John Charles Polanyi
John Charles Polanyi (en húngaro: Polányi János), nado en Berlín o 23 de xaneiro de 1929, é un químico canadense de orixe húngara, galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1986.
Traxectoría
[editar | editar a fonte]Naceu en Berlín, fillo do químico húngaro Michael Polanyi e Magda Elizabeth, e sobriño do famoso economista Karl Polanyi. En 1933 a súa familia trasladouse a Inglaterra, onde estudou química na Universidade de Cambridge onde se doutorou en 1952. Aquel mesmo ano emigrou ao Canadá, onde traballou no National Research Council of Canada de Otava, e posteriormente nas universidades de Princeton e Toronto, de onde é profesor de química desde 1956.
Investigacións científicas
[editar | editar a fonte]Tras realizar investigacións en quimioluminiscencia infravermella, radiación que emiten as moléculas cando as súas rotacións e vibracións internas retárdanse pasando de estados vibracionais de moi alta frecuencia a outros estados vibracionais de baixa frecuencia. A análise destas radiacións fornece información detallada da distribución de enerxía nos elementos químicos, e a relación desta distribución cos detalles das secuencias de fenómenos que ocorren durante as reaccións.
En 1986 foi galardoado, xunto cos químicos estadounidenses Dudley R. Herschbach e Yuan T. Lee, co Premio Nobel de Química polo desenvolvemento da dinámica de procesos químicos elementais.
Premios e distincións
[editar | editar a fonte]En 1989 recibiu un doutoramento honoris causa polo Instituto Weizmann de Ciencias.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "John C. Polanyi". Jewissh Virtual Library (en inglés).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1986 (en inglés)
- Autobiografía na páxina do Instituto Nobel 1986 (en inglés)
- John Charles Polanyi en Biografías y vidas(en castelán)
- Perfil de John Charles Polanyi en NNDB (en inglés)
Predecesor: Herbert A. Hauptman e Jerome Karle |
Premio Nobel de Química 1986 con Dudley R. Herschbach e Yuan T. Lee |
Sucesor: Donald James Cram, Jean-Marie Lehn e Charles J. Pedersen |