Luis Puenzo
(2016) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de febreiro de 1946 (78 anos) Buenos Aires, Arxentina |
Actividade | |
Campo de traballo | Dirección de cine, guión cinematográfico e Produción de cinema |
Ocupación | director de cinema, guionista, escritor, produtor de cinema, realizador |
Membro de | |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Fillos | Lucía Puenzo |
Premios | |
| |
Luis Puenzo, nado en Buenos Aires o 19 de febreiro de 1946, é un director e guionista de cinema arxentino. Obtivo o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa en 1986 coa súa primeira longametraxe, La historia oficial, unha historia sobre os desaparecidos pola ditadura arxentina. Pouco prolífico, rodou menos de media ducia de filmes dende entón, incluíndo Gringo viejo, con Gregory Peck sobre unha novela do mexicano Carlos Fuentes, e La peste, con William Hurt e Robert Duvall adaptando a novela homónima de Albert Camus.
É membro fundador da Academia das Artes e Ciencias Cinematográficas da Arxentina e integrou como voceiro a súa primeira comisión directiva.
Desempéñase como Presidente do Instituto Nacional de Cinema e Artes Audiovisuais (INCAA).
Filmografía
- 1973: Luces de mis zapatos
- 1975: Las sorpresas
- 1985: La historia oficial
- 1989: Gringo viejo
- 1991: La peste
- 2003: La puta y la ballena
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Luis Puenzo na IMDb (en inglés).