Intercourse
Intercourse | |
---|---|
Título orixinal | Intercourse |
Autor/a | Andrea Dworkin |
Orixe | Estados Unidos |
Lingua | Inglés |
Tema(s) | relación sexual humana |
Editorial | Free Press |
Data de pub. | 1987 |
Páxinas | 257 |
ISBN | 0-684-83239-9 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Intercourse é un libro de Andrea Dworkin publicado en 1987, no cal Dworkin ofrece unha análise feminista radical do coito na literatura e sociedade. Tivo certa sona a interpretación do libro como «todo coito heterosexual é violación», baseada na liña do libro que di «violación é un sinónimo de coito». Porén, Dworkin negou devandita interpretación, afirmando que: «O que penso é que o sexo non debe pór as mulleres nunha posición de subordinación. Debe ser recíproco e non un acto de agresión dun varón que procura satisfacerse a si mesmo. Ese é o meu punto de vista».[1]
Tese
En Intercourse, Dworkin estende a súa anterior análise da pornografía á discusión do coito heterosexual en si. En traballos coma Woman Hating e Pornography: Men Possessing Women, Dworkin argumentou que a pornografía a maila literatura erótica nas sociedades patriarcais consistían en erotizar a subordinación sexual da muller ao varón e adoito actos manifestos de explotación ou violencia. En Intercourse, continuou defendendo que ese tipo de subordinación sexual é fundamental para as experiencias das relacións sexuais entre mulleres e varóns nunha sociedade de supremacía masculina, e é reforzada a través da cultura dominante, incluíndo non só a pornografía, senón tamén clásicas da literatura masculina.
Analizando amplamente obras como A sonata de Kreuzer, Madame Bovary e Drácula (e citando textos relixiosos, exemplos legais e pornografía), Dworkin afirmou que as representacións das relacións sexuais na arte e na cultura dominantes salientaban sistematicamente as relacións heterosexuais como o único tipo de sexo «real». Describiu que os retratos convencionais das relacións sexuais eran en termos violentos ou invasivos, unha violencia que se converteu no elemento central do erotismo, e que sería adoito conxugada con menosprezo e repulsión (ou incluso con asasinato) das mulleres. Dworkin explicou que este tipo de representación reforza tamén o androcentrismo e a coerción da sexualidade e que, cando os comportamentos culturais se combinan coas condicións materiais de vida das mulleres nunha sociedade sexista, a experiencia das relacións sexuais heterosexuais convértese nunha parte central da dominación dos varóns sobre as mulleres, experimentadas como unha forma de «ocupación» que, porén, se agarda que sexan pracenteiras para as mulleres e que definan a súa condición de mulleres.[2]
Controversia
Os críticos de Dworkin alegaron que Intercourse afirmaba que «todo coito heterosexual é violación». Emporiso, esa afirmación non se fai directamente no libros, e as súas comparacións do coito con «ocupación», «posesión», «colaboración» etc. son realizadas no contexto da descrición sobre a forma en que se representa o coito «no discurso da verdade masculina —literatura, ciencia, filosofía, pornografía»[3], e a aplicación deses termos a través do poder social dos varóns sobre as mulleres.
Dworkin rexeitou a interpretación de que «todo coito heterosexual é violación» argüíndo que devandita afirmación é un grave malentendido da súa obra.[4] Cando se lle preguntou máis tarde nunha entrevista, dixo:
Non, eu non estaba a dicir que [todo o sexo heterosexual é violación]. Eu non dixen iso nin daquela, nin nunca. ... A cuestión do coito como a penúltima expresión da dominación masculina desta cultura volveuse cada vez máis interesante para min. En decidín abordar o tema como unha práctica social, unha realidade material. Esa pode ser a miña historia, mais creo que a interpretación calumniadora de que todo sexo é violación é diferente e probablemente simple. A meirande parte dos varón e un bo número de mulleres experimenta o pracer sexual na desigualdade. Dende que o modelo sexual foi un de conquista, posesión e violación, penso que moitos varóns cren que precisan unha vantaxe inxusta, que no seu extremo sería chamada violación. Non creo que o necesitenDende que o modelo sexual foi un de conquista, posesión e violación, penso que moitos varóns cren que precisan unha vantaxe inxusta, que no seu extremo sería chamada violación. Non creo que o necesiten. Penso que tanto o sexo coma o pracer sexual poden e sobrevivirán á igualdade. É importanto dicir tamén que os pornógrafos, especialmente Playboy, foron quen publicaron a calumnia de «todo sexo é violación» repetidamente ao longo dos anos, e foi retomado por outros como Time quen, cando foron retados, non puideron citar nin unha fonte do meu traballo.[5]
A xornalista Cathy Young escribiu que atopou a explicación de Dworkin difícil de encadrar co que Young describiu como a frecuente vontade de Dworkin de criticar as prácticas heterosexuais ordinarias como violentas ou coercitivas. Young tamén escribiu que, dados os puntos de vista de Dworkin, os argumentos sobre se Dworkin realmente dixo que a relación heterosexual é violación poden ser rexeitados por «meticulosos». Young escribiu: «Sexa cal for o que os seus defensores digan, Dworkin estaba en contra do sexo».[6]
Recensións
- Sternhell, Carol (3 de maio 1987). "Ice and Fire by Andrea Dworkin; Intercourse by Andrea Dworkin. "Male and Female, Men and Women"". The New York Times.
- Resposta: Dworkin, Andrea (24 de maio de 1987). "Reviewing Andrea Dworkin (letter to editor)". The New York Times. Consultado o 9 de maio de 2010.
- Resposta posterior: MacKinnon, Catharine (14 de xuño de 1987). "Dworkin's Arguments (letter to editor)". The New York Times. Consultado o 9 de maio de 2010.
- Resposta posterior: Daly, Mary (14 de xuño 1987). "Dworkin's Arguments (letter to editor)". The New York Times. Consultado o 9 de maio de 2010.
- Resposta da autora da recensión: Sternhell, Carol (14 de xuño 1987). "Dworkin's Arguments (letter to editor)". The New York Times. Consultado o 9 de maio de 2010.
- Resposta: Dworkin, Andrea (24 de maio de 1987). "Reviewing Andrea Dworkin (letter to editor)". The New York Times. Consultado o 9 de maio de 2010.
- Mullarkey, Maureen (30 de maio de 1987). "Intercourse by Andrea Dworkin; Feminism Unmodified by Catharine MacKinnon. "Porn in the U.S.A., Part I". The Nation.
- Villar, Giney (1998). "Intercourse by Andrea Dworkin — Tenth Anniversary Edition (1997)". Women in Action.
Notas
- ↑ "Rape Seede". Snopes.com. Consultado o 25 de xuño de 2015.
- ↑ Dworkin, Andrea. "Occupation/Collaboration". Intercourse. Consultado o 8 de xullo de 2009.
- ↑ Dworkin, Andrea (1987). Intercourse. Basic Books.
- ↑ "The Lie Detector: The Andrea Dworkin Online Library". Pushing Buttons/ACLU. Consultado o 25 de xuño de 2015.
- ↑ "Fighting Talk". New Statesman & Society. Consultado o 25 de xuño de 2015.
- ↑ Young, Cathy (17 de abril de 2005). "The Dworkin Whitewash". Reason.com. Consultado o 6 February 2016.