Publications). Consultado o 5 January 2012.
- ↑ "Sébastien Buemi to stay in tax-free Bahrain" Auto123.com 2009-01-16. Retrieved 2009-04-25.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sébastien Buemi |