Acordo de Belfast
Aparencia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2016.) |
O Acordo de Belfast (ou Acordo do Venres Santo) foi asinado en Belfast o 10 de abril de 1998 entre os gobernos irlandés e británico e diferentes partidos políticos (entre eles o Sinn Féin). Por aprobalo fíxose un referendo tanto en Irlanda do Norte como na República de Irlanda. Entre os puntos máis importantes do Acordo hai:
- O recoñecemento do gaélico en Irlanda do Norte.
- O desarmamento dos grupos paramilitares.
- A creación do Consello Británico-irlandés con representantes de todas as partes das Illas Británicas.
- A creación dunha Asemblea Lexislativa en Irlanda do Norte.
- Un compromiso de paz dos partidos políticos da rexión.
- A liberación dos presos que pertenzan a organizacións que acorden a alto o fogo.
- A intención de que o futuro constitucional en Irlanda do Norte será determinado polo desexo democrático da poboación.
O acordo significou que o IRA Provisional abandonara as súas actividades armadas. O IRA Auténtico, o Oficial e o IRA da Continuidade non asinaron este acordo.
Si | Non | Participación | |
---|---|---|---|
Irlanda do Norte | 676,966 (71%) | 274,879 (29%) | 81% |
República de Irlanda | 1,442,583 (94%) | 85,748 (6%) | 56% |
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Acordo de Belfast |