Caixa de música
Aparencia
Unha caixa de música é un instrumento musical mecánico, creado no século XIX.
Características
Estas caixas funcionan por medio duns remaches situados nun cilindro xiratorio ou disco, que ao ser tocados por un cepillo de metal, emiten sons, que combinados orixinan a música como tal. Foron desenvolvidas sobre a base dun tipo de caixas musicais do século XVIII e chamados co termo francés carillons á musique. Algunhas das caixas de música máis complexas tiñan tamén un minúsculo tambor e pequenas campás, ademais do cepillo metálico. Alec Templeton, un ávido coleccionista de caixas de música e músico profesional, decatouse de que o ton das caixas musicais non é similar ao de ningún instrumento musical concreto.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Caixas de música (en francés)
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: cajas de música |