Erongo
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Namibia | ||||
Capital | Swakopmund | ||||
Contén a división administrativa | Arandis Constituency (en) Dâures Constituency (en) Karibib Constituency (en) Omaruru Constituency (en) Swakopmund Constituency (en) Walvis Bay Rural Constituency (en) Walvis Bay Urban Constituency (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 150.809 (2011) (2,37 hab./km²) | ||||
Lingua usada | Lingua khoekhoe lingua inglesa Lingua ndonga Lingua herero Lingua africáner | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 63.719 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | NA-ER | ||||
Páxina web | erc.com.na |
Erongo é unha das 14 rexións de Namibia. A súa capital é a cidade de Swakopmund.
Xeografía
A rexión ocupa unha superficie de 63 720 km².
No ano 2001 tiña unha poboación de 107 629 habitantes polo que, nese ano, a súa densidade de poboación era de 2,72 hab./km².
A súa capital é a cidade de Swakopmund, que en 2010 tiña unha poboación de 34 300 habitantes,[1] aínda que a cidade máis poboada é Walvis Bay que, en 2011 contaba con 85 000 habitantes.
O nome da rexión débese ás montañas Erongo, un lugar moi coñecido en Namibia, especialmente nesta zona.
Todas as localidades principais desta rexión están conectadas por estradas pavimentadas.
A rexión comprende seis distritos electorais: Omaruru, Karibib, Brandberg, Arandis, Swakopmund e Walvis Bay.
Polo oeste, Erongo ten costa no océano Atlántico, a chamada costa dos Esqueletos. Por terra limita coas rexións seguintes:
- Kunene - ao norte
- Otjozondjupa - ao leste
- Khomas - ao sueste
- Hardap - ao sur (Ver mapa)
Economía
As áreas dos Omaruru, Karibib e Okombahe/Uis/Tsubeses están situadas nunha rexión semiárida, con cultivos de secaño. Estes pobos combinan as colleitas comunais coas individuais, comerciais.
Hai varias explotacións mineiras na rexión, en lugares como Navachab e, en pequena escala en lugares ao redor de Uis e a zona desértica.
En Arandis existen industrias mineiras, e manufacturas en Swakopmund.
Karibib tamén ten industria de mármore.
E Walvis Bay é o lugar principal da industria pesqueira de Namibia. A importancia da actividade pesqueira nesta rexión fai que para a vixilancia das súas augas, dispoña dun patrulleiro motorizado destinado na rexión.
A rexión, lindeira coa costa, está bastante desenvolvida. Ten servizos como escolas, hospitais e clínicas, servizos de electricidade e de telecomunicacións, con algunhas excepcións nalgúns puntos.
Distritos electorais
A rexión comprende sete distritos electorais:
Política
Desde o ano 2004, a SWAPO ten a maioría absoluta no Consello Rexional de sete membros de Erongo, cuxas eleccións se celebran cada sete anos.
Notas
- ↑ "Table 4.2.2 Urban population by Census years (2001 and 2011)" (PDF). Namibia 2011 - Population and Housing Census Main Report (en inglés). Namibia Statistics Agency. p. 39. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de outubro de 2013. Consultado o 8 de agosto de 2019.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Erongo |