Saltar ao contido

Portaavións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A versión para imprimir xa non se actualiza e pode conter erros de renderizado. Actualice os marcadores do seu navegador e empregue mellor a función de impresión propia do navegador.
Vista aérea do portaavións USS Franklin D. Roosevelt (CV-42) da U.S. Navy, no mar Mediterráneo, en 1976/77.

Un portaavións[1] é un buque de guerra deseñado para transportar e operar avións de recoñecemento ou combate, de xeito que serve como base aérea móbil.

Os primeiros modelos eran buques acoirazados adaptados para embarcaban un pequeno número de hidroavións, e foron empregados na primeira guerra mundial. A súa importancia foi recoñecida e nas seguintes décadas construíronse xa modelos deseñados especificamente para realizar funcións de transporte, aterraxe e engalaxe de aeronaves. Durante a segunda guerra mundial tiveron un papel protagonista na estratexia naval, sobre todo no océano Pacífico. Na actualidade existen diversos tipos de portaavións, segundo o seu tamaño, o tipo de avións que pode operar ou a función para a que foi deseñado. Adoitan navegar coa compaña de varios buques, formando un grupo naval do cal é o buque de mando.

O número de portaavións en servizo no mundo non supera as 20 unidades:

  • Estados Unidos: 10.
  • Italia: 2.
  • España, Brasil, Rusia, Francia, Reino Unido, China, India e Tailandia: 1.

Dous destes 20 portaavións foron construídos en Ferrol, o español Juan Carlos I (L-61) e mailo tailandés HTMS Chakri Naruebet. Un terceiro tamén foi construído nos mesmos estaleiros, o xa retirado Príncipe de Asturias (R-11).

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para portaavións.

Véxase tamén

Ligazóns externas